Ordenadores para o profesorado e o alumnado
Agas contadas excepcións, os ordenadores para uso do profesorado e do alumnado adminístranse de xeito automatizado e teñen o sistema operativo Linux Mint 20.3 e aplicacións actualizadas.
Todos os equipos teñen como mínimo dous perfís ou contas de usuario:
- adminis: reservada para o administrador do equipo
- usuario: para o profesorado e/ou alumnado. Todos os axustes realizados ou ficheiros gardados usando este perfil eliminaranse ao reiniciar o equipo.
Na maioría dos equipos para uso do profesorado existe un perfil para cada departamento que permite conservar permanentemente a configuración e os documentos.
Nos equipos do profesorado está dispoñible a carpeta Profesorado, que almacena os documentos nun servidor de rede para que se poidan consultar desde calquera equipo de uso exclusivo do profesorado.
Na carpeta Profesorado tamén aparecen os documentos escaneados nas fotocopiadoras. Pode usarse para gardar material e telo dispoñible en todas as aulas. Para evitar a acumulación de documentos, eliminarase todo o seu contido despois das avaliacións de setembro.
A carpeta Profesorado é una carpeta pública con permisos de lectura e escritura para todos, polo que non se debe usar para almacenar documentos únicos, privados nin confidenciais. Advírtese tamén que, en determinadas circunstancias, o alumnado podería acceder a esta carpeta: por exemplo, se o profesorado deixa a sesión aberta no equipo dunha aula.
Os equipos apagaranse automaticamente ás 15:10 e 22:30 horas cando así se indique no escritorio.