Novas alumnado |
O prazo para a matrícula ordinaria vai do 3 ao 8 de setembro. Os exames terán lugar os días 15,16 e 17 de setembro. |
|||
|
|||
Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2019/2020. Pode presentarse o alumnado que cursase o ano académico 2019/2020 cuarto curso. O prazo de presentación de solicitudes vai do 27 de xullo ao 21 de agosto de 2020. Desde aquí pode accederse a toda a información sobre a convocatoria. |
|||
Convocados os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que rematase os estudos de bacharelato no curso 2019/2020. O prazo de presentación de solicitudes vai do 23 de xullo ao 24 de agosto de 2020. Desde aquí pode accederse a toda a información sobre a convocatoria. |
|||
O noso IES vén de obter o 100% de aprobados na ABAU. PARABÉNS A TODOS E TODAS! |
|||
|
|||
As probas da convocatoria extraordinaria de setembro do curso 2019/20 celebraranse seguindo o calendario que aparece a continuación. No caso de que as circunstancias non permitan a realización presencial das probas, realizaranse a través da aula virtual do centro. |
|||
As bibliotecas dos centros públicos de Ames retomaron o contacto ao longo do mes de maio para preparar a Guía de lecturas recomendadas para o verán 2020, guía que agora pon á disposición das familias a través deste enlace. |
|||
|
|||
A matrícula presencial deberá facela tanto o alumnado novo como o alumnado do centro que xa fixo a prematrícula. Documento de proxenitores, OBRIGATORIO para TODO o alumnado Instrucións sobre recollida do alumnado/información sobre o alumnado DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 1º ESO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 2º ESO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 2º ESO PMAR DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 3º ESO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 3º ESO PMAR DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 4º ESO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 1º BACHARELATO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 2º BACHARELATO
Enlace a información sobre o transporte escolar |
|||
Dende aquí pode accederse ao calendario de final de curso 2019-2020 para 2º de Bacharelato. O calendario foi actualizado segundo as últimas instrucións. |
|||
|
|||
Dende hoxe, 15 de maio, xa se recolle na web da CIUG toda a información sobre a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020. |
|||
A partir do luns 11 de maio o centro volve abrir. O horario de atención ao público será de 10h. a 13.30 h. De xeito ordinario o contacto entre o persoal do centro educativo e a cidadanía será a través do teléfono e do correo electrónico. De ser preciso achegarse ao centro para calquera xestión será necesario solicitar cita con anterioridade. Durante a estancia no centro haberá que respectar unha distancia mínima de polo menos dous metros, tanto nos accesos coma nos espazos de atención ao público. Así mesmo, será preciso extremar as medidas de hixiene respiratoria (ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado e evitarase tocar os ollos, o nariz ou a boca); de ser posible portarase máscara e en caso de ter que asinar algún documento é preferible que traian o seu propio bolígrafo. Non será posible acceder ás aulas para recoller ningún tipo de material. |
|||
No día de hoxe, 6 de maio, publícase no DOG a Resolución do 5 de maio de 2020 na que se recolle o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso, quedando os prazos como se reflicte a continuación:
|
|||
No DOG de hoxe, 6 de maio, recóllese a Resolución do 28 de abril de 2020 (que modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020) pola que se ditan as instrucións para a realización da ABAU dentro do curso 2019-20 no que se refire ás características e deseño das probas. Neste enlace pode accerse a toda a información. |
|||
O 13 de maio a Univesidade de Vigo celebrará unha Xornada de Orientación Universitaria Virtual e o día 14 unha Xornada de Portas Abertas Virtual, onde se poderá contactar co profesorado das distintas titulacións. |
|||
O mércores, 29 de abril, celebrouse unha reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica na que se chegou aos seguintes acordos en relación aos Criterios de avaliación e cualificación: 1. Alumnado coas dúas primeiras avaliacións aprobadas: NOTA MEDIA DA 1ª E DA 2ª AVALIACIÓN + Traballos de reforzo ou ampliación realizados no terceiro trimestre, se os houbera, PARA SUBIR NOTA. 2. Alumnado con algunha avaliación suspensa: O profesorado proporá as probas e/ou traballos necesarios para recuperar a materia. Unha vez avaliada e cualificada, aplicarase a fórmula anterior. NOTA MEDIA DA 1ª E DA 2ª AVALIACIÓN (NO SEU CASO, DA RECUPERACIÓN) + Traballos de reforzo ou ampliación realizados no terceiro trimestre, se os houbera, PARA SUBIR NOTA. Desde este enlace pode accederse ás Instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre. |
|||
A CiUG publicou os novos modelos de exame para as ABAU 2020, aos que se pode acceder desde aquí. |
|||
Hoxe, 23 de abril, e tamén mañá a UDC (Universidade da Coruña) pon en marcha unhas xornadas de portas abertas virtuais nas que os visitantes (futuros estudantes e as súas familias) poderán coñecer esta Universidade (titulacións,residencias públicas, asociacións estudiantís...) e interactuar cos responsables das titulacións. Neste enlace podedes acceder a toda a información sobre as xornadas; tamén na aplicación móbil UDC.gal para Android e para IOS. |
|||
