Skip to Content

Avaliación e exames

Parabéns para todo o alumnado polos resultados ABAU 2022

Parabéns para todo o alumnado polos resultados nas probas de avaliacións de bacharelato para acceso á universidade

Horario das Probas ABAU 2022

Anexo III da convocatoria da ABAU que corresponde ao Horario das Probas.

Pago de Taxas ABAU 2022

Instrucións para o pago de taxas ABAU 2022

Convocatoria ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2022 deberá aboar as taxas correspondentes.

No documento adxunto detállanse as instrucións de pago da taxa.

*Non facer o pago antes do mércores, día 18 de maio.

Convocatoria Extraordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2022 deberá aboar as taxas correspondentes.

Parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da ABAU 2022

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2022/23

Calendario Fin de Curso 2021-2022 (ESA III e IV)

Nos arquivos adxuntos aparece a información dos horarios de exames e de entregas de notas das avaliacións ordinaria e extraordinaria da ESA III e da ESA IV.  Lembrade que todas aquelas persoas que se presenten aos exames finais deben vir co DNI. 

Calendario Fin de Curso 2021-22 (1º BACH Persoas Adultas)

No arquivo adxunto poderás consultar os horarios de exames e de entregas de notas correspondentes á avaliación ordinaria e extraordinaria do curso 2021-22 correspondentes ao 1º BACH de Persoas Adultas. Lembrade que para asistir ás probas debedes presentar o DNI.

Calendario Fin de Curso 2021-22 (2º BACH PERSOAS ADULTAS)

No ficheiro adxunto poderás consultar os horarios de exames e de entregas de notas da avaliación ordinaria e extraordinaria do curso 2021-22 de 2º BACH de Persoas Adultas. Lembra que para presentarte ás probas debes vir co DNI.

Calendario fin de curso 2021-2022 (2º Bacharelato)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos de 2º de bacharelato segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Calendario fin de curso 2021-2022 (1º Bacharelato)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos de 1º de bacharelato segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Calendario fin de curso 2021-2022 (ESO)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos da ESO segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut