Inglés
Programacións didácticas do Departamento de Lingua Inglesa para o curso 2023-2024
Programacións didácticas por cursos
1º ESO | Lingua estranxeira: L. inglesa | |
2º ESO | Lingua estranxeira: L. inglesa | |
3º ESO | Lingua estranxeira: L. inglesa | |
4º ESO | Lingua estranxeira: L. inglesa | |
1º BACH | Lingua estranxeira I: L. inglesa I | |
2º BACH | Lingua estranxeira II: Lingua inglesa II |
Our handmade books
Enviado por admin o 21 Febreiro, 2019 - 13:41Un curso máis, o alumnado de 2º ESO elaborou os seus propios libros de Inglés. Están na Biblioteca... Have a look!
Mini-Saga Contest II
Enviado por admin o 8 Maio, 2018 - 08:32O departamento de Inglés xa ten os gañadores do Mini-Sagas Contest II, son os seguintes:
Entrega de premios da II Mini Saga Contest
Enviado por BiblioMGB o 23 Abril, 2018 - 10:29Hoxe, no 2º recreo, terá lugar na MeGaBiblio a entrega de premios da segunda edición da Mini-Saba Contest, organizada polo Departamento de Inglés.
Mostra de traballos
Enviado por Vicedirec. o 16 Marzo, 2018 - 10:43Mostra de traballos realizados polo alumnado de 2º ESO na materia de Inglés. Podedes visitala na Biblioteca.
Have a look!
Minisagas
Enviado por admin o 24 Abril, 2017 - 22:20Co gallo da celebración do día do libro no centro, o departamento de inglés aproveitou a ocasión para facer entrega dos premios do concurso de Minisagas.
Noraboa aos gañadores e grazas a todos os participantes e ao xurado de profesores colaboradores dos outros departamentos.
Podes ler as historias gañadoras picando AQUI.
I mini-saga COMPETITION
Enviado por admin o 23 Febreiro, 2017 - 09:09O departamento de inglés rétavos a escribir un microrrelato en exactamente 50 palabras. Tendes ata o 24 de marzo para deixar as vosas historias en conserxería baixo un pseudónimo que logo revelaremos en caso de quedardes finalistas. Collede un sobre en conserxería e deixade os vosos datos (nome, apelidos e curso) co pseudónimo escrito por fóra.
Os distintos premios repartiranse por categorías:
-
1º/2º ESO
-
3º/4º ESO
-
1º/2º BACH.
Para máis información, preguntade ós vosos profes de inglés.
KEEP CALM & WRITE SOMETHING!
Contos populares da tradición oral en inglés e galego
Enviado por admin o 3 Febreiro, 2017 - 10:12Hoxe os alumnos de 1º de Bacharelato e 4º da ESO tiveron o pracer de coñecer a Charo Pita, narradora galega profesional e escritora e a Sophie Heydel, actriz londinense afincada en Barcelona con ampla experiencia narrando historias por centros educativos da península. Foron invitadas polo departamento de inglés, en colaboración coa ANPA, para que nos animaran as primeiras sesións da mañá con contos populares da tradición oral en inglés e galego.
Exposición de traballos na Biblioteca
Enviado por Vicedirec. o 31 Xaneiro, 2017 - 10:48A partir de hoxe martes 31 de xaneiro teremos exposta na biblioteca do centro unha mostra de traballos de vocabulario de inglés feitos polos nosos alumnos de 2º de ESO baixo a supervisión da profesora Mª Angel Carballo.
Funny English Time
Enviado por Vicedirec. o 2 Febreiro, 2016 - 12:17O alumnado de 2º de ESO elaborou na clase de Inglés unha serie de cadernos de vocabulario. Unha selección deles está exposta dende onte na nosa Biblioteca. Animádevos a visitala!
"Our books"
Enviado por Vicedirec. o 8 Maio, 2012 - 13:14"Our Books" é unha exposición de libros feitos polos alumn@s de 1º ESO, na que fan un percorrido polo vocabulario básico do curso, ilustrado con debuxos, fotos... Un traballo realizado na materia de inglés; pódese visitar na biblioteca do centro.