Taller de Creación Artística
Curtametraxe feita polo noso alumnado na materia de Proxecto Competencial
Enviado por admin o 1 Febreiro, 2024 - 20:58Móstrase neste vídeo a proposta artística elaborada por un alumno de cuarto da ESO do noso centro, Iago Durán, dentro da campaña sobre contaminación acústica levada a cabo na materia de proxecto competencial.
Mural "grafiteado" no noso instituto.
Enviado por XefeEstudos o 23 Xuño, 2023 - 10:45Os alumnos Manuel Míguez Sangiao e Luca Nehuén Barreiro Infanzón deseñaron e pintaron, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, un mural no muro interior do IES para poñer en valor a figura de Don Manuel García Barros. O noso agradecemento polo fantástico traballo realizado, conseguindo así realzar a figura do gran escritor que da nome ao noso centro.
Festa das Palabras, xuño do 2023
Enviado por XefeEstudos o 7 Xuño, 2023 - 23:01O martes, 6 de xuño, celebrouse noTeatro Principal da Estrada a X edición da Festa das Palabras. Neste acto, o alumnado gañador do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos recibiu os exemplares que recompilan os seus textos. Exerceu de madriña a escritora Charo Goldar, que puxo en valor os traballos dos rapaces e rapazas e fixo fincapé na importancia de empregar a nosa lingua para "crear unha obra única”.
O alumnado de Artes visita a Galería Dispara de A Estrada
Enviado por XefeEstudos o 28 Abril, 2023 - 22:21O pasado mércores 26 de abril o alumnado de Artes visitou este espazo que integra estudo, galería e librería especializada en fotografía. Da man do fotógrafo Tono Arias, fixeron prácticas con cámara de placas e descubriron algúns dos fotolibros máis interesantes e únicos que poden atoparse na librería.
Exposición “7 carteis inspirados por Saul Bass” nos Minicines Central de A Estrada.
Enviado por XefeEstudos o 28 Abril, 2023 - 09:18O alumnado de segundo de bacharelato de Artes convídavos á inauguración da súa exposición de carteis de cinema inspirados na obra de Saul Bass. Será este sábado 29 ás 12h nos Minicines Central. Os carteis estiveron expostos na cafetería do Centro ata este venres. Podedes consultar a nova publicada hoxe en Faro de Vigo.
Viaxe do grupo de Artes á Coruña
Enviado por XefeEstudos o 31 Marzo, 2023 - 21:32- Coñecer de primeira man a Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Picasso, cunha visita guiada pola escola, a ver os obradoiros, equipamento e posibilidade de estudos que se poden cursar nela.
- Visita a unha exposición relevante do momento: a exposición MEISEL93, dedicada á fotografía. Organizada tendo en conta o ano 1993 no que o autor Steven Meisel fixo até 28 portadas de Vogue. Coñeceron nunha visita guiada a un dos grandes autores da fotografía de moda de todos os tempos.
- Visita a unha exposición con obras de Pablo Picasso no museo de Belas Artes da cidade.
Viaxe a Santiago EASD Mestre Mateo, Expos IMAXINARIA e Sempre Máis
Enviado por XefeEstudos o 8 Febreiro, 2023 - 23:01O Martes 7 de Febreiro, o alumnado de Artes do IES participou en Santiago nas seguintes actividades:
- Visita guiada á Escola de Artes e Deseño Mestre Mateo.
- Visita a dúas exposicións que había na cidade: a primeira foi a Exposición "Imaxinaria" IV Mostra internacional de Ilustración Contemporánea na sede de ABANCA na rúa do Vilar, e a seguinte a de Sempre Máis co gallo do 20 aniversario do afundimento do Prestige.
Trailer da curtametraxe de animación " El Gran Corelli " realizada polo exalumno Abel Carbajal.
Enviado por admin o 14 Xuño, 2019 - 15:16No enlace podedes ver o trailer da curtametraxe de animación " El Gran Corelli " realizada polo exalumno Abel Carbajal como guionista orixinal e como director. Parabéns e sorte!
O ex-alumno Abel Carbajal ficha polo estudio de animación Laika
Enviado por admin o 11 Abril, 2019 - 08:00Gravación dun disco “JAZZ ONE NINE”
Enviado por Secret. o 23 Abril, 2014 - 09:24Alumnos/as do bacharelato artístico musical do IES García Barros están a gravar un disco como proxecto final de estudios. Será o primeiro traballo discográfico levado a cabo nun centro escolar galego baseado en estándares de jazz. Este traballo, dirixido polo seu profesor Miguel Carbajal, será presentado a finais do mes de maio no museo do Mome da Estrada. Colabora cos gastos de gravación a Concellería de Cultura do Concello da Estrada.
Se desexas máis información prema aquí, tamén en El Correo Gallego e en La voz de Galicia.
Pedigree na prensa
Enviado por Secret. o 2 Xullo, 2013 - 08:30Tanto o Faro de Vigo coma a Revista dixital Catrogatos publican artigos sobre a recollida do premio do público que se otorgou a Pedigree no "Festival de Cine Jove de Valencia".
Dous novos Premios para "Pedigree"
Enviado por Secret. o 17 Xuño, 2013 - 11:17"Pedigree" gañador do Premio ao Mellor Audiovisual de Fición na sección de Bacharelato e gañador do Premio do Público no III Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco. A entrega dos recoñecementos tivo lugar no Auditorio Municipal de Cangas o pasado venres. Parabens
"Pedigree": terceiro premio do concurso "Filmar para cambiar"
Enviado por Secret. o 27 Maio, 2013 - 08:59A curta Pedigree do Taller de Creación Artística do noso centro acada o terceiro premio no Concurso "Filmar para cambiar". Ver diploma e enlaces a noticias publicadas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.
Pedigree seleccionado para concursar en dous certames
Enviado por Secret. o 15 Maio, 2013 - 09:57A curtametraxe "Pedigree" do Taller de Creación Artística do centro foi seleccionada para participar na sección oficial de dous certames cinematográficos:
-"Filmar para cambiar" en Santiago, (proxectarase o 22 de maio as 22:00 h)
-"Cinema Jove de Valencia", certame que ten lugar entre o 22 e o 24 de xuño dentro do "Encuentro Audiovisual de Jóvenes del 28 Festival Internacional de Cine de Valencia-Cinema Jove".
Noraboa outra vez.
Presentación da obra Pedigree (libro e DVD) no Mome
Enviado por Secret. o 10 Maio, 2013 - 11:10O pasado dia 2 de Maio tivo lugar a presentación da obra Pedigree (libro+DVD) no Mome da Estrada. Editáronse 1000 exemplares cuxa venda íntegra irá para a Cruz Vermella da Estrada polo seu labor solidario. Cada exemplar venderase por 10 euros e a distribución será polo propio IES Manuel García Barros e tamén se poderán mercar en calquera das librarías da Estrada. Ver noticia no Faro de Vigo.