Festa das Palabras

O pasado mércores 23 de Maio, tivo lugar no Auditorio Municipal de A Estrada, a XI Festa das Palabras, organizada polo equipo de Dinamizaestrada e dirixida excelentemente por dous alumnos do noso centro, Lía Vázquez e Mateo Lois, ambos de 1º de Bacharelato.
O evento reuniu a máis de 60 escolares de todos os centros do Concello, premiados no Concurso de microrrelatos e micropoemas, onde se lles entregou o libro que recolle as súas obras  e foron apadriñados no seu percorrer literario por Carlos Loureiro Rodríguez, investigador e autor estradense.
Desfrutando desta obra recén saída do prelo, e da que dispoñemos de varias copias no centro, deixámosvos unha escolma de fotos, agradecendo a participación e parabenizando aos nosos alumnos premiados: Andrés Díaz Vázquez, Soledad Zixia Chedas Ferrín, Carla Campos Valcárcel, Antía Pérez Lodeiro, Mariano Ramírez Hurtado e Hugo González Porto.