Aula virtual
A aula virtual é unha aplicación web da Consellería de Educación coa que o profesorado dos centros pode crear cursos virtuais con documentos e materiais didácticos para o alumnado.
Para acceder á aula virtual é necesario ter un nome de usuario e un contrasinal. O contrasinal é estritamente confidencial: hai que memorizalo e non o comentar cos compañeiros. O alumnado novo recibirá estes datos ao iniciar os seus estudos no centro.
Accédese á aula virtual do IES Santa Irene introducindo o nome de acceso e o contrasinal na páxina seguinte:
Para calquera problema coa aula virtual, o alumnado dirixirase, en primeiro lugar, ao profesorado titor ou ao profesorado da materia correspondente.
Condicións de uso
- A prestación deste servizo está condicionada a que o alumnado permaneza matriculado no centro, ou o profesorado manteña o seu destino no mesmo.
- O servizo terminarase sen previo aviso cando o alumnado cause baixa ou non renove a súa matrícula, ou o profesorado cese no seu destino no centro: é a súa responsabilidade descargar e almacenar pola súa conta todos os documentos que desexen conservar antes da terminación do servizo, así como, no caso do profesorado, facer copias de seguranza dos cursos que queiran conservar.
- Todas as normas do centro teñen plena vixencia na aula virtual.
- Todas as notificacións e mensaxes da aula virtual enviaranse aos enderezos de correo do alumnado no dominio
iessantairene.es
.