Xeografía e Historia

Departamento de Xeografía e Historia

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
PROFESORADO Grupos
ESTHER SÁNCHEZ RECIO
(Xefa de Departamento)

Xeografía e Historia 4º ESO A, B

Historia de España 2º BAC

Xeografía 2º BAC

BEATRIZ MERA PÉREZ  (Vicedirectora)

Historia do Mundo Contemporáneo 1º BAC C

Historia do Arte 2º BAC

Patrimonio de Galicia 2º BAC

LUCAS ENRÍQUEZ GILINO

Xeografía e Historia 1º ESO B, C
Xeografía e Historia 3º ESO
Xeografía e Historia 4º ESO C
Historia do Mundo Contemporáneo 1º BAC D

LIBROS DE TEXTO
CURSO AUTOR TÍTULO EDITORIAL ANO I.S.B.N. LINGUA
1ESO VV.AA. M. Burgos, M.C. Muñoz-Delgado Xeografía e Historia.

Grupo Anaya.

Operación mundo.Versión trimestral

2022 978-84-143-0888-2 GALEGO
2ESO VV.AA. Xeografía e Historia. Construíndo mundos Obradoiro Santillana 2023 978-84-9185-425-8 GALEGO
3ESO VV.AA.  Xeografía e Historia.

Grupo Anaya Operación Mundo Versión trimestral

2022 978-84-143-0892-9 GALEGO
4ESO VV.AA.

Historia.


Construíndo mundos

 

Obradoiro Santillana 2023 978-84-9185-716-7 GALEGO
1BAC VV.AA. Teresa Grence. J.M. Fernández Ros. J. González Salcedo. G. Ramírez Aledón.

Hª Mundo Contemporáneo. Construíndo mundos

Obradoiro Santillana 2022 978-84-9185-426-5 GALEGO
2BAC Alfeirán Rodríguez, X, Brea Pedreira, A e Romero Masiá, A Historia de España Bahía Edicións 2016 SBN:978-84-9995- 200-0 GALEGO
2BAC VV.AA. Xeografía.   Santillana 2016 SBN: 978-84-9972- 702-8 GALEGO
2BAC Álvarez López, M Historia da Arte Edicións Xerais 2009 SBN:978-84-9782- 990-8 GALEGO

Visita a Santiago

O 5 de marzo de 2024 o Departamento de Xeografía e Historia realizou unha saída cultural a Santiago para os alumnos de 2º de bacharelato que cursan Xeografía, Historia da Arte e Patrimonio de Galicia.

Os alumnos/as de Xeografía, acompañados pola profesora Esther Sánchez Recio, participaron na XV Olimpíada de Xeografía, na facultade de Xeografía e Historia, convocada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos de Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. 

Os alumnos de Arte e Patrimonio de Galicia, acompañados pola profesora Beatriz Mera Pérez, foron visitar, mentres tanto, o casco histórico de Santiago, o Pazo de Xelmirez, a Catedral, as cubertas e o museo da mesma.  

Pola tarde todo o grupo visitou o Pórtico da Gloria, a Casa do Cabido e o Museo das Peregrinacións.

Pódense consultar as fotos da actividade na nosa galería Flickr.

Grecia 2024

Xa temos na nosa galería Flickr algunhas fotos da viaxe a Grecia. Pódense consultar nesta ligazón.

Viaxe a Grecia do 9 ao 15 de febreiro

   50 alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato, acompañados das profesoras Esther Sánchez, Beatriz Mera e María Varela, emprenderán unha interesantísima viaxe a Grecia este venres día 9, un territorio cheo de historia, reliquias arquitectónicas e de grandes pensadores para a cultura europea. Esperamos que a viaxe sexa moi enriquecedora e que a disfruten.

Viaxe a Praga de alumnado de Bacharelato, marzo de 2023

Entre o 16 e  20 de marzo de 2023, un grupo de 46 alumnos e alumnas viaxaron a Praga con 4 profesoras do instituto, coa finalidade de descubrir unha das cidades máis bonitas e de maior interés cultural e artístico de Europa. Tiveron a ocasión de asistir ao famoso Teatro negro, e coñecer en directo a orixinalidade do mesmo. Outra visita moi destacada foi a do Campo de concentración e ghetto de Terezin. Foi impactante para todos e todas poder coñecer de primeira man como o ser humano puido sobrevivir ao brutal trato naquelas instalacións.
Destacar, coma sempre, o comportamento exemplar do noso alumnado que, desta maneira, nos seguen dando razóns para realizar actividades de tanto calado como esta.

Olimpíada de Xeografía

   O xoves 09 de marzo o noso alumnado viaxou a Santiago á facultade de Xeografía e Historia para participar na Olimpíada de Xeografía. Estiveron acompañados pola profesora Esther Sánchez.
Parabéns ao noso alumno David Carballeda que acadou o terceiro premio!

