ABAU 2024 - Convocatoria ordinaria
Datas das probas
Convocatoria ordinaria - 4, 5 e 6 de xuño de 2024 - Horario das probas
Representante do centro nas probas ABAU
Miguel Ángel González Sardón
Lugar das probas para o alumnado do IES Santa Irene
- Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Cidade) - Rúa Torrecedeira nº 86. Vigo
- Comisión Delegada nº 28 con sede na Facultade de Comercio (Campus Vigo-cidade) - Só para alumnado con adaptación NEAE**.
Presentación
- DNI ou documento identificativo oficial: pasaporte, permiso de residencia etc.
- Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra.
- Material axeitado para realizar os exercicios que impliquen deseño, debuxo técnico ou artístico e técnicas gráfico-plásticas, así como o dicionario de latín-español ou grego-español e unha calculadora (véxanse as indicacións máis abaixo).
Recoméndase a todo o alumando que acceda á aplicación Nerta e revise os seus datos persoais e matrícula ABAU. As taxas deben figurar como aboadas e a documentación, de ser o caso, como entregada.
Ante calquera problema ou dúbida que poida xurdir durante a realización das probas, o alumnado debe porse en contacto co representante do centro que acompañará ao citado alumando durante as probas, Miguel Ángel González Sardón, ou chamar ao teléfono do centro 986 23 37 99.
O representante do centro ten copia dos resgardos de matrícula e pago de todo o alumnado, no caso de ser necesario.