Premios

Festa das Palabras

O pasado mércores 23 de Maio, tivo lugar no Auditorio Municipal de A Estrada, a XI Festa das Palabras, organizada polo equipo de Dinamizaestrada e dirixida excelentemente por dous alumnos do noso centro, Lía Vázquez e Mateo Lois, ambos de 1º de Bacharelato.

O evento reuniu a máis de 60 escolares de todos os centros do Concello, premiados no Concurso de microrrelatos e micropoemas, onde se lles entregou o libro que recolle as súas obras  e foron apadriñados no seu percorrer literario por Carlos Loureiro Rodríguez, investigador e autor estradense.

Desfrutando desta obra recén saída do prelo, e da que dispoñemos de varias copias no centro, deixámosvos unha escolma de fotos, agradecendo a participación e parabenizando aos nosos alumnos premiados:

  • Andrés Díaz Vázquez
  • Soledad Zixia Chedas Ferrín
  • Carla Campos Valcárcel
  • Antía Pérez Lodeiro
  • Mariano Ramírez Hurtado
  • e Hugo González Porto.

ODISEA 2024 NO MGB: "A alimentación en Grecia e Roma"

Trala disputa de fase local do Concurso de Cultura Clásica Odisea 2024, que tivo como fío condutor o tema "A alimentación en Grecia e Roma", hoxe tivo lugar na MeGaBiblioteca a entrega de premios aos 3 equipos gañadores da nosa "Odisea interna" do MGB:
1º premio: SCAMAPIER (2BAC)
RÚA REIGADA, CLAUDIA
SIERRA SILVA, IRIA
ABAL CASTRO, CARLA
---
2º premio: PUERI EX AQUIS CALIDIS (2BAC)
BAAMONDE SENÍN, BREIXO
CAMPOS VIEITEZ, UXÍO
---
3º premio: LAS PATROCLOS (3ESO)
RODRÍGUEZ GARCÍA, SAMANTHA
REY FREIRE, CLARA

Festa das Palabras, xuño do 2023

O martes, 6 de xuño, celebrouse noTeatro Principal da Estrada a X edición da Festa das Palabras. Neste acto, o alumnado gañador do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos recibiu os exemplares que recompilan os seus textos. Exerceu de madriña escritora Charo Goldar, que puxo en valor os traballos dos rapaces e rapazas e fixo fincapé na importancia de empregar a nosa lingua para "crear unha obra única”.

Grazas a todas as persoas participantes, e parabéns ao alumnado gañador, en especial ao do noso centro:  Noa Rico, Estela Riera, Iago Durán, Elías Pérez e Soledad Zixia Chedas.

Gañadores do 1º concurso de Esopías, marzo de 2023

Con motivo do día de pi (14 de marzo) os días 15 e 16 de marzo leváronse a cabo no centro unha serie de actividades para poñer en valor as matemáticas na actividade cotiá e a súa significación no mundo actual. Con diversos xogos mostrouse ao alumnado aquelas "facetas" que as matemáticas tamén teñen e que a veces non se mostran.

Unha das actividades foi a creación de Esopías, composicións de 25 palabras onde cada unha delas ten unha lonxitude igual que os sucesivos decimais do número pi . Presentáronse a concurso un bo número de composicións de moi alto nivel para ser unha experiencia de recente creación, e xa temos aos tres premiados!. Noraboa por mostrarnos tan fermosas creacións e desexamos que a experiencia se repita nos próximos anos para que non decaia o nivel.

Recollendo o premio deporte galego 2019-2022 en Ribeira

O luns 20 de marzo en Ribeira, as profesoras de Educación Física Alejandra Pérez e Norma Pillado, acompañadas da vicedirectora, Patricia Pérez, e da directora, Ana Fernández, recolleron o premio Galicia Saudable, ao centro como entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. 

Premios deporte galego 2019 - 2022

O noso centro recibirá o luns 20 de Marzo  o  Premio Galicia Saudable, por ser unha entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. O noso agradecemento ás profesoras de Educación Física, Alejandra e Norma, polo seu traballo, e a todo o profesorado que nestos anos se animou a saír cos rapaces nas gardas activas e a participar nos seus proxectos.

A ODISEA 2023 DO MGB: "A auga en Grecia e Roma"

   Un ano máis non fomos quen de chegar ao desempate, pero no MGB tamén temos campións. Hoxe 2 de Febreiro, no 2º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.

