Skip to Content

Outras novas

Reunións de presentación coas familias

Nos vindeiros días celebraranse as reunións iniciais de curso das familias co equipo directivo, o departamento de Orientación e os titores e titoras de cada curso. Esperamos contar coa súa asistencia.

As reunións se realizarán nos días e horas seguintes:

1º ESO: Luns 15 de outubro, ás 18:30 horas
2º ESO: Martes 16 de outubro, ás 19:00 horas
3º ESO: Martes 16 de outubro, ás 19:00 horas
4º ESO: Luns 22 de outubro, ás 19:00 horas

1º BACHARELATO: Luns 15 de outubro, ás 19:00 horas
2º BACHARELATO: Luns 15 de outubro, ás 19:30 horas

Presentacións do curso 18/19

O luns 17 de setembro celebraranse no Paraninfo do instituto as presentacións do curso, co seguinte horario:

Calendario final de curso 2017/18 - ESO e 1º bacharelato - ESA e bacharelato adultos

Xoves 21 de xuño: Último día de clase

Luns 25 de xuño: Entrega de notas polos titores/as de Adultos

Adultos
18:00 hESA e Bacharelato

Martes 26 de xuño: Entrega de notas polos titores/as de diurno

Diúrno
10:30 h1º e 2º ESO
11:00 h3º e 4º ESO
11:30 hBacharelato

Calendario escolar 2018/2019

A Consellería de Cultura, Educación e O.U. publicou o calendario escolar para os centros públicos de Galicia, para o curso 2018-2019.

As clases en secundaria comezarán o día 17 de setembro e rematarán o 21 de xuño.

Salientamos que no vindeiro curso, as probas extraordinarias de 2º de bacharelato, que ata o de agora se viñan celebrando nos primeiros días do mes de setembro, pasarán a realizarse entre o 17 e o 20 de xuño.

Ponte das Letras Galegas

Lémbrase a toda a comunidade educativa que o venres 18 de maio é un dos elexidos polo centro como non lectivos. Polo tanto, ese día non haberá clase e o instituto permanecerá pechado.

Viaxes didácticas a Londres e Delta do Ebro

Do 16 ao 20 de abril, alumnado de 1º de bacharelato realizará unha visita didáctica á cidade de Londres, acompañado de tres profesores/as do centro.

O alumnado de 4º de ESO realizará a súa excursión de final de etapa ao Delta do Ebro, os días 16 a 21 de abril, acompañados de tres profesoras.

Lémbrase ás familias que a asistencia a clase do alumnado que non participa nas viaxes é obrigatoria.

Aviso: cafetería pechada

Por motivos alleos ao centro, o martes 3 de abril a cafetería do instituto permanecerá pechada, reanudándose o servizo o mércores día 4.

Sentimos as molestias que este peche poida ocasionar.

Visita á biblioteca ambulante 12.000 libros baixo dos mares

O venres día 2 de marzo e o sábado día 3, o centro permanecerá aberto e poderase visitar a "Biblioteca ambulante 12.000 libros baixo dos mares", que conmemora os 150 anos da visita do Nautilus á Ría de Vigo.

       Horario venres: De 18:00 a 21:00 horas            Horario sábado: De 10:30 a 13:30 horas

Proxecto "12.000 libros baixo dos mares"

Do 19 de febreiro ao 9 de marzo estase a desenvolver o proxecto de biblioteca ambulante "12.000 libros baixo dos mares", coordinado polo profesor Rodrigo Pérez Pintos, conmemorando o 150 aniversario da chegada do Nautilus á Ría de Vigo.

Campaña de recollida de alimentos. Nadal 2017

Xuntamos documento con información sobre a campaña protagonizada polo grupo de 3º ESO-B.

Distribuir contido


by Dr. Radut