Skip to Content

Avaliación e exames

Calendario de exames final de curso ESA III e ESA IV

Xuntamos o horario de final de curso para os exames extraordinarios do 1º cuadrimestre e os exames ordinarios do 2º cuadrimestre de ESA III e ESA IV.

Calendario fin de curso 2019/20 ESO, ESA e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase actualizado o calendario de final de curso 2019/20 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diúrno e adultos. Inclúe datas de  entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes. 

Probas libres ESO: novas datas e formulario de inscrición

Segundo recolle a Resolución do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, as novas datas de celebración e prazos de matrícula para o desenvolvemento das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria son os seguintes:

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Diúrno e adultos. Convocatoria Ordinaria.

Xúntase o calendario de final de curso 2019/20 para 2º de BACHARELATO, para diúrno e adultos, convocatoria ordinaria.

Información ABAU 2020

Xa podedes consultar nos arquivos adxuntos e na web da CIUG información sobre a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, ademáis dun resumo da mesma e as instrucións para o alumnado actualizadas.

Páxina web da CIUG

Adaptación calendario de exames de pendentes maio 2020

Publicamos un calendario adaptado de exames de materias pendentes modificado pola situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19.(As materias pendentes son as materias que que ten suspensas un alumno do curso anterior, por exemplo, un alumno que está en 2º de bacharelato que ten suspensa unha materia de 1º de bacharelato; o un alumno de 2º de ESO que ten suspensa unha materia de 1º de ESO). 

 

Modelos de exames ABAU 2020

Xa podedes consultar na paxina da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) os modelos de exames para as probas ABAU que, se non hai cambios, celebraranse os días 7, 8 e 9 de xullo. Facilitamos o enlace aos modelos.

Modelos dos exames

Entrega de notas da 2ª avaliación

Estimadas familias e estimado alumnado.

Estamos vivindo unha etapa complicada, con medos e inquedanzas pero confiamos en que vos atopedes ben de saúde e con ánimos para seguir adiante.

Probas libres ESO 2020

O mércores 5 de febreiro saiu publicada no DOG a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

As datas de matrícula son:
Para a convocatoria de maio: do 16 ao 27 de marzo, ambos os dous incluídos.
Para a convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

Ao alumnado co primeiro apelido entre a letra "M" e a letra "Z" correspóndelle a matrícula no IES Santa Irene.

Calendario de exames de pendentes

Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.

Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.

Distribuir contido


by Dr. Radut