Skip to Content

Outras novas

Devolución de libros da biblioteca

O alumnado que teña libros de préstamo da Biblioteca poden devolvelos na mesma. Cando entren no centro teñen que dirixirse á conserxería (deberán acudir con mascarilla e respectar a distancia de seguridade).

                          - Do luns 22 de xuño ata o venres 3 de xullo.

 

Departamento de orientación. E agora...a ABAU!

O Departamento de Orientación facilita no ficheiro adxunto uns sinxelos, bos e prácticos consellos para todo alumnado que rematado 2º Bacharelato vai á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Probas ABAU: Información importante para o alumnado

No arquivo adxunto atoparedes toda a información relativa á celebración das probas ABAU 2020: matrícula, calendario, características da proba e instrucións para o alumnado.

Información excursión 4º ESO

Debido ás circunstacias excepcionais derivadas do COVID-19, a excursión didáctica de 4º ESO queda anulada. O instituto está intentando xestionar coa axencia todo o referido á devolución das cantidades aportadas polo alumnado. A axencia ten que realizar unha serie de trámites á súa vez coa empresa maiorista contratada xa que o pago das reservas de albergue, actividades e viaxe xa foi realizado con anterioridade.

Instrucións para Matrícula ABAU e expedición do Título de Bacharel

Nos documentos adxuntos podedes descargar as instrucións a seguir para a expedición do título de Bacharel e para formalizar a matrícula nas probas ABAU. Preferiblemente, este ano farase de forma telemática; poderase igualmente realizar de forma presencial na secretaría do centro, de 9 a 14 horas, entre os días 10 e 17 de xuño. Neste caso, haberá que manter as distancias de seguridade e respectar o aforo de secretaría que é de 2 persoas.

Calendario fin de curso 2º Bacharelato

Xúntase o calendario de final de curso 2019/20 para 2º de BACHARELATO, convocatoria ordinaria. Inclúe datas de entrega de notas, prazos de revisión de exames e reclamacións de cualificacións e outras novas importantes.

Impreso para reclamación no ficheiro adxunto.

Sesións semanais #ConectaCoSIE alumnado 2º bacharelato

Todos os xoves de 11.00 a 13.00 h. podedes conectar coas sesións de videochat para preguntar:

                            - Cuestións adminitrativas e dudas sobre ABAU, matrícula...

                                                         Para acceder clica na imaxe:

Novas datas para a celebración das probas de acceso a ciclos

A Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, recolle as medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

As datas de celebración serán os días 10 (grao medio) e 11 (grao superior) de xuño. No enlace podes acceder a toda a información.

Libros Biblioteca. Devolución

O alumnado que teña libros da Biblioteca no seu domicilio, deberá devolvelos antes de final de curso. En algún momento que veña ao instituto, comunicarao en conserxería para que avisen a algún membro do equipo directivo.

Reanudación das clases presenciais (voluntarias) de 2º bacharelato

Segundo instrucións da Consellería de Educación publicadas hoxe venres,  a partir do luns 25 de maio reanúdanse as clases presenciais de 2º de bacharelato, sempre de forma voluntaria para o alumnado. Nestas clases realizarase resolución de dúbidas do traballo realizado durante o terceiro trimestre. Non son clases de preparación das probas ABAU

O luns 25 manterase o horario habitual de clases. O alumnado que acuda ao centro non poderá abandoalo ata o final da xornada (Normas de Organización e Funcionamento do centro).

Distribuir contido


by Dr. Radut