Aulas dixitais
O centro conta con 16 aulas dixitais para 3º-4º ESO e bacharelato equipadas orixinalmente cos proxectores Epson EB-570, os encerados dixitais MultiCLASS MCI780 e os portátiles Lenovo Thinkpad L540 distribuídos pola Consellería de Educación durante o curso 2015-16. Algúns equipos xa foron renovados e outros están en proceso de renovación. Os portátiles dispoñen de sistema operativo Linux Mint 20.3 e unha ampla selección de aplicacións de uso educativo e xeral.
Normas de uso
- Os ordenadores teñen un perfil (conta de usuario) diferente para cada departamento didáctico e unha conta de usuario xenérico. A configuración e os documentos gardados polo usuario xenérico desaparecen ao reiniciar o equipo.
- Para iniciar a sesión é necesario inserir o contrasinal correspondente.
- Non se debe mover de sitio nin o portatil nin a mesa que o soporta.
- Non se debe desconectar ningún cable do portátil, salvo o cable HDMI usado por algúns portátiles novos, no caso de querer conectar un equipo propio ao proxector.
- Para conectar un equipo propio ao proxector dixital, deberá usarse o conector HDMI da caixa de conexións.
- Pechade sempre a sesión ao rematar a clase ou apagade o equipo se non hai clase a continuación.
Solución de problemas
Se non hai son:
- Comproba os axustes de volume xerais na esquina inferior dereita da pantalla e os axustes da aplicación.
- Comproba que non estea activado o modo silencioso. A tecla F1 alterna entre o modo silencioso e o modo normal.
Se o son é inestable ou se non hai son e tampouco responde o encerado dixital:
- Cambia de porto o conector USB do encerado dixital: do porto traseiro xunto ao cadeado ao porto lateral dereito máis próximo ao cadeado, ou viceversa. Espera un pouco ata que o ordenador detecte o encerado dixital.
Se hai outros problemas ou persisten os problemas de son:
- Reinicia o equipo.
- Se o problema persiste despois de reiniciar o equipo, comunica a incidencia mediante o Formulario web de incidencias informáticas.