Grupos de correo do profesorado
Para facilitar a distribución do correo do claustro e dos departamentos didácticos, o correo envíase a Grupos de Google, desde onde se redirixe a cada profesor ou profesora.
A maioría do profesorado usa o seu correo corporativo para recibir o correo dos grupos. Desgraciadamente, neste caso, o filtro de correo lixo pode interceptar a mensaxe e marcala como spam. Para evitalo recoméndase desactivar este filtro, segundo se explica no vídeo seguinte, ou incrementar o nivel de clasificación como lixo ata que deixe de filtrar as mensaxes enviadas aos grupos de correo.
Como desactivar o filtro de correo lixo da Xunta
Se preferides recibir o correo na vosa conta no dominio iessantairene.es, entón tamén teredes acceso a interface web dos grupos, onde se pode consultar o correo arquivado.