Skip to Content

Avaliación e exames

Probas libres 2021. Listaxe provisional de persoas admitidas

Publicadas no taboleiro situado á entrada do instituto as listaxes provisionais de persoas admitidas para a realización das probas libres de ESO, convocatoria de maio.

Por lei de protección de datos, non se dará información telefónica nin a través do correo electrónico.

O prazo para reclamacións é de tres días: 9, 12 e 13 de abril. O día 14 publicarase a relación definitiva.

Notas de corte para o acceso á universidade en Galicia 2020-2021

Notas de corte para o acceso á universidade en Galicia 2020-2021

Video da CiUG sobre cómo se desenvolve a ABAU

Si estás en segundo de bacharelato, bótalle unha ollada o seguinte vídeo da CiUG:

https://youtu.be/6F4UEjuO_VQ

Probas libres para o título de secundaria para maiores de 18 anos

O venres 12 de febreiro saiu publicada no DOG a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

As datas de matrícula son:
Para a convocatoria de maio: do 8 ao 18 de marzo, ambos os dous incluídos.
Para a convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

Fin 1º cuadrimestre ESA. Calendario de exames

As clases do 1º cuadrimestre de ESA rematan o VENRES 5 de FEBREIRO.

Os exames finais celebraranse segundo o seguinte calendario:

- Luns 8 de febreiro, de 17:00 a 18:30 h: Módulo Comunicación
- Luns 8 de febreiro, de 19:00 a 20:30 h: Módulo Científico
- Martes 9 de febreiro, de 17:00 a 17:45 h: Inglés
- Martes 9 de febreiro, de 18:00 a 19:00 h: Ámbito Social

Entrega de notas: Xoves 11 de febreiro. Hora: 18:30

Calendario de exames de pendentes

Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.

Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.

Resultados provisionais probas libres ESA

Pódense consultar os resultados provisionais das probas libres da ESA na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/calificacions_provisionais_proba_libre_setembro_07.09.2020.zip

Listaxes provisionais persoas matriculadas nas Probas Libres ESO

Publicadas no taboleiro do instituto as listaxes provisionais de persoas matriculadas nas probas libres de ESO, convocatoria de setembro.

O prazo para reclamacións é de tres días.

Calendario de probas extraordinarias setembro 2019/20 ESO, 1º e 2º de Bacharelato diúrno e adultos

ATENCIÓN CAMBIO DE AULAS POR OBRAS (consultade no calendario adxunto).

Xúntase o calendario de exames de setembro de 2020 para ESO, ESA, 1º e 2º de bacharelato, diúrno e adultos, así como o de entrega de notas e revisión de exames. Os exames serán presenciais salvo instrucións das autoridades sanitarias e educativas.

O alumnado acudirá aos exames provisto do seu DNI.

Lugar de celebración ABAU xullo 2020

O alumnado do IES Santa Irene (diurno e adultos) realizará os exames das ABAU no FRONTÓN do pavillón municipal das Travesas, agás o alumnado con NNEE que os realizará no IES San Tomé do Freixeiro. Non esquezades levar DNI, resgardo da matrícula e xustificante de pago.

A entrada será pola rúa Cesáreo González, entre 9:00 e 9:20 horas.

Nos documentos adxuntos podedes ver un plano de situación e ler tamén información referente ás medidas específicas derivadas da COVID-19.

Distribuir contido


by Dr. Radut