|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 02/11/2018 - 17:34
|
O venres 2 de novembro recibimos no centro a visita do alumnado de cinco anos da escola EEI do Milladoiro. Cada parelliña de infantil foi acollida por unha parella TEI (Titoría entre iguais) do noso centro, formada por alumnado titor de 3º de ESO e alumnado titorizado de 1º de ESO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 02/11/2018 - 13:24
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 01/11/2018 - 17:23
|
O IES do Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 2º e 4º de ESO. O calendario das reunións e das intervencións é o seguinte: - Formación co profesorado: martes 06/12/18 ás 18:15 horas. - Intervención co alumnado de 2º e 4º da ESO ao longo das semanas do 12 e 19 de novembro. - Reunión coas familias de 2º e 4º da ESO: martes 04/12/18 ás 18:15 horas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 01/11/2018 - 16:54
|
Da man do proxecto Aleida - Conecta e de IGASEX3 comenza en novembro o "Obradoiro de igualdade e bos tratos" que se desenvolverá ao longo do mes nas horas de titoría de 2º ESO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 30/10/2018 - 20:06
|
O luns 29 de outubro celebrámolo coa entrega de diplomas por parte do Director aos axudantes de biblioteca do pasado curso, unha actuación musical a cargo das alumnas de 3º de ESO Nuria Chan e Alba Conde e a lectura de poemas por parte de alumnado do EDLG. Ademais, soltáronse libros en diferentes puntos do centro para ser levados por quen os desexe.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 28/10/2018 - 17:51
|
Un total de oito grupos representarán o noso centro no VIII CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES. O pasado día 24 de outubro asistiron á primeira sesión de formación no Pazo da Peregrina (Bertamiráns, Ames.)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 28/10/2018 - 17:40
|
O venres 26 de outubro visitou o noso centro o mago Roberto Lolo e fixo pasar un anaco estupendo ao alumnado de 1º de ESO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 23/10/2018 - 16:30
|
A ANPA Milla invita á comunidade escolar do IES do Milladoiro a participar no MAGOSTO que se celebrará o martes 30 de outubro de 17:20 a 18:10.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 15/10/2018 - 11:35
|
O próximo venres 19 de outubro contaremos de novo coa cafetería do centro no seu horario habitual.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 19/09/2018 - 18:01
|
Con data do 31 de agosto, o centro recibiu un correo do Servizo de Comedores Escolares no que se nos informaba, por indicación do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Jesús Otaivén Barcala, de que dado o novo sistema de adxudicación, agora centralizado na Consellería, as cafeterías non poderían abrir ata o remate do proceso.
A cafetería non abrirá, xa que logo, polo momento. Hoxe, 19 de setembro, consultamos ao Servizo de Xestión de Comedores sobre a data de apertura e comunicóusenos que se realizará "proximamente".
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 15/09/2018 - 10:22
|
REUNIÓNS COAS FAMILIAS
Reunión informativa coas familias e o alumnado de 1º de ESO: xoves 6 de setembro, 18.00
Reunión informativa co alumnado novo no centro de 2º, 3º e 4º de ESO e de Bacharelato e coas súas familias: luns 10 de setembro, 18.30
PRESENTACIÓN DOS GRUPOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO
Luns 17 de setembro, 13.00
PRESENTACIÓNS DOS GRUPOS DE ESO
Martes 18 de setembro
1º ESO: 11.30 - 12.30
2º ESO: 12.00 - 12.30
3º ESO e 4º ESO: 12.30 - 13.00
Haberá servizo de bus para o alumnado transportado de 11.30 a 13.00
INICIO DAS CLASES
Mércores 19 de setembro, no horario habitual do centro: 8.50 - 14.30. Tardes dos martes: 16.30 - 18.10
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/06/2018 - 11:31
|
Antes do 26 de xuño o alumnado debe deixar baleira e aberta a súa consigna. Pode recoller a copia da súa chave na secretaría do centro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 22/05/2018 - 21:44
|
A LOMCE establece que o alumnado de 4º realizará unha avaliación individualizada ao finalizar a ESO. Dita proba "non terá efectos adadémicos, será considerada mostral e terá finalidade diagnóstica". Segundo circular da Consellería de Educación o IES do Milladoiro resultou seleccionado "aplicando criterios estatísticos (...) para formar parte da mostra de centros participantes". Máis información aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 22/05/2018 - 12:00
|
O venres 18 de maio tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o acto de despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato. Desexámoslle moita sorte!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 11/05/2018 - 13:00
|
O venres 11/5/2018 estivemos, en representación do centro, acompañando o noso alumnado no acto oficial de entrega de premios ó que se refire esta nova. Alí gabouse o esforzo do alumnado e recoñeceuse o traballo de centros coma o noso a prol de todos os alumnos e alumnas, incluídos aqueles con algunha necesidade específica.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 07/05/2018 - 18:46
|
O día 20 de abril, o alumnado de 1º e 3º de ESO do grupo TEI (Titoría entre iguais) realizou un roteiro pola cidade de Santiago no que algúns alumnos e alumnas de 3º incumpriron as súas obrigas. Conscientes diso, queren pedir desculpas públicas: aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 04/05/2018 - 15:44
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 04/05/2018 - 15:30
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 27/04/2018 - 20:36
|
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 18 de maio. Máis información: aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 24/04/2018 - 17:06
|
O venres 23 de abril ábrese o prazo para inscribirse no "VI Campus de verán Xuvenciencia", que terá lugar do 2 ao 6 de xullo e vai dirixido a alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Máis información e preinscrición aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 14/04/2018 - 17:34
|
O MEC convoca axudas para que o alumnado de 1º e 2º de ESO poida participar en campamentos de inmersión lingúística en inglés en xullo de 2018. Máis información: aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 09/04/2018 - 10:40
|
Con motivo do Día Mundial do Pobo Xitano, que se conmemora o 8 de abril, a Fundación Secretariado Xitano e mais Agareso promoveron o vídeo participativo: Das mulleres xitanas para todas as mulleres. Marcando a diferenza. Foi presentado o venres pasado, 6 de abril, no Centro Sociocultural de Fontiñas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 05/04/2018 - 18:56
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 04/04/2018 - 10:31
|
O Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza a súa V Xornada gastronómica e invita a participar a toda a comunidade educativa. Instrucións aquí
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 26/03/2018 - 08:17
|
Tal e como marca o calendario escolar da Xunta de Galicia, volvemos ás clases o martes 3 de abril.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 21/03/2018 - 14:04
|
Do 21 de marzo ao 17 de abril a Biblioteca contará en préstamo coa "Maleta da igualdade" da Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Igualdade. Trátase dun conxunto de 42 obras de diversos xéneros que supoñen un recurso para traballar nas aulas temas como a corresponsabilidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a violencia de xénero, a identidade, a historia das mulleres... Hoxe achegáronse a ela os primeiros grupos de 2º de ESO a través dun xogo de "Caza do tesouro".
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 14/03/2018 - 14:20
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 20/02/2018 - 18:33
|
No BOE do 15/2/18 publícase a Resolución pola que se convocan axudas para participar nos Campus científicos de verán, que se realizarán entre os días 1 e 28 de xullo.
Van destinados a alumnado de 4º ESO (que cursen determinadas materias) e de 1º de Bach. ciencias.
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 15:00 h do día 9 de marzo.
Toda a información en: https://www.campuscientificos.es/
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 20/02/2018 - 14:36
|
No BOE do 15/2/18 publícase a Resolución pola que se convocan axudas para participar nos Campus científicos de verán, que se realizarán entre os días 1 e 28 de xullo.
Van destinados a alumnado de 4º ESO (que cursen determinadas materias) e de 1º de Bach. ciencias.
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 15:00 h do día 9 de marzo.
Toda a información e presentación de solicitudes en: https://www.campuscientificos.es/
|
|
|
|
|
|
|