Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

"Falemos ABAU" - UDC

Adxúntanse uns videos curtos "Falemos da ABAU" da Universidade de A Coruña que poden ser de utilidade para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as probas ABAU e o proceso de admisión para o curso académico 2024/2025.

Parte I: Contexto da ABAU

Parte II: Proba de acceso

Parte III: Proceso de admisión

Encontros virtuais virtuais da Universidade de Santiago de Compostela

Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (actualizaranse os contidos da mesma a principios da próxima semana).

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE 2º BACHARELATO (adultos)

Publicamos o calendario de exames da Avaliación final ordinaria e extraordinaria de 2º de BACHARELATO Adultos correspondente ao presente curso 2023/24. Podedes consultar toda a información no documento adxunto.

Acreditación da competencia dixital do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades ven de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa as etapas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditarán no curso 2023-2024 son os seguintes:

  • ComDix Iniciación (Equivalente a nivel A2)
  • ComDix Intermedio (Equivalente a nivel B2)

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

As acreditacións do alumnado terán unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición entregando o impreso adxunto na secretaría do centro ata o día 15 de marzo de 2024, incluído. Os impresos serán entregados a todo o alumnado en formato físico, polo que non é necesario que o alumnado o imprima.

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023-2024, realizaranse consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de abril. Terá unha duración de 20 minutos e realizarase en horario lectivo.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de maio. Terá unha duración de 90 minutos e realizarase en horario lectivo.

Informarase do día e da hora das probas coa antelación suficiente para a organización das mesmas.

Aínda que a inscrición nas probas é voluntaria recoméndase a todo o alumnado de 2º de Bacharelato presentarse ás mesmas.

As probas son gratuítas para todo o alumnado.

Normativa completa premendo AQUÍ

Máis información premendo AQUÍ

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2024-2025

O día 1 de marzo de 2024 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Normativa

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Novo curso de capacitación dixital 2024

O IES Santa Irene pertence á rede de centros de acreditación dixital. O primeiro obxectivo desta rede é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo regrado. Para ela está dirixido un curso de formación de 30 horas de duración á que se lle ofrece unha competencia dixital básica.

O curso está financiado polo Fondo Social Europeo, polo que é gratuíto. Ao remate entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar unidades de competencia de cualificación profesional. 

Desenvolverase na aula de informática do IES Santa Irene. A formación recibida será válida para manexarse con internet e con dispositivos electrónicos, coma móbiles ou tablets.
 
Cada curso atenderá a un mínimo de 10 alumnos/as e un máximo de 25.
 
O 1º curso de capacitación dixital desenvolverase entre o 02 de abril de 2024 e o 02 de maio de 2024, no seguinte horario:
  • Martes e xoves, de 20:00 h a 22:30 h
A inscrición realizarase de forma presencial na secretaría do IES Santa Irene ou chamando ao 986 23 37 99. Tamén é posible realizar a inscrición online premendo AQUÍ.
 
Prazo para realizar a inscrición: ata o 31 de marzo de 2024.

A presentación do curso terá lugar o día do comezo do curso (02 de abril de 2024, ás 20:00 h)

Escola de Nais e Pais - Conferencia sobre acoso e ciberacoso

O luns, día 04 de marzo de 2024, ás 18:30 h, o IES Santa Irene organiza unha conferencia sobre acoso e ciberacoso na adolescencia, a cargo da Unidade de Prevención Cidadá da Policía Nacional. A conferencia está destinada ás familias do alumnado de todos os cursos e ao profesorado.

Os/as titores/as do centro consideran de gran importancia a asistencia a esta conferencia-coloquio. Cada día os/as adolescentes fan máis uso da internet e das redes sociais sen ser conscientes das consecuencias dos seus actos. É moi necesaria a colaboración das familias na prevención e control do uso que o alumnado fai das novas tecnoloxías.

Ademáis, os/as asistentes terán a oportunidade de escoitar e prantexar calquera dúbida, pregunta ou curiosidade.

Instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Xúntase a Resolución do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

Acceso á Resolución premendo AQUÍ

Xornada de portas abertas 2024 - Proceso de admisión

Un ano máis, o IES Santa Irene organiza unha xornada de portas abertas para as famillias do alumnado interesado no proceso de admisión externa 2024-2025.

Data, hora e lugar: 27 de febreiro de 2024 ás 18:00 h no paraninfo do IES Santa Irene

Información xeral do proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ

Probas INEF 2024 (Universidade de A Coruña)

Convocatoria das probas físicas de acceso aos estudos de grao en ciencias da actividade física e o deporte, da facultade de ciencias do deporte e a educación física da universidade de A Coruña (UDC), para o curso académico 2024-2025.

Máis información premendo AQUÍ



by Dr. Radut