Cousa de Muller - 8 de marzo
Mulleres e homes, alumnas e alumnos do Río Cabe, unímonos para celebrar o 8 de marzo, día que quixeramos non ter que celebrar máis , porque significaría que o obxectivo de teren todos os mesmos dereitos e oportunidades estaría conseguido.
Bernardino Cerviño, profesor de arte do instituto, foi o encargado da realización do vídeo no que nenas e nenos reividindican o papel fundamental das mulleres na sociedade ó longo da historia, o que é “Cousa de Mulleres”. Unha delicia!! Desfrutádeo!!
8 de marzo, “Fronte ó mesmo obxectivo, nada nos detén. Mulleres detrás das vacinas”
Dende Bibliocabe , a mensaxe é esperanzadora e empoderadora: nada nos detén. Alejandro García, ex-alumno do centro e colaborador asiduo, foi o deseñador do póster para a nosa celebración. Flor e Xurxo fixeron outro magnífico vídeo e unha exposición fotográfica sobre o transcendental papel das mulleres científicas que fixeron posible as actuais vacinas.
.
Moitas grazas a alumn@s e profesor@s polo seu traballo e implicación.