Debuxo

Aprendendo linguaxe visual co praxinoscopio

     Traballando sobre a percepción do movemento aparente, esto é, a que se obten a partires da observación de secuencias de imaxes estáticas.

 No 1877, o francés Émile Reynaud, presentou o Praxinoscopio. Consistía nun tambor xiratorio cun anel de espellos colocado no centro e os debuxos colocados na parede interior do tambor. Según xiraba o tambor, os dibuxos parecían cobrar vida. 

 Este xoguete científico con imaxes animadas fainos crer que vemos imaxes en movemento, e para mostra este divertimento do alumnado de EPVA.

 


Día do Libro: Pegadas de Shakespeare

Para celebrar o Día Internacional do Libro, 23 de abril,  o departamento de inglés, en colaboración co  departamento de plástica, propuxemos a elaboración dun vídeo con textos do máis importante autor da literatura inglesa, William Shakespeare, no que os nosos alumn@s recitasen fragmentos das súas obras máis coñecidas.

Para a súa elaboración, estudantes  de varios cursos se prestaron a ser actores por un día, e guiados polo noso artista particular, Bernardino, regaláronnos unha delicia para ver e escoitar.

                           Moitas grazas a todos eles e parabéns polo seu traballo!!!

Cousa de Muller - 8 de marzo

Mulleres e homes, alumnas e alumnos do Río Cabe,   unímonos  para celebrar o 8 de marzo, día que  quixeramos non ter que celebrar máis , porque significaría que o obxectivo de teren todos os mesmos dereitos e oportunidades estaría conseguido.

Bernardino Cerviño, profesor de arte do instituto, foi o encargado da realización do vídeo no que nenas e nenos reividindican o papel fundamental  das mulleres na sociedade ó longo da historia, o que é “Cousa de Mulleres”.  Unha delicia!! Desfrutádeo!!

  

 

 8 de marzo“Fronte ó mesmo obxectivo, nada nos detén. Mulleres detrás das vacinas”

 

Dende Bibliocabe , a mensaxe é esperanzadora e empoderadora: nada nos detén. Alejandro García, ex-alumno do centro e colaborador asiduo, foi o deseñador do póster para a nosa celebración. Flor e Xurxo fixeron outro magnífico vídeo e unha  exposición fotográfica sobre o transcendental papel das  mulleres científicas que fixeron posible as actuais vacinas.

 

 .

 

Moitas grazas a alumn@s  e profesor@s polo seu traballo e implicación.

Máis premios para o Cabe

Premios do VI Certame de divulgación Mulleres de Lemos

Esta fin de semana, dentro da conmemoración do Día da Biblioteca e organizado polo colectivo Lemos Le, fíxose entrega dos premios do VI CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS: INÉS FERNÁNDEZ, ABADESA DE EIRÉ. O evento, que tivo lugar na Rectoral de Castillón, serviu para reunir aos galardoados nas dúas categorías do certame (banda deseñada e divulgación) .

Cinco alumnas do Río Cabe resultaron premiadas na categoría de Banda Deseñada. Sara Rodríguez Rodríguez  e Alicia Soto Pallares levaron o primeiro premio e un dos dous accésits (empatados) foron para Zeltia Pérez Barrientos, Claudia Pérez Barrientos e Ariadna Valdés Fernández.  Noraboa a todas elas e que sigan co seu traballo e bo facer.

Alumnado de 3º ESO no teatro en Santiago

O alumnado de 3º ESO asistiu o venres 12 de xaneiro a un espectáculo teatral titulado "Requiem por un monicreque" da compañía Os monicreques de Kukas.

Ao rematar a función fixeron unha visita guiada e didáctica ao Monte Gaiás e a Cidade da Cultura de Galicia. Antes de regresar a Monforte tiveron ocasión de xantar no Centro Comercial "As Cancelas" e facer algunha que outra compra.

Clickando na seguinte imaxe accédese a algunhas fotografías da excursión:

Álbum: Extraescolares -> Monicreques de Kukas - 3º ESO

Obradoiro de Debuxo no Gaiás

O venres, 21 de abril, o alumnado de Debuxo Técnico de 1º  e 2º de BAC desprazouse á cidade de Santiago de Compostela para realizar unha visita guiada á Cidade da Cultura e ver unha exposición  baixo o título Da árbore á cadeira. Ao termo da visita deu comezo o obradoiro de debuxo ao natural consistente na realización dunha serie de  apuntes arquitectónicos dos edificios que compoñen o conxunto da Cidade da Cultura no  monte Gaiás.

Clickando na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería fotgráfica da actividade:

Excursión a Vigo

Os alumnos de 3º da ESO foron de saída didáctica a Vigo, a ver o Museo de Arte Contemporánea MARCO e máis a exposición "OUT OF SEA" na fundación Barrié de la Maza.

No museo tratábase de achegarse a arte contemporánea por medio dun dos mellores museos de Galiza. Na Fundación Barrié se foi ver unha exposición sobre a contaminación mariña e a súa repercusión na nosa vida, contaminación sobre todo por plásticos.

Aquí vemos os rapaces aprendendo o que é un “panóptico” e para que se utilizaba. Unha das cousas máis interesantes é que o edificio do museo MARCO era unha antiga cárcere e as explicacións sobre a súa arquitectura foron moi interesantes.

Na Fundación Barrié descubrimos que meteran un montón de basuara dentro dun edificio, e nos explicaron que viña dunhas islas de plásticos flotantes que hai nos oceános. Aquí aparte había vídeos de como afectaban esas cantidades de plásticos ós lugares e os animáis.

Distribuir contido