A biblioteca a pleno rendemento

Podedes solicitar documentos en préstamo, comprobar as novidades adquiridas, as exposicións... Por desgraza, non poderemos celebrar outro Día da Biblioteca ata o 24 de outubro do vindeiro ano, nin comprobar se foron as formigas as que remataron os dóces...

A biblioteca instalou un punto de lectura para pais e nais ao carón de Dirección. Se algún pai desexa levar en préstamo un deses libros, só ten que achegarse á biblioteca: o profesor de garda apuntarao no carné lector do seu fillo. Terá un prazo de devolución de 15 días. Esperamos que este servizo vos sexa útil.

Foto biblio pais.jpg

Seccións Bilingües MGB

Segundo a resolución do DOG de 11 de novembro do 2009, o MGB foi autorizado neste curso 2009/2010 para participar no plan de seccións bilingües nas materias seguintes:

 Materia  Idioma  Curso
Filosofía e Cidadanía  Francés  1º Bach
Historia do Mundo Contemporáneo  Francés  1º Bach
Educación Física  Inglés  3º ESO
Matemáticas  Inglés  3º ESO
Física e Química  Inglés  3º ESO
Tecnoloxía  Inglés  3º ESO

 

Concurso de traslados secundaria

Orde do 6 de novembro do 2009 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, entre outros.

Concurso traslados profesores de relixión

Orde do 6 de novembro de 2009 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de relixión.

Seccións bilingües

Resolución pola que se fai pública a nova relación de centros autorizados no curso 2009-2010 para participar no Plan de seccións bilingües.

Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria

Con data de 9 de novembro de 2009 remitiuse á Dirección Xeral de Educación a documentación relativa aos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria, na modalidade de rendemento académico, dos seguintes alumnos do MGB:

  • Carbajales Neira, Cristian
  • De la Calle Cuevas, Manuel
  • Mato Búa, Rocío
  • Rodríguez Castro, Marta
  • Vilar Rebolo, Helena

Formulario de Preinscrición Roma 2010

Todos aqueles alumnos de 1º e 2º de Bacharelato que queiran participar na viaxe a Roma, deberán cubrir o seguinte formulario de preinscrición.

Excursión á neve 2010: reunión informativa

Todo o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato interesado en participar na excursión á neve deste curso, deberá asisitir a unha reunión informativa que se celebrará o vindeiro mércores 11 de novembro en Usos Múltiples no primeiro recreo.

Magosto e I campionato de xogos tradicionais MGB

O vindeiro xoves 12, ás dúas últimas horas de clase, celebraremos o tradicional Magosto no noso centro. Coma todos os anos, é indispensable que o alumnado traia castañas (picadas ou cortadas). Como novidade este ano celebraremos o I Campionato de Xogos Tradicionais (os alumnos e alumnas deben inscribirse previamente na Conserxería) de carreiras de zancos, de aros e tiro da corda.
cartel_magosto_09.png

Viaxe a Italia 2010: reunión informativa

Convocamos a tódolos alumnos interesados de 1º e de 2º de Bacharelato a unha reunión informativa para tratar da viaxe a Roma 2010, o vindeiro luns 9 de novembro no 2º recreo na sala de usos múltiples.

 Fotografía de Rafael Jiménez.

127567845_a1839b653d.jpg

Rutas literarias

Orde do 23 de outubro de 2009 pola que se convocan axudas para a realización de rutas literarias durante o ano 2010.

Observatorio de Convivencia

O martes 3 de novembro de 2009, ás 19 horas, tivo lugar a reunión do Observatorio de Convivencia do centro.

Mundo Salvaxe MGB

Mundo Salvaxe MGB, este é o título que recibe a nova colección da nosa páxina en Flickr. Alí tedes á vosa disposición uns fantásticos álbumes de fauna galega creados por Miguel Bugallo, con títulos como Arañas, Chinches, Escaravellos, Formigas, Insectos, Larvas, Lepidópteros, Miriápodos e Saltóns.

Aquí vai unha mostra, un exemplar de Segestria florentina:

 

 

"Dairas" na TVG

Este é o resultado da visita da TVG ao MGB, emitido o sábado 31 de outubro.

 

Nace un novo blog no Planeta MGB: "Dairas"

Hoxe, co motivo da visita da TVG ao MGB para interesarse polo novo proxecto do Taller de Creación Artística, "Dairas", aproveitamos para dar a coñecer á Comunidade Educativa o nacemento dun novo blog dentro do Planeta MGB.

O seu enderezo http://dairasmgb.blogspot.com, e estas as súas intencións:

"Dairas" pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencias das guerras, das disputas do territorio.... Miles de nenos viven ao limite cada día coa esperanza de poder cambiar o seu destino. Este traballo debe ser quen de transmitirnos a crúa realidade de un campamento de refuxiados, guiados por unha personaxe principal, Ahmed, coa ilusión e convencemento de que é posible unha situación mellor. As ferramentas a utilizar son a fotografía, modelado de plastilina, música...ero o máis importante, a mellor ferramenta coa que contaremos, será o factor humano, a ilusión e dedicación dos nosos alumnos e alumnas.

pd: estade atent@s a TVG na fin de semana, de 12 a 14 horas, o sábado ou o domingo saímos na tele!!  

 

Distribuir contido