Skip to Content

Pago de Taxas título de Bacharel

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato ten que aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. O mércores 19 de maio, de 9 a 12 horas, deberase entregar na secretaría do instituto dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

Poden facelo de xeito telemático, a través da páxina da Axencia Tributaria de Galicia https://ovt.atriga.gal/.

Cidadáns > Iniciar taxa (cadeado aberto) > Iniciar taxa (desplegables)

Importe a ingresar: 52,94 € (Familia numerosa de categoría xeral: 26,50 €; Familia numerosa de categoría especial: 0 €). As persoas que sexan beneficiarias dalgunha redución, deberán entregar no centro fotocopia da documentación xustificativa correspondente.

Se prefiren facer o pagamento no banco, deberán descargar o modelo na mesma ligazón

Cidadáns > Iniciar taxa (cadeado aberto) > Descargar modelo



story | by Dr. Radut