Estes foron os equipos e alumnos premiados:

1º PREMIO - HISPANIA REGNAT - 4ºESOA/B

  • GARCÍA SECO, RODRIGO
  • FERREIRO LEMOS, ANDREA
  • FERNÁNDEZ LOUZAO, MATEO

2º PREMIO - OS LADRÓNS DE COBRE - 2ºBAC-C

  • VIGO LÓPEZ, SAMUEL
  • IGLESIAS CARRAZÓN, ADRIÁN

3º PREMIO - PANATENEAS - 2ºBAC-C

  • MONTERO RAMOS, ARACELI
  • ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA

Acto de recoñocemento a 5 estudantes do MGB nas probas ABAU

Ainhoa Pereiras Mosquera, Alexandre Penide Martínez, Saleta Lueiro Pereira, María Porto González e Julia García Madriñán serán recoñecidos pola USC  por pertencer ao grupo de alumnado de excelencia académica.

Este acto terá lugar o xoves, día 23 de xuño, ás 17:30 horas no Multiusos Fontes do Sar de Santiago. O acto estará presidido polo Reitor da USC e nel tamén participarán diversas autoridades tanto académica como civís. Faráselle entrega dun diploma acreditativo da cualificación e un agasallo a cada estudante.

Gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos

Estes son os gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos centros educativos de A Estrada. 

De esquerda à dereita e de arriba a abaixo:

  • Alexandra Paz, Lara García, Alba Campos, Mariana Torrado. Abaixo: Saleta Lueiro e Brais Cerviño.

A entrega de premios vai ser o dia 25 de maio no Teatro principal ás 20:30h. Os alumnos poderán ir acompañados das súas famílias.

Noraboa aos premiados!

Premio para a nosa antiga alumna Belén Troitiño

Parabéns para Belén Troitiño que vén de gañar o Premio Extraordinario das ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de Música da Xunta de Galicia.

É a primeira vez que un alumno do Conservatorio da Estrada acada esta distinción. A clarinetista fala da súa traxectoria profesional neste artigo do Faro de Vigo.

Ben merecido pola súa dedicación e traballo!

Alumnado do MGB premiado no II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez

Xián Fernández Andrade, Ana Gestoso Froján, Andrea Martínez Ruso e Henar Rodrigo Pérez, alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato de Artes durante o curso pasado, veñen de recibir o Premio especial 25 Aniversario Ponte nas Ondas no II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, co seu traballo Morriña, que podedes escoitar na seguinte ligazón:

Parabéns aos galardonados!!

Outras ligazóns:

Medalla para Clara Lamiño e Manuel Míguez en Navarra

Noraboa a Clara Lamiño e Manuel Míguez polo segundo posto acadado na competición de dobre no Master de Estella.

Nova no Faro de Vigo.

medallas-estradenses.jpg

Mellores alumnas ABAU 2019

O pasado xoves 4 de xullo tivo lugar o acto de recoñecemento que a Universidade de Santiago de Compostela fai ao Mellor Alumnado das probas ABAU 2019. No noso centro foron seis alumnas as que obtiveron este recoñecemento:Alexandra Gambino Bouzada, María González Blanco, María Rozados Balboa, Patricia Riveira Magán, Paula Tejo Pereira e Uxía Silva Simoes.

Parabéns!

Podes ver o vídeo da entrega de diplomas na seguinte ligazón (minuto 47).

Premios Aspamite para as alumnas Ainhoa Pereiras e Saleta Lueiro

As nosas alumnas, Ainhoa Pereiras e Saleta Lueiro, veñen de gañar respectivamente  o primeiro e o terceiro premio do XVI concurso de contos Somos capaces organizados pola asociación ASPAMITE. Ambas premiadas aceptaron compartir con nós os relatos. Parabéns.

Primeiro premio. Ainhoa.

Terceiro premio. Saleta.

No enlace podes ver a noticia na prensa.

Primeiro premio de poesía do concurso da Fundación Rosalía Castro para a nosa alumna Ainhoa Pereiras

A alumna de 3º da ESO Ainhoa Pereiras recibiu o sábado, no auditorio da Casa-Museo de Padrón, o primeiro premio de poesía do concurso que cada ano convoca a Fundación Rosalía Castro. Parabéns polo galardón. 

Noticia na prensa.

Distribuir contido