Tecnoloxía
Estrea da aula taller de Tecnoloxía para 1º ESO
Enviado por admin o 30 Outubro, 2024 - 09:51
Esta semana o alumnado de 1º ESO estreou o taller da aula de Tecnoloxía, para levar a cabo a construcción do seu primeiro proxecto, un marcapáxinas. Esta actividade está incluída na Unidade de "Proceso Tecnolóxico", onde o alumnado descubre como se levan a cabo as fases dun proxecto para logo rematar coa sua construcción. Dentro deste proceso traballan por grupos onde cada persoa ten unhas responsabilidades e uns roles (persoa coordinadora, secretaria, encargada de material, de limpeza, de seguridade, de ferramentas, etc). A seguinte e última parte do proxecto será a súa autoavaliación dentro de cada grupo. Descubrindo cousas novas coa chegada ao instituto! |
Visita de estudos do alumnado de 1º ESO a Sotavento, MUNCYT e Casa das Ciencias
Enviado por admin o 13 Xuño, 2024 - 12:03
O alumnado de 1º de ESO realizou o martes 4 de xuño unha visita didáctica, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, ao parque eólico experimental de Sotavento (situado no concello lucense de Xermade), no que puideron aprender dun xeito práctico e lúdico os fundamentos básicos das enerxías renovables e do aforro enerxético. Posteriormente desprazáronse á cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), onde realizaron unha visita guiada e unha actividade tipo xincana de descubrimento dos obxectos expostos nel. Finalmente acudiron á Casa das Ciencias onde disfrutaron dunha sesión de platenario e realizaron actividades autoguiadas de experimentación científica. Tedes unha reportaxe gráfica de todo o que fixeron na seguinte galería fotográfica: |
III Liga Maker Drone - Competición final
Enviado por admin o 13 Xuño, 2024 - 12:00
O 16 de maio, no Coliseum da Coruña, tivo lugar a Final da III Liga Maker Drone, na que participaron 17 equipos de centros educativos de Galicia. O noso centro estaba representado por un grupo de alumnas e alumnos de 2º de ESO acompañados polo profesor Javier Fondevila, que durante todo este curso estiveron deseñando un Drone para cumplir a misión da convocatorio deste ano: lanzar veneno a niños de velutinas e se formaron na pilotaxe de drones. Na galería fotográfica da dereita tedes imaxes do evento. |
Visita de estudos do alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e 1º Bacharelatoa a Galiciencia e a Escola de Enxeñaría Aeronautica e do Espazo
Enviado por admin o 13 Xuño, 2024 - 11:51O alumnado que cursa as materias de Tecnoloxía en 4º da ESO e 1º de Bacharelato, o pasado venres, 10 de maio, realizaron unha viaxe a Ourense onde visitaron Galiciencia e a Escola de Enxeñaría Aeronautica e do Espazo.
Galiciencia é a maior científica que se celebra en Galicia. Nesta edición o IES Manuel García Barros tamén estivo respresentado por Alma Diéguez e Samuel Sánchez, acompañados do profesor Javier Fondevila, presentando o seu proxecto “Xogar, mellor con madeira” (Video resumo da mostra e Revista) Tedes unha imaxes da viaxe na galería fotográfica da dereita. |
Alumnado do centro en Galiciencia
Enviado por admin o 9 Maio, 2024 - 11:01Alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría I, de 1º de Bacharelato, Alma Diéguez e Samuel Sánchez, acompañados polo profesor Javier Fondevila, presentan na mostra Galiciencia, en Ourense, o resultado do seu traballo: "Xogar, mellor en maderia".
Imaxes do evento na galería do centro.
A mostra científica Galiciencia, na que se presentan proxectos e investigación científicas e tecnolóxicas realizadas por alumnado de centros de toda Galicia, celebrase entre os días 8 e 10 de maio en Ourense. Web do evento.
Novas en prensa:
Adestramentos - Liga Maker Drone
Enviado por admin o 9 Maio, 2024 - 10:50O pasado venres, 3 de maio, o grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO que participa na III Liga Maker Drone asistiron á última sesión de formación en pilotaxe de drones, antes da súa participación na final, que terá lugar o próximo xoves, 16 de maio, no Coliseum da Coruña. Imaxes do adestramento na galería do centro.
Novas relacionadas:
III Liga Maker Drone - 1ª Xornada de Formación
Enviado por admin o 11 Novembro, 2023 - 13:32O pasado venres, 10 de novembro, o grupo de alumnas e alumnos que participan este curso na III Liga Maker Drone, recibiron a 1ª formación e instrucción de voo de drones, impartida por persoal da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
Máis imaxes na galería Flickr.
III Liga Maker Drone
Enviado por admin o 30 Outubro, 2023 - 13:19Un grupo de 9 alumnas e alumnos do IES Manuel García Barros forman o equipo que participará, xunto con outros 17 equipos de centros de toda Galicia, na III Liga Maker Drone, competición organizada pola Fundación Barrie de la Maza e o Instituto Tecnológico de Galicia e na que deberán deseñar un drone que resolva un problema real.
