Skip to Content

Axuda TIC

Equipo TIC

Coordinadoras TIC do centro: Beatriz Pérez Rocha e Jose Antonio Otero Piñeiro

Correos electrónicos: beapr@edu.xunta.gal / antonio.otero@edu.xunta.gal

Coordinador Polos Creativos e Plan Dixital do centro: Juan Carlos Ferro Pozo

Correo electrónico: jcferro@edu.xunta.gal

 

Aula virtual

A aula virtual é unha aplicación web da Consellería de Educación coa que o profesorado dos centros pode crear cursos virtuais con documentos e materiais didácticos para o alumnado.

Para acceder á aula virtual é necesario ter un nome de usuario e un contrasinal. O contrasinal é estritamente confidencial: hai que memorizalo e non o comentar cos compañeiros. O alumnado novo recibirá estes datos ao iniciar os seus estudos no centro.

Aulas con Pantallas dixitais interactivas

O centro dispon de tres aulas con Pantalla Dixital Interactiva (aulas 24, 25 e 26).

O seu funcionamento pode verse na siguite ligazón:

Uso da Pantalla Dixital Interactiva TRAULUX.

 

Aulas dixitais

O centro conta con 16 aulas dixitais para 3º-4º ESO e bacharelato equipadas orixinalmente cos proxectores Epson EB-570, os encerados dixitais MultiCLASS MCI780 e os portátiles Lenovo Thinkpad L540 distribuídos pola Consellería de Educación durante o curso 2015-16. Algúns equipos xa foron renovados e outros están en proceso de renovación. Os portátiles dispoñen de sistema operativo Linux Mint 20.3 e unha ampla selección de aplicacións de uso educativo e xeral.

Formulario de comunicación de incidencias informáticas

Este formulario é para uso do profesorado do centro. En caso de calquera incidencia (avaría, dano, etc.), completade os datos e enviade o formulario. O persoal responsable tratará de solucionar o problema o máis axiña posible.

Google Workspace for Education

Google Workspace for Education (antes coñecido como G Suite para Centros Educativos) é un paquete de ferramentas de produtividade gratuítas de Google para colaborar na aula, entre as que se inclúen Gmail, Classroom, Documentos de Google e Drive. A administración das aplicacións e dos usuarios é realizada polo IES Santa Irene no seu dominio de Internet propio.

Grupos de correo do profesorado

Para facilitar a distribución do correo do claustro e dos departamentos didácticos, o correo envíase a Grupos de Google, desde onde se redirixe a cada profesor ou profesora.

A maioría do profesorado usa o seu correo corporativo para recibir o correo dos grupos. Desgraciadamente, neste caso, o filtro de correo lixo pode interceptar a mensaxe e marcala como spam. Para evitalo recoméndase desactivar este filtro, segundo se explica no vídeo seguinte, ou incrementar o nivel de clasificación como lixo ata que deixe de filtrar as mensaxes enviadas aos grupos de correo.

Ordenadores para o profesorado e o alumnado

Agas contadas excepcións, os ordenadores para uso do profesorado e do alumnado adminístranse de xeito automatizado e teñen o sistema operativo Linux Mint 20.3 e aplicacións actualizadas.

Todos os equipos teñen como mínimo dous perfís ou contas de usuario:

Outras webs e redes sociais do IES Santa Irene

Ademais desta web oficial do centro e dos recursos descritos nesta sección de Dinamización TIC, o centro conta con outras webs e redes sociais que nos axudan a cumprir diversas funcións de carácter dicáctico, comunicativo ou promocional.

Plan dixital

Publícase en documento adxunto o Plan dixital do IES Santa Irene.



by Dr. Radut