Novas
Miguel Couceiro, 31 anos no García Barros
Enviado por admin o 4 Novembro, 2024 - 08:48
Esta semana despedimos a Miguel Couceiro, logo de 31 anos de permanencia no Centro. Da súas experiencias logo de 44 de traballo, dos seus recordos, planes de futuro e habilidades no tenis de mesa fala esta entrevista concedida ao Faro de Vigo. |
Estrea da aula taller de Tecnoloxía para 1º ESO
Enviado por admin o 30 Outubro, 2024 - 09:51
Esta semana o alumnado de 1º ESO estreou o taller da aula de Tecnoloxía, para levar a cabo a construcción do seu primeiro proxecto, un marcapáxinas. Esta actividade está incluída na Unidade de "Proceso Tecnolóxico", onde o alumnado descubre como se levan a cabo as fases dun proxecto para logo rematar coa sua construcción. Dentro deste proceso traballan por grupos onde cada persoa ten unhas responsabilidades e uns roles (persoa coordinadora, secretaria, encargada de material, de limpeza, de seguridade, de ferramentas, etc). A seguinte e última parte do proxecto será a súa autoavaliación dentro de cada grupo. Descubrindo cousas novas coa chegada ao instituto! |
Representantes do alumnado Curso 2024/25
Enviado por admin o 4 Outubro, 2024 - 09:52Consulta nesta listaxe a lista de delegados por grupos, o presidente e vice-presidente da Xunta de Delegados e os representantes do alumnado no Consello Escolar.
Calendario das reunións iniciais coas familias curso 2024/25
Enviado por admin o 24 Septembro, 2024 - 18:20Xornada de portas abertas para as familias interesadas en coñecer o centro
Enviado por admin o 25 Febreiro, 2024 - 19:48O mércores 6 de Marzo, a partir das 16:30, as familias que o desexen poderán achegarse ao noso instituto para coñecelo máis de preto. O equipo directivo informaralle das características do centro e da oferta educativa (ofrecemos catro modalidades de bacharelato); poderán ver as instalacións e plantexar todas aquelas dúbidas que poidan ter de cara a unha posible solicitude de praza (o prazo está aberto ata o 20 de marzo).
Viaxe a Grecia do 9 ao 15 de febreiro
Enviado por admin o 6 Febreiro, 2024 - 09:2050 alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato, acompañados das profesoras Esther Sánchez, Beatriz Mera e María Varela, emprenderán unha interesantísima viaxe a Grecia este venres día 9, un territorio cheo de historia, reliquias arquitectónicas e de grandes pensadores para a cultura europea. Esperamos que a viaxe sexa moi enriquecedora e que a disfruten.
Xornada de formación do Alumnado Axudante á convivencia
Enviado por admin o 1 Decembro, 2023 - 09:32Carteis 25N
Enviado por admin o 24 Novembro, 2023 - 08:47A biblioteca tamén quere participar na conmemoración do 25N e propón "Dálle a volta", unha serie de 52 cartulinas tras as que poderás acceder a información actual.
Mes da Ciencia en Galego
Enviado por admin o 23 Novembro, 2023 - 21:50Día das Bibliotecas Escolares, 27* de outubro
Enviado por admin o 21 Outubro, 2023 - 16:46
A celebración do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) foi adiada para o venres 27. Neste día:
|
– No primeiro recreo, entregaranse os diplomas da Consellería ao alumnado axudante do curso pasado. |
– No segundo recreo, enroscarémosvos á lectura. |
O luns 23, comezará a colaborar o alumnado axudante deste curso e viaxará ás casas a mochila viaxeira. |
Adxudicación definitiva do Fondo Libros
Enviado por admin o 17 Xullo, 2023 - 11:20A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
A entrega de libros realizarase en setembro, nos primeiros días de clase (publicaranse indicacións ao inicio de curso).
IMPORTANTE: Aquelas familias que non sexan beneficiarias do Fondo Libro ou do préstamo da ANPA recomendamos que agarden aos primeiros días de clase, ata coñecer ao profesorado que impartará as materias - que lles indicarán que se empregarán ou non libro -, para mercalos.
Os vales de material só se entregarán aos pais/nais ou titores/as do alumnado beneficiario que lles corresponda e poderán recollelos do 17 ó 21 de xullo (de 10 a 13 h.) ou na 1ª semana de setembro.
Adxudicación provisional do Fondo Libros
Enviado por admin o 11 Xullo, 2023 - 12:13A adxudicación provisional do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
Prazo para a presentación de reclamacións contra a adxudicación provisional: 12 e 13 de xullo.
A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o luns 17 de xullo. A entrega de libros realizarase en setembro (publicaranse indicacións ao inicio de curso).
Os vales de material só se entregarán aos pais/nais ou titores/as do alumnado beneficiario que lles corresponda e poderán recollelos do 17 ó 21 de xullo (de 10 a 13 h.) ou na 1ª semana de setembro.
Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.
Enviado por XefeEstudos o 5 Xuño, 2023 - 10:16Charla de ASANOG, 24 de maio de 2023
Enviado por XefeEstudos o 25 Maio, 2023 - 12:08O mércores 24 de maio a “Asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia” (ASANOG) visitou o noso centro para impartir unhas charlas ao alumnado de ESO. Grazas por compartir connosco a vosa experiencia, facernos reflexionar e fomentar a solidariedade.