Viaxe a Grecia do 9 ao 15 de febreiro
Enviado por admin o 6 Febreiro, 2024 - 09:20
50 alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato, acompañados das profesoras Esther Sánchez, Beatriz Mera e María Varela, emprenderán unha interesantísima viaxe a Grecia este venres día 9, un territorio cheo de historia, reliquias arquitectónicas e de grandes pensadores para a cultura europea. Esperamos que a viaxe sexa moi enriquecedora e que a disfruten.