Secretaría, Certificados alumnos, Matrícula, Libros de texto
SOLICITUDES DE CERTIFICADOS DO ALUMNADO
A secretaría do MGB recolle as solicitudes enviadas dende a web para as seguintes certificacións:
- CELGA (Certificación acreditativa do nivel de coñecemento da Lingua Galega)
- CERTIFICADO DE ESTUDOS realizados no MGB.
Pulse no enlace "Go to form" que figura abaixo
Unha vez dentro do formulario cubra os campos correspondentes cos datos requiridos e prema no botón enviar.
Durante o curso escolar poderá recoller o seu certificado na secretaría do centro ao día seguinte de facer a súa petición. Se lle vale o envío por correo electrónico fagao constar e poña o seu e-mail no campo correspondente, se non lle vale, deixe o campo baleiro e recollao na oficina de 9 a 13:30 h.
Entrega de libros da ANPA, martes 17 de setembro
Enviado por admin o 13 Septembro, 2024 - 16:12A ANPA entregará os libros de Bacharelato o vindeiro martes 17 de setembro durante os dous recreos e pola tarde de 16:15 a 17:30 h na aula polivalente na planta baixa (o curso pasado atención a familias)
Matrícula para o curso 2024-2025
Enviado por Secret. o 20 Xuño, 2024 - 12:43A matrícula para o curso 2024-2025 realizarase, con cita previa no 886 152 100, por cursos, segundo o seguinte calendario:
Curso | Data de matrícula | Impreso de matrícula |
1º ESO |
28 de Xuño | |
4º ESO | 1 de Xullo | Impreso 4º ESO - Impreso 4º PDC |
1º Bacharelato | 2 de Xullo | |
2º Bacharelato |
3 de Xullo |
2º Ciencias - 2º Humanidades - 2º Artes - 2º Xeral |
3º ESO | 4 de Xullo | |
2º ESO | 8 de Xullo |
As solicitudes deben presentarse na secretaría (oficina)
O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi", Foxo e Cabada Vázquez, ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.
O alumnado no momento da matricula presentará:
- 2 copias do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán, cubertas e asinadas, na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
- Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte dianteira e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:
- 1 Foto tamaño carné co nome completo do/a alumna/a escrito pola parte traseira.
- 1 copia do DNI ou NIE (se non se entregou anteriormente no centro)
- Autorización actividades.
- Autorización emprego da imaxe.
- Autorización recollida.
- Información e consentimento TIC. (só o alumnado novo no centro)
- Cláusula informativa protección de datos.
- Xustificante de pago do seguro escolar. Importe: 1,12.-€. (O seguro escolar so é para alumnado de 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato). O pago é obrigatorioe realizarase na conserxería do centro antes de entregar a documentación da matrícula na secretaría. Só se admitirá o importe exacto, non se devolverá cambio.
- Impreso ANPA (Este impreso só o entregaran as familias interesadas en facerse socios da ANPA)
Devolución libros ANPA - Bacharelato
Enviado por admin o 18 Xuño, 2024 - 20:50O alumnnado beneficiario do préstamos de libros da ANPA o curso 2023-2024, agás aquel que se presente á convocatoria de xullo das ABAU, debe devolver todos os libros.
Para a recollida dos exemplares estarán no centro representantes da ANPA o día fixado para a matrícula de 2º de Bacharelato (a data publicarase na web nos próximos días).
Recordamos que a devolución dos libros é un requisito para poder beneficiarse do préstamo o vindeiro curso.
Recollida de títulos oficiais de Bacharelato e ESO
Enviado por Secret. o 25 Abril, 2024 - 12:13Xa están dispoñibles os títulos de Bacharelato ou ESO do alumnado que rematou os seus estudos no ano 2022. Todo alumnado que finalizou os estudos neste ano ou nos anteriores deberá pasar pola Secretaría do centro para recoller o seu título se aínda non o recolleu.
** Nota (Se acabaches a ESO noutro Instituto deberás pasar a recoller o título nese centro)
Admisión de alumnado novo no centro para o curso 2024-2025
Enviado por Secret. o 25 Abril, 2024 - 08:46Comunícase ás familias que fixeron solicitudes de admisión de alumnado novo no centro para o curso 2024-25 dentro do prazo habilitado, que todos/as están admitidos/as e xa teñen adxudicada a praza.
