Matrícula de setembro para o curso 2021-2022

A matrícula extraordinaria para o curso 2021-2022 realizárase día 6 de setembro, con cita previa, por cursos segundo o seguinte horario:

Curso  hora de matricula Impreso de matricula

2º Bacharelato

9:00h a 10:30h

Impreso 2º Bac-Artes / Impreso 2º Bac-Ciencias ou Humanidades

1º Bacharelato

10:30h a 12:00h

Impreso 1º Bac-Artes / Impreso 1º Bac-Ciencias ou Humanidades

4º ESO 12:00h a 13:00h

Impreso 4º ESO

3º ESO 16:30h a 17:30h

Impreso 3º ESO

2º ESO

17:30h a 18:30h

Impreso 2º ESO

1º ESO

17:30h a 18:30h

Impreso 1º ESO

As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga. Para poder cumprir co distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, será preciso solicitar cita previa no teléfono 986590104.

O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi" ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.

O alumnado no momento da matricula presentará:

  • Dúas copias cubertas e asinadas do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
  • Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte  dianteira e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:

Os impresos deberán descargarse das ligazóns sinaladas en azul. O sobre blanco deberá mercarse.

As dúbidas sobre as materias ou itinerarios serán atendidas nos seguintes enderezos:

  • pilmeijome@iesgarciabarros.org (orientadora)
  • direccion@iesgarciabarros.org (directora)