Tecnoloxía
Obradoiro de Cyberseguridade do INCIBE
Enviado por Anónimo o 11 Marzo, 2020 - 10:42O pasado xoves 5 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, tivo lugar no noso centro a xornada técnica "Espacios de ciberseguridad para estudiantes” que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) está a realizar nalgúns centros de Galicia. Nesta xornada técnica estivo dirixida ao alumnado de bacharelato que cursa as materias de TIC I e TIC II e nela realizaron de xeito práctico e con exercicios reais como funcionan determinados aspectos da ciberseguridade. Estas xornadas son gratuitas, tanto para o centro como para os alumnos, e outorgaráselle un diploma de asistencia ao alumnado participante.
Dende o Departamento de Tecnoloxía, solicitante e coordinador desta xornada no noso centro, agradecer a Cristian, poñente enviado polo INCIBE, a boa dispoñibilidade e o amena, interesante e útil que resultou para o noso alumnado.
Coma sempre, na correspondente galería do Flickr do centro tedes imaxes do envento.
Visita ao aeródromo de Rozas
Enviado por admin o 2 Marzo, 2020 - 10:32O pasado xoves 13 de febreiro un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO realizou unha visita ao aeródromo de Rozas (Castro de Rei - Lugo), actividade pertencente ao programa denominado "Enxeñando Futuro", financiado pola Consellería de Educación e coordinado polo Departamento de Tecnoloxía do noso centro. Durante esta interesante xornada o alumnado participante puido aprender cales foron as orixes e o desenvolvemento da enxeñería aeronáutica ata actualidade, centrándose na segunda parte da mañá no coñecemento sobre a tecnoloxía actual dos vehículos non tripulados, sobre os cales o aeródromo de Rozas é un centro sobranceiro a nivel estatal. Tamén puideron visitar a espectacular torre de control de dito aeródromo e os hangares de montaxe e certificación de vehículos aéreos non tripulados, ademais de asistir ao despegue e aterraxe dun dos vehículos aéreos cos que o centro está a traballar na actualidade.
Dende aquí o noso agradecemento ao persoal do aeródromo por ternos ofrecido tan boa acollida ademais de facernos disfrutar dunha xornada tan interesante e motivadora.
Exposición "Medindo o Universo. A historia das medidas"
Enviado por Anónimo o 7 Outubro, 2019 - 00:07Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º de ESO organizaron e montaron os paneis que ata o vindeiro 18 de outubro poderedes observar no andar a carón da Biblioteca coa exposición "Medindo o universo: a historia das medidas". As láminas desta exposición foron impresas á súa vez da exposición homónima do LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia). Agardamos que sexa do voso interese e aprendades moito con ela.
Se queredes consultar online a exposición facede clic aquí.
Éxito do alumnado do IES MGB na V competición de robots da UVigo: 1º e 3º postos!
Enviado por Anónimo o 29 Abril, 2019 - 00:38O pasado venres 26 de abril varios equipos formados por alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía Industrial I conseguiron un éxito sen precedentes na V competición de robots da Universidade de Vigo: dos 6 equipos que polo noso centro se inscribiron á competición, 5 deles chegaron á final acadando dous deles o 1º e o 3º posto! Cómpre engadir que a esta competición acudiron máis de 150 equipos de institutos de toda Galicia, polo que os seus profesores e resto da comunidade educativa non podemos estar máis orgullosos dos nosos alumnos, independentemente de que acadaran ou non o podio, dado que todos eles amosaron unha gran capacidade de traballo en equipo e de entrega por acadar este gran éxito para o centro.
Parabéns e bravo por eles!!
Notas de prensa:
Visita de estudos do alumnado de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial Ás Pontes
Enviado por Anónimo o 31 Xaneiro, 2018 - 23:48O pasado martes 23 de xaneiro, o alumnado que curso Tecnoloxía de 4º de ESO e Tecnoloxía Industrial I e II de Bacharelato participou dunha visita de estudos ao Concello das Pontes. Neste importante concello industrial puideron ver de primeira man o funcionamento da central térmica de carbón e a de ciclo combinado, así como importantes empresas de mecanizado de madeira (Areda) e metal (Prometal). Dende aquí dar as grazas ao departamento de turismo do Concello das Pontes polas xestións que nos facilitaron estas visitas.
Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na III competición de robots da Universidade de Vigo
Enviado por Anónimo o 4 Maio, 2017 - 00:43Podemos estar ben orgullosos do alumnado de 1º de BAC que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial I e TIC I e que participou na III competición de robots da Universidade de Vigo o pasado venres 28 de abril.
Visita do alumnado de Tecnoloxía Industrial II a TELEVÉS
Enviado por Anónimo o 23 Marzo, 2017 - 13:26O pasado venres 17 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa Tecnoloxía Industrial II realizou unha visita guiada ás instalacións da empresa de telecomunicacións TELEVÉS, situada en Santiago.
Fotos do obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns
Enviado por Anónimo o 13 Xuño, 2016 - 19:00O pasado martes 24 de maio o alumnado que cursa Tecnoloxía Industrial I e II participou na actividade "Obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns", organizada polo Departamento de Tecnoloxía e financiada pola ANPA do centro. Dito Obradoiro foi impartido polo enxeñeiro electrónico e músico Mateo Mena Calavia.
