Skip to Content

Avaliación e exames

Calendario de exames de setembro. Curso 2021-2022

Xúntase o calendario de exames de setembro de 2021 para ESO, ESA, 1º e 2º de bacharelato, diúrno e adultos, así como o de entrega de notas e revisión de exames.

O alumnado acudirá aos exames provisto do seu DNI.

Aqueles alumnos/as que teñan libros do fondo solidario teñen que devolvelos ao rematar os exames. Se non os devolven deben saber que ningún membro da unidade familiar poderá disfrutar do fondo en vindeiros cursos.

Probas libres de Graduado en Educación Secundaria

O prazo de matrícula da segunda convocatoria da proba para a obtención do título de educación secundaria obrigatoria de 2021 estará aberto dende o dia 1 de xullo ata o 8 de xullo.

A proba, que se celebrará o dia 10 de setembro de 2021.

No arquivo adxunto se detallan as datas de realización das diferentes tarefas.

Calendario fin de curso ESO, ESA e 1º Bacharelato diúrno e adultos

Publicamos nos ficheiros adxuntos os calendarios de fin de curso para as ensinanzas de ESO, ESA e Bacharelato de diúrno e adultos: último día de clsae, entrega de notas e revisión de exames co profesorado e datas de matrícula.

No calendario da ESA II e ESA IV tamén se publican as datas de exames dos distintos módulos.

Cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de ESO

Desde hoxe pódense consultar na páxina web da consellería de Educación os resultados provisionais das probas para a obtención do título de ESO para maiores de 18 anos.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

Poderanse consultar tamén de forma presencial na secretaría do IES, previa identificación con DNI ou NIE.

Ábrese o prazo de reclamacións, que abrangue desde o venres día 4 ata o xoves 10 de xuño. 

As cualificacións definitivas publicaranse a partir do día 11de xuño.

Ponderacións ABAU

No DOG do 26 de maio de 2021 saiu publicada a RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2021 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/22. Xúntase extracto coas táboas de parámetros de ponderación das diferentes de materias.

Horario de exames de 2º Bacharelato Convocatoria Extraordinaria DIÚRNO e ADULTOS

Unha vez feita a avaliación ordinaria de 2º de Bacharelato de DIÚRNO e ADULTOS; así como a avaliación de materias pendentes de 1º BAC para alumnos de DIÚRNO; e a de materias de 1º BAC para alumnado de ADULTOS. Publicamos o calendario de exames da CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BAC que serán do luns 14 de xuño ao venres 18 de xuño.

NOTA: Consultar tamén o archivo adxunto do Calendario Fin de Curso 2º BAC onde tedes a información completa de fin de curso de 2º BAC (publicado o 19/4/2021).

 

Probas libres 2021: Lugar e data de celebración

As probas libres para a obtención do título de ESO celebraranse:

Probas extraordinarias ESA III e IV do alumnado do 1º cuadrimestre

As probas extraordinarias para o alumnado de ESA III e IV matriculado no IES Santa Irene no 1º cuadrimestre celebraranse o venres 14 de maio de 2021 co seguinte horario:

Hora

Venres 14 - Aula 10

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

Xúntase o calendario de final de curso 2020/21 para 2º de BACHARELATO, convocatoria ordinaria e extraordinaria. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións, expedición de título e de matrícula para as ABAU e outras novas importantes.

Avaliación de bacharelato para acceso á universidade (ABAU). Convocatoria ordinaria de matrícula 2021

Xúntase texto da convocatoria ordinaria de matrícula da ABAU deste ano 2021.

Distribuir contido


by Dr. Radut