O pasado venres, 27 de outubro, asistiron á Xornada de Presentación na Cidade das TIC en A Coruña. Nesta xornada presentaronse todos os equipos participantes e realizaron diversos obradoiros: pilotaxe de drones, realidade virtual, drone finder, programación, circuítos electrónicos e robótica. Para finalizar o evento coa presentación do recto desta edición: neutralizar niños de velutinas.
|
Máis imaxes do evento nesta ligazón. Novas na prensa: |
Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na VI Competición de robots da Universidade de Vigo
Enviado por admin o 24 Abril, 2023 - 06:37O pasado venres, 21 de abril, dous equipos formados por 12 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía e Enxeñaría I participaron na VI Competición de robots da Universidade de Vigo.
Os dous equipos conseguiron clasificarse para a fase final, dun total de 36 inscritos na súa categoría, acadando finalmente o equipo HorsePowers un meritorio 2º posto.
Noraboa a todo o alumnado participante porque souberon demostrar o seu dominio da programación, e gran nivel de competitividade á vez que de compañeirismo. Parabéns!
Novas de prensa:
Imaxes na galería Flirck do centro.
Programacións didácticas do Departamento de Tecnoloxía para o curso 2023-2024
Programacións didácticas por cursos
1º ESO | Tecnoloxía e dixitalización | |
2º ESO | ||
3º ESO | Educación dixital | |
4º ESO | ||
4º ESO | Dixitalización | |
1º BACH | Tecnoloxías da información e da comunicación I | |
1º BACH | Tecnoloxía e enxeñaría I | |
2º BACH | Programación da materia de 2ºBACH |
Visita de estudos do alumnado de 3º ESO a Sotavento, MUNCYT e Casa das Ciencias
Enviado por Dep. Tecnoloxía o 18 Maio, 2022 - 22:32O alumnado de 3º de ESO realizou o martes 3 de maio unha visita didáctica, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, ao parque eólico experimental de Sotavento (situado no concello lucense de Xermade), no que puideron aprender dun xeito práctico e lúdico os fundamentos básicos das enerxías renovables e do aforro enerxético. Posteriormente desprazáronse á cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), onde realizaron unha actividade tipo xincana de descubrimento dos obxectos expostos nel. Finalmente acudiron á Casa das Ciencias para a realización das súas clásicas actividades autoguiadas de experimentación científica. Tedes unha reportaxe gráfica de todo o que fixeron na seguinte galería fotográfica:
Desenvolvemento do Programa Meteoescolas durante o curso 2020-21
Enviado por Coordinación TIC o 1 Xullo, 2021 - 10:47O profesorado que coordina o programa Meteoescolas no noso centro quere facer balance do desenvolvemento de dito proxecto este curso facendo constar os seguintes agradecementos:
- Ao alumnado de 3º de ESO e 1º BAC A pola profesional e sistemática recollida de datos meteorolóxicos ao longo de todo o curso (actividade que realizou cada día unha parella durante a 1ª hora de clase).
- Aos alumnos Adrián Blanco e Daniel Ruibal de 1º de BAC A pola montaxe electrónica da estación de calidade do aire sacrificando os seus recreos do mes de maio.
- Ao profesor Arturo Vizcarra por ceder altruistamente unha tablet que facilitou a recollida de datos por parte do alumnado na estación meteorolóxica manual.
- Á profesora Patricia Pérez por colaborar co seu grupo dos mércores a 1ª hora na recollida de datos da estación meteorolóxica manual.
Respecto do desenvolvemento global do proxecto, inda que non se puido levar adiante nun curso tan complicado organizativamente o tratamento estatístico dos datos meteorolóxicos históricos que actualmente xa están dixitalizados (quedará pendente como obxectivo prioritario para o vindeiro curso), si que estamos moi satisfeitos por ter acadados dous dos obxectivos prioritarios deste curso:
- Establecer unha rutina sistemática de rexistro de datos meteorolóxicos da estación manual do centro por parte do alumnado que permita seguir incorporando datos á web de Meteoescolas.
- Incorporar un sistema automático de medición que permita rexistrar datos meteorolóxicos básicos (temperatura e humidade), con vistas a ser ampliado en vindeiros cursos (pluviometría e dirección e velocidade do vento).
En relación co anterior aproveitamos para informar que este curso o noso centro incorporouse á rede estatal de centros Educacont, da cal somos o primeiro centro de Galicia en participar. O obxectivo principal de dita rede é o estudo da contaminación na contorna dos centros escolares para o cal instalouse un sistema de control baseado en Arduino alimentado por enerxía solar, xunto cos seus correspondentes sensores e cuxos datos pódense consultar en tempo real nesta páxina.
II Xornada Solar
Enviado por admin o 16 Xuño, 2021 - 15:31O pasado mércores, 9 de xuño, celebraremos a II Xornada solar do IES MGB, na que:
- Durante toda a mañá cociñamos diante da fachada Sur do edificio (fachada da entrada principal) con varias cociñas e fornos solares diversos produtos (pizzas, biscoitos, mazás asadas) que foron degustados polo alumnado ao rematar as clases a 6ª hora.
- Tamén se colocaron a carón das cociñas solares varios paneis informativos sobre a importancia da enerxía solar como fonte de enerxía alternativa primordial na loita contra o cambio climático (exposición cedida amablemente por ADEGA)
Podedes ver todas as imaxes neste ligazón.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »