Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Probas de acreditación da competencia dixital - Adultos

As probas de acreditación da competencia dixital, nivel intermedio, para o alumnado de 2º Bacharelato (Adultos) inscrito, terán lugar o xoves, día 13 de xuño de 2024, ás 17:00 h, na aula Info 1 do centro.

As probas de acreditación da competencia dixital, nivel intermedio, para o alumnado de ESA IV inscrito, terán lugar o martes, día 18 de xuño de 2024, ás 17:00 h, na aula Info 1 do centro.

Admisión FP Básica 2024-2025

O alumnado de 2º da ESO, que teña feito 15 anos ou os faga no ano natural en curso, deberá ser proposto excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orientación do centro para incorporarse á formación profesional básica.

O alumnado procedente de 3º e 4º da ESO poderá solicitar a petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo de grao básico. Poderá presentar a solicitude no seu centro de orixe sen necesidade de ser proposto e sen figurar na relación inicial de alumnado proposto polo centro.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 24 de xuño de 2024 e remata o día 4 de xullo de 2024, ás 14:00 h.

O alumnado de 2º ESO proposto excepcionalmente para incorporarse á formación profesional básica será avisado polo centro o día 24 de xuño de 2024. Este alumnado poderá, se así o considera, rexistrar a solicitude (Solicitude ED522A) de incorporación a un ciclo de Formación Profesional Básica na secretaría do centro no plazo anteriormente indicado.

Aquel alumnado de 3º ESO e 4º ESO que desexe incorporarse a un ciclo de Formación Profesional Básica deberá formalizar a súa solicitude (Solicitude ED522A) na secretaría do centro no plazo anteriormente indicado.

Admisión a FP. Curso 2024-2025

Publicación das instrucións xerais e dos calendarios do proceso de admisión ás ensinanzas de formación profesional para o curso 2024-2025.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024

O venres, día 7 de xuño, iníciouse o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

Xornadas de portas abertas da USC

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”.

Axudasle 2024

Publicadas as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24).

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Programa EduMob de intercambio individual de alumnado

A Consellería de Educación convoca o programa EDUMOB, un programa de intercambio individual de alumnado matriculado en centros públicos galegos con matriculado de centros pertencentes á Rexión Académique de Grand Est en Francia.

Este programa vaise desenvolver no curso 2024-2025 para alumnado matriculado en 1º de bacharelato que curse a materia de francés. 

Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43273

ABAU 2024 - Convocatoria ordinaria

Datas das probas

Convocatoria ordinaria - 4, 5 e 6 de xuño de 2024 - Horario das probas

Representante do centro nas probas ABAU

Miguel Ángel González Sardón

Lugar das probas para o alumnado do IES Santa Irene

  • Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Cidade) - Rúa Torrecedeira nº 86. Vigo
  • Comisión Delegada nº 28 con sede na Facultade de Comercio (Campus Vigo-cidade) - Só para alumnado con adaptación NEAE**.

Presentación

  • DNI ou documento identificativo oficial: pasaporte, permiso de residencia etc.
  • Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra.
  • Material axeitado para realizar os exercicios que impliquen deseño, debuxo técnico ou artístico e técnicas gráfico-plásticas, así como o dicionario de latín-español ou grego-español e unha calculadora (véxanse as indicacións máis abaixo).

Protocolo ABAU 2024

Recoméndase a todo o alumando que acceda á aplicación Nerta e revise os seus datos persoais e matrícula ABAU. As taxas deben figurar como aboadas e a documentación, de ser o caso, como entregada.

Ante calquera problema ou dúbida que poida xurdir durante a realización das probas, o alumnado debe porse en contacto co representante do centro que acompañará ao citado alumando durante as probas, Miguel Ángel González Sardón, ou chamar ao teléfono do centro 986 23 37 99.

O representante do centro ten copia dos resgardos de matrícula e pago de todo o alumnado, no caso de ser necesario.

CALENDARIO DA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE PENDENTES

No documento adxunto poden consultar as datas da avaliación extraordinaria de pendentes. 

Probas de acreditación da competencia dixital - 4º ESO

As probas de acreditación da competencia dixital, nivel intermedio, para o alumnado de 4º ESO inscrito, terán lugar o venres, día 31 de maio de 2024, ás 09:30 h, na aula Info 3 do centro.

Na páxina sobre Acreditación da Competencia Dixital do alumnado teñen acceso á seguinte ligazón na que se pode facer unha demo da proba:

No taboleiro de anuncios do centro pódese consultar a relación de alumnado inscrito nas probas.

Ligazón de acceso ás probas o día do exame:

https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/examinador

Normativa

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24



by Dr. Radut