27 de Xaneiro: día internacional da Shoá

      Co gallo da conmemoración da liberación de Auschwitz, o centro internacional de Yad Vashem cedeunos unha exposición que aborda o tema dos nenos e nenas na Shoá. Tres alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, Damián Bermejo, Ángela Caeiro e Isaura Mera recibiron formación para guiar a exposición aos seus compañeiros/as.

Saída a Vigo con 4ºESO

   Aquí vos deixamos fotos ilustrando as actividades realizadas o día 18/10 polo noso alumnado, nesta saída organizada conxuntamente polos departamentos de Música e Xeografía e Hª.
  •   Pola mañá, as visitas à zona portuaria e ó Museo do Mar, o percorrido polo Castro e o xantar en Samil ao mediodía.
  •   Pola tarde, a asistencia à clase do Ballet de Kiev, às actividades interactivas do Museo de Ciencias na sede de Afundación e o remate co espectáculo no antigo García Barbón de O lago dos cisnes.
Un día moi completo e variado que disfrutamos tamén polo comportamento exemplar, como sempre, do noso alumnado. 

Fin do camiño para 2 de ESO

A primeira excursión depois da COVID do alumnado de 2° da ESO do noso centro”, así definían eles mesmos a súa experiencia do Camiño de Santiago, dende o centro ata chegar ao albergue Fin do Camiño en Santiago, polo percorrido do Camiño da Geira e os Arrieiros que pasa polo Concello da Estrada. 

No albergue pasaron unha noite durmindo fóra da casa e despois participaron dunha interesante visita cultural ao Pórtico da Gloria e ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela, guiadas pola profe de Xeografía e Historia, Andrea.

Destacar a alta participación do alumnado, máis do 90% do grupo, formou parte en toda ou parte desta convivencia, que se valora como moi positiva por todos os implicados: alumnado, profesorado e familias. Xa están todas as imaxes no álbum!

Camiño Santiago 2022

Primeira etapa do camiño de Santiago do alumnado de 2° da ESO.

O alumnado de 2° da ESO fixo hoxe parte da etapa do Camiño da Geira e dos Arrieiros a Santiago, dende o IES ata Pontevea, para disfrutar alí dunha tarde de xogos.

A actividade, coordinada polo o departamento de Xeografía e Historia, continuará cunha segunda etapa, para chegar a Santiago de Compostela e poder disfrutar dunha interesante visita aos monumentos máis destacados da cidade.

Todas as imaxes neste álbum de Flickr!

Viaxe a Madrid (Xeografía e Historia)

Do 31 de marzo ao 3 de abril. Fomos ao museo Thyssen e ao Museo arqueolóxico nacional. Tamén visitamos o Prado e o Museo Reina Sofía. Tivemos unha fabulosa guía de arte, a nosa compañeira Beatriz Mera.

Paseamos polas rúas de Madrid e o Retiro, onde algúns alumnos pasearon en barca. Visitamos o sorprendente Xardín Botánico. Pudemos observar monumentos emblemáticos como a porta de Alcalá, o Ayuntamiento, e por suposto, "pateamos" as rúas de Serrano, a Castellana e estivemos na praza de Colón onde puidemos disfrutar da xigantesca imaxe de "Julia" de Plensa. Tamén visitamos a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cunha magnífica e sorprendente colección de pinturas e de grabados (Goya, Picasso...). Fomos unha noite ao teatro a ver "La Gran Depresión", de Nuria Roca e Antonia San Juan. Por suposto, paseamos pola Gran Vía, Puerta del Sol, Plaza Mayor, mercadillo de San Miguel, etc.

O comportamento dos nosos alumnos, como sempre, foi espectacular." Podedes ver as imaxes neste álbum de Flckr.

Visita de alumnado de 2º BAC a Santiago

O mércores 9 de marzo o alumnado de Xeografía, Patrimonio e Historia da Arte viaxaron a Santiago.

Os alumnos de xeografía participaron na Olimpiada de Xeografía que tivo lugar na facultade de Xeografía e Historia da USC.

Ao mesmo tempo o resto do grupo visitou a catedral, as súas cubertas, o museo e o pazo de Xelmírez.

Remataron a xornada cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria.

Podes ver máis imaxes neste álbum de Flickr.

Vídeo sobre a exposición da Shoa no MGB

Vídeo do acto inaugural da posta en marcha no MGB da exposición "¿Cómo fue humanamente posible?" sobre a SHOA.

Exposición sobre a Shoá no MGB

O pasado 27 de xaniero, día da Shoá, que conmemora o aniversario da liberación do campo de exterminio de Austwich, púxose en marcha no MGB a exposición "¿Cómo fue humanamente posible?" cedida polo centro Yad Vashem de Xerusalén, que colabora co centro dende hai tempo, e coordinada pola profesora Ana Fernández, do Departamento de Xeografía e Historia.

No acto inaugural tivo lugar unha actuación musical a cargo do profesor Miguel Carbajal e a alumna Carlota Abalo, e unha serie de lecturas protagonizadas polos alumnos Saleta Lueiro, Paula Talquenca e Rubén Gestoso.

Podedes ler a crónica deste evento na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

Distribuir contido