Novas alumnado

III OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA - Resultados de xaneiro

Recomendación sobre os deberes

Na reunión do pasado 30 de xaneiro, a Comisión de Coordinación Pedagóxica, da que forman parte as persoas responsables das xefaturas dos departamentos didácticos, acordou recomendar ao profesorado non mandar deberes do martes para o mércores.

EXCURSIÓN A ANDORRA

A saída adiántase ás 22.00. Lugar: aparcadoiro fronte ao IES do Milladoiro.

III Olimpíada da Convivencia: resultados do primeiro trimestre

II CONCURSO LITERARIO "A NOSA BIBLIOTECA"

Co motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que terá lugar o martes 30 de xaneiro de 2018, a Biblioteca do IES do Milladoiro organiza o seu II Concurso literario baixo o título "TEXTOS EN PAZ", dirixido a todo o alumnado de ESO e Bacharelato. Bases neste enlace.

III Olimpíada de convivencia: resultados de novembro

7 de decembro, Día do Ensino

Recordamos que a Consellería de Educación estableceu como Día do Ensino para o curso 2017/2018 o 7 de decembro, que polo tanto será día non lectivo (ORDE do 12 de xuño de 2017).

Diploma PROXECTO DE EXCELENCIA para "O Laboratorio do ClimaDoiro" do IES do Milladoiro

O proxecto O Laboratorio do ClimaDoiro, levado a cabo durante o curso 2016/2017 no noso IES e no que participaron 17 profesoras e profesores e alumnado de todos os cursos da ESO, foi recoñecido como PROXECTO DE EXCELENCIA dentro do programa Meteoescolas do plan Proxecta.

Resultados de outubro da III Olimpíada da Convivencia

SIMBOLOXÍAS DAS CORES DA APLICACIÓN ABALARMÓBIL

O enlace permite acceder a un breve documento onde se aclaran as simboloxías de cores utilizadas na aplicación ABALARMÓBIL.

Magosto 2017

MAGOSTO

A ANPA Milla invita á comunidade escolar do IES Milladoiro a participar no MAGOSTO que se celebrará o martes 31 de outubro de 17: 20 a 18:10.

XII Festival de maxia do Concello de Ames

O venres visitou o noso centro o mago Pedro Bugarín e fixo pasar un bo rato ao alumnado de 1º de ESO. Fotos

Primeira xornada de traballo do EPD_Lab con AGARESO

O mércores 25 de outubro tivo lugar a primeira sesión de traballo do grupo de 2ºESO B dentro do proxecto Educación Para o Desenvolvemento_ Laboratorio coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Nesta primeira sesión reflexionaron sobre os estereotipos, os prexuízos e os roles de xénero utilizando as novas tecnoloxías.

Charla: La francophonie. Le Québec

A profesora Véronique Voyer, lectora da EOI de Santiago, dará unha charla sobre La francophonie. Le Québec, o  martes, 24 de outubro, no salón de actos. Acudirá o alumnado de francés de bacharelato, de 12: 30 a 13: 40.  Trátase dunha actividade  organizada polo Departamento de Francés.

Saídas ó teatro co departamento de Lingua Galega

 O martes 24 de outubro o alumnado de 2º ESO acudirá ó Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Bicos con  lingua.

 O mércores 25 será o alumnado de 3º ESO quen terá a oportunidade de aplaudir á compañía Talía Teatro coa obra Pelos na lingua.

Día das bibliotecas no IES Milladoiro

Luns, 23 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.
  • 2º RECREO. Actuacións musicais e entrega de diplomas aos axudantes da biblioteca do pasado curso.
Martes, 24 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.  FOTOS

 

Excursión a Andorra de 4º de ESO e 1º de Bacharelato

Convocamos a unha reunión informativa o martes 24 de outubro ás 18.15 no salón de actos do centro.

Información sobre a viaxe didáctica a Dublín 2017-2018

Recordamos o procedimento para a reserva de praza:

1) Comunicación á  Vicedirección, á profesora Sonia Magariños  ou no correo excursiondublin@gmail.com. Non é necesario ter o pasaporte para facer a reserva de praza.

2) Estes alumnos pasarán a formar parte dunha listaxe de admitidos ata acadar o número de 30 prazas. Os seguintes anotados quedarán en espera.

3) Posteriormente, a profesora daralles aviso aos alumnos admitidos para que poidan efectuar o ingreso de 200 euros na conta da axencia antes do 16 de outubro ás 15.00h. Este diñeiro non é reembolsable. O número de conta será facilitado pola profesora. Non é necesario ter o pasaporte para facer este ingreso para reserva de praza.

4) Debe remitirse copia do ingreso ao correo excursiondublin@gmail.com. No ingreso debe figurar no concepto IES Milladoiro e o nome do alumno/a.

Deixamos o programa da viaxe e unha mostra da unidade didáctica desenvolvida o curso pasado (Diary) nos arquivos adxuntos.

 

 

II Xornada da diversidade: "O acoso escolar"

    A Federación de ANPA Compostela celebrará o 28 de outubro a II Xornada da diversidade, centrada no tema "O acoso escolar". Nela participará unha profesora do noso centro, María López, para explicar o programa TEI e outras medidas de intervención adoptadas no IES do Milladoiro. A xornada está aberta a familias e profesorado. Máis información no arquivo adxunto. Ollo! Nova localización: EGAP

Educación para o desenvolvemento coa Asociación galega de reporteiros solidarios

O venres 29 de setembro tivo lugar no noso centro a primeira reunión do proxecto EPD-Lab 2017/2018. Promovido por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), nel vai participar o IES Milladoiro xunto con outros catro centros galegos.

CALENDARIO DE INICIO DO CURSO 2017/2018

Venres 15 de setembro: presentacións de 1º e 2º de BACHARELATO ás 13.00 h. Non haberá transporte escolar.

Luns 18 de setembro: presentacións da ESO, nos horarios abaixo indicados. Haberá servizo de transporte escolar para chegar ó centro ás 11.30 e para saír do centro ás 13.30.

1º ESO: de 11.30 a 13.30

2º ESO: de 12.00 a 13.30

3º  e 4º ESO: de 12.30 a 13.30

Martes 19 de setembro, inicio das clases no horario habitual: 08.50 - 14.30. Tardes dos martes: 16.30 - 18.10

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18

Pode consultarse AQUÍ a listaxe de libros de texto para o curso 2017-18.

Reunión co alumnado novo no centro e as súas familias

O martes, 5 de setembro, ás 18:00 h terá lugar unha reunión coas familias e o alumnado de 1º ESO no Salón de Actos do centro.

O alumnado novo no centro dos restantes cursos e as súas familias están convocados a outra reunión, o venres 8 de setembro ás 18.00 no Salón de Actos do centro.

30/5/17-INFORMACIÓN FINAL DE CURSO (ENTREGA de NOTAS, RECLAMACIÓNS, MATRÍCULA, DEVOLUCIÓN e SOLICITUDE LIBROS) - xuño e setembro

AMES RADIO: OS SERVIZOS SOCIOCOMUNITARIOS COMO UNHA ALTERNATIVA Á EXPULSIÓN

O pasado 21 de decembro, O IES do Milladoiro asinou un acordo co Concello de Ames, con carácter experimental, para que alumnado con condutas disruptivas realizase traballos para a comunidade en dependencias municipais (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/735). Ames Radio emitiu un programa no que os entrevistados (unha familia e o director do Instituto) fan unha valoración da experiencia.

UN 96,3% DO ALUMNADO DO IES DO MILLADOIRO SUPERA A ABAU

O 96,3% do alumnado presentado á Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) na convocatoria de xuño logra superar a proba. Parabéns a todos/as!

SAN XOÁN 2017 NO MILLADOIRO

Durante esta noite máxica celebrarase un sorteo de regalos organizado por Ventín viaxa a Cantabria e alumnado de 3º ESO do IES do Milladoiro:

INFORMACIÓN SOBRE A FOLGA DE TRANSPORTE

Hedegasa, empresa que presta o servizo de transporte escolar, informa de que hoxe, martes 20 de xuño, o autobús non puido saír facer a ruta por causas relacionadas coa folga. Indican que o servizo tampouco está asegurado para mañá, mércores 21 de xuño.

FOLGA DE TRANSPORTE PARA OS DÍAS 20 E 21 DE XUÑO

No DOG do 19 de xuño publícase a Orde do 16 de xuño de 2017, pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga convocada no sector do transporte e que afectará os martes e mércores de cada semana ata a solución do conflito.

Respecto do que lles afecta aos centros educativos, no apartado b), que alude a Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, dise literamente:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7:30 ata as 10:30 horas e os da saída desde as 13:30 ás 19:00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Distribuir contido