Skip to Content

Avaliación e exames

Instrucións sobre aspectos organizativos da proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Publicada a Resolución do 13 de febreiro de 2023, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24.

Esta avaliación realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios oficiais de grao.

Máis información: prema aquí

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN (NOCTURNO)

                                 2º BACHARELATO

ENTREGA DE NOTAS

As notas publicaranse en ABALAR o mércores, día 15 de febreiro, ás 20:00 horas e entregaranse e formato físico, por parte dos/as titores/as, o xoves, día 16 de febreiro, no seguinte horario:

 

Entrega de cualificacións 2ª avaliación (Diúrno)

Listaxe definitiva Probas de nivel lingüístico 2022-2023

Publicada no tablón de anuncios a listaxe definitiva de bolsas e taxas de exame do alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico no curso 2022-2023.

O período de pago das taxas de exame comezará o xoves, día 19 de xaneiro de 2023, e rematará o venres, día 27 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

Datas de exames finais (ESA III e ESA IV)

No adxunto poderedes consultar os días e horas dos exames finais do 1º cuadrimestre da ESA III e da ESA IV, así como a data de inicio do 2º cuadrimestre.

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior 2022-2023

Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso a os ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana “Probas” domenú da páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp.

Solicitude ABAU alumnado NEAE

Poderá solicitar a aplicación deste procedemento o alumnado connecesidades específicas de apoio educativo matriculado en segundo de bacharelato ou ciclo formativo de grado superior de formación profesional que se presente á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade no sistema universitario de Galicia (ABAU), cando requira unha adaptación específica para a súa realización.

Probas de nivel lingüístico 2022-2023

Listaxe provisional de alumnado proposto e taxas de exame (Francés e Inglés)

A listaxe provisional de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico e as taxas de exame publicaranse no taboleiro do IES Santa Irene o martes, día 10 de xaneiro de 2023. O período de reclamacións e cambios será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional.

Entrega de notas da 1ª avaliación (Diúrno e nocturno)

ESO

As notas publicaranse en ABALAR o mércores, día 30 de novembro, ás 20:00 h (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e o venres, día 2 de decembro ás 20:00 h (4º ESO). Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a a partir do xoves, día 1 de decembro (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e a partir do mércores 7 de decembro (4º ESO). 

BACHARELATO

1º BACH

Datas e horarios das probas ABAU 2022 (Convocatoria extraordinaria)

Datas e horarios das probas ABAU 2022 (Convocatoria extraordinaria)

A proba terá lugar no Edificio de Ciencias Experimentales. Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo (Pontevedra)

Distribuir contido


by Dr. Radut