O próximo paso será facer a matrícula no prazo que se indique no calendario que se publicará a finais de xuño nesta páxina web e entregar a documentación que se lle solicite.
Teñan en conta que as solicitudes de axudas para libros de texto na ESO terán que entregalas xa neste centro dentro do prazo que sinale a convocatoria que aínda non se publicou e que adoita acabar antes de facer a matrícula.
Así mesmo o alumnado que veña para bacharelato deberá ter en conta que a convocatoria de becas MEC para o curso que ven remata o 10 de maio. (Información na nósa páxina web máis abaixo).
Probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado
Enviado por admin o 7 Marzo, 2024 - 11:13A Consellería de Educación publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que curso ensinanzas de ESO e Bacharelato en Galicia no curso 2023/2024.
Alumnado que cursa 4º da ESO:
-
Co graduado da ESO recibirá o certificado que acretide o nivel de iniciación.
-
Poderá acreditar o nivel intermedio a través dunha proba específica que se celebrará no mes de maio no propio centro.
Alumnado que cursa 2º de Bacharelato:
-
Co titulo de bacharelato acreditará as áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio
-
Poderá presentarse a unha proba específica para acreditar a área 4 do nivel intermedio, que se celebrará no mes abril no propio instituto.
Para solicitar participar nas probas, o alumnado interesado deberá presentar na secretaria do centro o anexo IV debidamente cuberto, con data: venres, 15 de marzo de 2024.
Máis información do Marco Galego de Competencias Dixitais nesta ligazón.
Admisión de alumnado para o curso 2024-2025
Enviado por Secret. o 28 Febreiro, 2024 - 09:25Quen ten que presentar a solicitude de admisión?
Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros, excepto os que veñan do CEIP Pérez Viondi, CEIP do Foxo ou CEIP Cabada Vázquez e fixeran a reserva de praza no seu momento.
O alumnado dos CEIP nomeados anteriormente, ao estaren adscritos ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.
Cal é o prazo de presentación?
Do 1 ao 20 de marzo ambos incluídos.
Que deberán presentar na secretaría do centro?
- A solicitude cuberta e asinada, dispoñible no centro educativo e nas seguintes ligazóns:
- Modelo de solicitude (anexo II).
- Na aplicación admision alumnado, onde se pode cubrir online ou descargar e encher manualmente.
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a
- Copia do libro de familia ou documento que acredite o nº de membros da familia
- Se é o caso, copia da sentencia de separación ou divorcio
Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:
- Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos o 25 de abril.
- O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
- Publicarase a listaxe definitiva de admitidos o 15 de maio.
Prazo de formalización da matrícula ordinaria:
Do 23 de xuño ao 7 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).
Convocatoria de bolsas de estudos (becas) para o curso 2024-2025
Enviado por Secret. o 27 Marzo, 2023 - 12:07Está xa aberta a convocatoria do Ministerio de Educación. Só pode solicitala o alumnado que para o curso 2024-25, vaia cursar bacharelato, un ciclo formativo ou unha carreira universitaria. (É dicir, o alumnado que agora mesmo está cursando 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato).
Atento/a, porque o prazo para solicitar bolsas de estudos (becas) para o curso 2024-2025 é do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.
Debes solicitar a túa beca dentro deste prazo, aínda que non sepas qué vas a estudar, ou incluso se non sabes con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables e máis adiante poderás cambialos.
Toda a tramitación tense que facer obrigatoriamente online na sede electrónica do Ministerio de Educación,
(no centro non hai que facer nada)
Tes toda a información necesaria neste enlace.
Admisión de alumnado para o curso 2022-2023
Enviado por Secret. o 25 Abril, 2022 - 12:41Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión, dentro do prazo establecido, está admitido no centro para o curso 2022-2023.
As solicitudes fóra de prazo están á espera da resolución por parte da Inspección Educativa.