O obxectivo da actividade foi a construción de diversos dispositivos sonoros a través de cadanseu proxecto concreto. Para isto empregáronse materiais cotiáns xa que o obxectivo primordial foi o de estimular a creatividade, a concienciación ambiental e a aprendizaxe cooperativa, poñendo en xogo coñecementos concretos de tecnoloxía (electrónica, electricidade) e xerais de física, química e música.
Velaquí unha reportaxe gráfica de dito obradoiro:
Saída didáctica ao parque eólico de Sotavento e ao MUNCYT
Enviado por Anónimo o 28 Marzo, 2016 - 12:30O vindeiro martes 29 de marzo o Departamento de Tecnoloxía organiza unha saída didáctica co alumnado de 2º de ESO. Pola mañá visitarase o Parque eólico didáctico-experimental de Sotavento (Xermade - Lugo) e pola tarde realizarán unha xincana guiada polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña).
Visita de estudos do alumnado de 3º de ESO ao centro de educación ambiental das Corcerizas (Ourense)
Enviado por Anónimo o 19 Abril, 2015 - 18:52O vindeiro mércores 29 de abril, o alumnado de Tecnoloxía de 3º de ESO realizará unha visita de estudos ao centro de educación ambiental das Corcerizas, situado no corazón da Serra de San Mamede (Vilar de Barrio - Ourense), o cal é pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables, o tratamento alternativo dos residuos e a bioconstrución.
Un equipo do MGB gaña o segundo premio no concurso Consumópolis 9
Enviado por Anónimo o 7 Maio, 2014 - 08:22Un novo curso, e xa van tres seguidos, un equipo de alumnos e alumnas do MGB, coordinados polo profesorado do Departamento de Tecnoloxía, gaña no concurso escolar Consumópolis, esta vez na categoría para 3º e 4º da ESO, cun 2º premio a nivel galego. Este concurso está organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a Consellería de Economía e Industria, tendo por obxectivo que o alumnado reflexione de forma consciente, crítica e solidaria sobre distintos aspectos do consumo responsable, contribuíndo ao desenvolvemento integral de actuais e futuros consumidores. A actual novena edición estivo adicada ao uso responsable das TIC e titulada "Consumir entre pantallas".
O equipo gañador está formado por:
- Rubén Bustelo Arca (4º ESO B)
- Carlota Pereiras Matalobos (4º ESO C)
- Uxía Prado Cerqueiro (4º ESO B)
- Adrián Rey Quintás (4º ESO B)
- Andy Torres Blanco (4º ESO B)
Na imaxe adxunta da dereita podedes ver o cartel da proba final co que gañaron este 2º premio.
Noraboa aos gañadores!
O Conselleiro de Cultura e maila Presidenta do Instituto Galego de Consumo felicitaron á comunidade educativa polo premio. O traballo representará á Comunidade Autónoma na fase estatal. Prema aquí se quere ver a fecilitación completa.
El Faro de Vigo deu conta da noticia nas súas páxinas.
Vindeiras saídas didácticas do Departamento de Tecnoloxía
Enviado por Anónimo o 27 Abril, 2014 - 23:59Esta semana o Departamento de Tecnoloxía do centro organiza as seguintes saídas didácticas por cursos:
- Martes 29 de abril: o alumnado de 2º de ESO visitará pola mañá o Parque eólico didáctico-experimental de Sotavento (Xermade - Lugo) e pola tarde realizará un roteiro de sendeirismo polas Fragas do Eume (actividade organizada en colaboración co Departamento de Ciencias Naturais).
- Mércores 30 de abril: o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC, que cursan respectivamente as asignaturas de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial, visitarán ao longo da mañá ás centrais térmica e de ciclo combinado das Pontes (As Pontes de García Rodríguez - A Coruña) e pola tarde realizarán unha xincana guiada polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña)
Premio Consumópolis-8
Enviado por Secret. o 27 Maio, 2013 - 08:35O DOG do mércores 22 de maio fai publica a relación de centros premiados na fase autonómica do Concurso Consumópolis 8: "Adéstrate ben para o consumo responsable", no que o traballo "En el deporte y en la vida, consumo responsable" do equipo de traballo los Batman do noso centro, coordinado pola profesora do Departamento de Tecnoloxía: Obdulia García Nimo, e composto polos alumn@s: Carlota Pereiras, Uxía Prado, Adrián Rey, Andy Torres e Miguel Valiño; acadou o 1º premio na categoría de 3º e 4º de ensino secundario.
Charla sobre seguridade en Internet para o alumnado de 3º ESO
Enviado por Anónimo o 1 Marzo, 2013 - 10:27O vindeiro martes 5 de marzo, nas dúas sesións da tarde, o alumnado de 3º de ESO asistirá a usos múltiples a unha charla sobre seguridade en Internet, impartida por un profesional informático do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, dentro do programa NAVEGA CON RUMBO.
Exposición: "A historia das medidas"
Enviado por Anónimo o 7 Novembro, 2012 - 18:08O alumnado de 3º e 4º de PDC e de 4º de ESO da asignatura de Tecnoloxía organizaron e montaron os paneis que estas semanas podedes observar no andar da Biblioteca coa exposición "Medindo o universo: historia das medidas". As láminas desta exposición foron impresas á súa vez da exposición homónima do LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia). Esperamos sexa do voso interese e aprendades moito con ela.
Se queredes consultar online a exposición facede clic aquí.