O vindeiro mércores, día 22 de abril, a ANPA tiña organizada unha charla sobre a ABAU para as familias, pero como consecuencia da alerta sanitaria a Oficina de Información Universitaria (OiU) da USC viuse obrigada a suspender a súa actividade presencial. Desde esta oficina veñen de comunicar que seguen á disposición da sociedade a través do correo electrónico oiu@usc.es e tamén que contan cun servizo de chat/videoconferencia os mércores de 10 a 14h. e de 16 a 19h. Pode accederse ao servizo de videoconferencia a través da páxina web da OiU ou directamente desde aquí. |
|||
O noso IES vén participando desde hai anos no certame Enreguéifate que organiza o concello de Ames en colaboración con outros municipios. Este ano o proxecto segue adiante, aínda que a través da rede. O prazo de inscrición no concurso está aberto ata o 29 de maio; trátase de pór en práctica a arte da regueifa: a improvisación oral en verso e en galego. No blog O Millafaladoiro atoparedes toda a información ao respecto. |
|||
Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Mentres dure a situación derivada da pandemia por Covid-19, será posible presentar unha reclamación á listaxe provisional a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal, con independencia de que con posterioridade se estableza o período de reclamación presencial nos centros de inscrición. Neste enlace pode accederse a toda a información ao respecto: como realizar unha reclamación, calendario actualizado das probas,etc. |
|||
A conselleira de Educación, Universidades e Formación Profesional reuniuse onte, día 6 de abril, con membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) para fixar as datas da convocatoria extraordinaria da ABAU, que finalmente terá lugar os días 15, 16 e 17 de setembro. Neste enlace pode accederse á toda a información ao respecto. |
|||
A consellería de Educación e a CIUG acordaron as datas para a celebración da convocatoria ordinaria da ABAU: 7, 8 e 9 de xullo. Déixase para máis adiante a fixación das datas da convocatoria extraordinaria, en todo caso será antes do 10 de setembro. A través deste enlace accédese ao portal da Consellería, con toda a información da que se dispón ata o momento. |
|||
A partir de hoxe, 31 de marzo, e ata o 2 de abril celebraranse vía telemática as xuntas de avaliación dos grupos de ESO e de 1º de bacharelato. Avaliaranse unicamente os contidos traballados durante as clases presenciais realizadas ata o 12 de marzo pois a asistencia ao centro o día 13 foi opcional para o alumnado. As notas comunicaranse o venres 3 a partir das 12 h. a través da aplicación abalarMóbil (desde aquí pode accederse a un manual no que se explica como descargala no caso de que algunha familia non o fixera aínda). Despois do período vacacional de Semana Santa dará comezo a terceira avaliación, na que, cando menos no seu inicio, se continuará a traballar de forma telemática. |
|||
No día de hoxe, 25 de marzo, na Conferencia Sectorial de Educación acordouse de forma xeneralizada manter o calendario escolar. Na xuntanza consensuouse o aprazamento da ABAU, que na convocatoria ordinaria se situará entre o 22 de xuño e o 10 de xullo e na extraordinaria antes do 10 de setembro. Desde aquí pode accederse a toda a información que actualmente hai respecto a este tema. Así mesmo, acordouse no Congreso a prórroga do estado de alarma ata o 24 de maio. Ata entón continuaremos atendendo ao alumnado e ás familias por vía telemática. |
|||
Igaxes, ONG coa que o centro vén traballando estreitamente, abre un canal de atención a familias para dar resposta ás posibles consecuencias que este estado de emerxencia poida estar provocando no ambiente familiar ou no benestar da mocidade e na súa saúde emocional. Desde Igaxes séguese prestando apoio vía telefónica e telemática aos mozos e mozas que forman parte dos seus programas. Agora poñen en marcha un canal de atención aberto a todas as familias con fillos e fillas (sexa cal sexa a súa idade) durante a emerxencia. Desde aquí pode accederse ao contacto. Do mesmo xeito, ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia) mentres dure o estado de alarma pon en marcha un Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas e nenos de 0 a 11 anos cuxo obxectivo é dar apoio emocional e orientación psicolóxica, social e educativa a aqueles menores, e aos seus coidadores, que se atopen en dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do COVID-19. Desde aquí pode accederse á súa web con todos os datos de contacto.
|
|||
En cumprimento do RD463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o instituto estará pechado. O profesorado está a traballar desde o seu domicilio e utilizando medios telemáticos para comunicarse. O alumnado consultará a páxina web do IES nas seccións destinadas aos distintos departamentos didácticos e a Aula virtual, onde poderá atopar as tarefas para realizar durante este período. Empregarase tamén abalarMóbil para manter un contacto fluído coas familias. O teléfono de contacto do centro para urxencias é o 717 701 075 de 10:00 a 13:00 h. |
|||
O presidente da Xunta de Galicia comunicou a súa decisión de pechar os centros educativos de Galicia desde o vindeiro luns, 16 de marzo, con carácter oficial, e de xeito recomendado desde mañá venres, 13 de marzo ata o 24 de maio. Suspéndense, polo tanto, a actividade lectiva presencial e as actividades complementarias e extraescolares. Polo momento, non dispoñemos de máis información; non obstante daremos cumprido aviso de calquera novidade. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »