Profesional

Mural "grafiteado" no noso instituto.

   Os alumnos Manuel Míguez Sangiao e Luca Nehuén Barreiro Infanzón deseñaron e pintaron, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, un mural no muro interior do IES para poñer en valor a figura de Don Manuel García Barros. O noso agradecemento polo fantástico traballo realizado, conseguindo así realzar a figura do gran escritor que da nome ao noso centro.

OBRADOIRO RCP con alumnado de 1ºESO

   O Venres 26 de maio o alumnado de 1ºESO acudíu ao recinto feiral durante dúas horas da mañá para participar nun obradoiro RCP, organizado polo concello da Estrada, o centro de saúde, emerxencias a Estrada e en colaboración co 061. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dunha intervención comunitaria que forma parte do plan local de saúde.

   O noso agradecemento ao persoal sanitario e de emerxencias que adicou este tempo a mostrarlle de forma práctica ao alumnado a importancia de coñecer estas técnicas de reanimación, moi necesarias ante situacións que poden xurdir en calquera momento da nosa vida cotiá.

Charla da ABAU 2023

Logo da charla impartida polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2023, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Distribuir contido