Día do Libro: Pegadas de Shakespeare
Para celebrar o Día Internacional do Libro, 23 de abril, o departamento de inglés, en colaboración co departamento de plástica, propuxemos a elaboración dun vídeo con textos do máis importante autor da literatura inglesa, William Shakespeare, no que os nosos alumn@s recitasen fragmentos das súas obras máis coñecidas.
Para a súa elaboración, estudantes de varios cursos se prestaron a ser actores por un día, e guiados polo noso artista particular, Bernardino, regaláronnos unha delicia para ver e escoitar.
Moitas grazas a todos eles e parabéns polo seu traballo!!!