* O alumnado que veña para 1º de bacharelato debe ter en conta o prazo excepcional este ano (só ata o 12 de maio) para a solicitude de bolsa (beca) para o curso que ven. Se non foron informados no seu centro actual consulten a noticia publicada un pouco máis abaixo nesta web.
Distribución de máscaras entre o alumnado da ESO
Enviado por admin o 15 Novembro, 2021 - 21:47A Consellería publicou a Orde pola que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado da ESO no curso 2021-2022 (código de procedemento ED330E).
O prazo de solicitude será do 15 ao 26 de novembro de 2021 (ambos inclusive).
- Non ten que presentar solicitude e terá dereito ao reparto de máscaras todo o alumnado beneficiario do Vale de Axuda de Material Escolar no presente curso.
- Poderá presentar a solicitude o alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias pero:
- Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (A renda que se ten en conta é a do ano 2019).
- Alumnado matriculado en Educación Especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.
A solicitude deberá presentarse na secretaría do centro mediante os Anexos I e II da convocatoria xunto coa copia do libro de familia onde figure o alumno e o resto de membros da familia. No caso de separación ou divorcio deberá achegar copia da sentencia.
Matrícula de setembro para o curso 2021-2022
Enviado por admin o 22 Xuño, 2021 - 01:13A matrícula extraordinaria para o curso 2021-2022 realizárase día 6 de setembro, con cita previa, por cursos segundo o seguinte horario:
Curso | hora de matricula | Impreso de matricula |
2º Bacharelato |
9:00h a 10:30h |
Impreso 2º Bac-Artes / Impreso 2º Bac-Ciencias ou Humanidades |
1º Bacharelato |
10:30h a 12:00h |
Impreso 1º Bac-Artes / Impreso 1º Bac-Ciencias ou Humanidades |
4º ESO | 12:00h a 13:00h | |
3º ESO | 16:30h a 17:30h | |
2º ESO |
17:30h a 18:30h |
|
1º ESO |
17:30h a 18:30h |
As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga. Para poder cumprir co distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, será preciso solicitar cita previa no teléfono 986590104.
O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi" ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.
O alumnado no momento da matricula presentará:
- Dúas copias cubertas e asinadas do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
- Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte dianteira e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:
- 1 Foto tamaño carné co nome completo do/a alumna/a escrito pola parte traseira.
- 1 copia do DNI (se non se entregou anteriormente no centro)
- Autorización actividades.
- Autorización emprego da imaxe.
- Autorización recollida.
- Información e consentimento TIC. (só o alumnado novo no centro)
- Clausula informativa protección de datos.
- Xustificante de pago do seguro escolar. Importe: 1,12.-€. (O seguro escolar so é para alumnado de 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato). O pago é obrigatorio e realizarase na conserxería do centro antes de proceder a entregar a documentación da matrícula na secretaria. Só se admitirá o importe exacto, non se devolverá cambio.
- Solicitude CUALE 2021-2022 (para o alumnado de Bacharelato, só no caso de estar interesado)
- Impreso ANPA (só as familias interesadas en facerse socios da ANPA)
Os impresos deberán descargarse das ligazóns sinaladas en azul. O sobre blanco deberá mercarse.
As dúbidas sobre as materias ou itinerarios serán atendidas nos seguintes enderezos:
- pilmeijome@iesgarciabarros.org (orientadora)
- direccion@iesgarciabarros.org (directora)
AVISO para a recollida de Títulos de Bacharelato ou ESO
Enviado por Secret. o 7 Maio, 2021 - 11:16Todo o alumnado que rematou os estudos de ESO ou Bacharelato no noso centro no ano 2019 ou anteriores debe pasar pola Secretaría do Instituto en horario de 9 a 13:30 h. a recoller os títulos que lle correspondan.
Rógase que difundan esta mensaxe entre todo o alumnado interesado para evitar a acumulación de títulos sen recoller no centro.
Admisión alumnado para o curso 2021-2022
Enviado por Secret. o 15 Abril, 2021 - 10:20Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión dentro do prazo establecido está admitido para o vindeiro curso.
O alumnado que fixo a solicitude fóra de prazo deberá esperar á resolución da Inspección educativa para saber se está admitido ou non.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »