Lingua Galega e Literatura
Quen puidera namoralas!
Enviado por XefeEstudos o 23 Xuño, 2023 - 09:16Emotiva despedida ás profesoras Teresa Filloy e Marisa Otero. Alumnos e profesores do IES García Barros homenaxearon o pasado mércores 21 de xuño a estas dúas profesoras, agradecendo a súa dedicación e o seu exemplo ó longo destas décadas. O centro deséxalles un moi bo xubileo recordándolles que sempre serán benvidas nesta súa casa.
Festa das Palabras, xuño do 2023
Enviado por XefeEstudos o 7 Xuño, 2023 - 23:01O martes, 6 de xuño, celebrouse noTeatro Principal da Estrada a X edición da Festa das Palabras. Neste acto, o alumnado gañador do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos recibiu os exemplares que recompilan os seus textos. Exerceu de madriña a escritora Charo Goldar, que puxo en valor os traballos dos rapaces e rapazas e fixo fincapé na importancia de empregar a nosa lingua para "crear unha obra única”.
Programacións didácticas do Departamento de Lingua e Literatura Galegas para o curso 2023-2024
Programacións didácticas por cursos
1º ESO | ||
2º ESO | Lingua galega e Literatura | |
3º ESO | ||
4º ESO | Lingua galega e Literatura | |
1º BACH | Lingua galega e Literatura I | |
2º BACH | Lingua galega e Literatura II |
Visita a Padrón do alumnado de 1º de Bacharelato
Enviado por XefeEstudos o 3 Marzo, 2023 - 23:42O pasado martes 28 de febreiro o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha saída didáctica cos departamentos de LLG e de Bioloxía. Puideron visitar a Casa Museo de Rosalía Castro, onde recibiron unha breve explicación e realizaron unha visita guiada e lectura de textos. Tamén fixeron unha visita ao Xardín Botánico situado dentro da alameda padronesa. Este punto de conservación de especies particulares vén de recibir a cualificación de Destino Observer pola súa riqueza como patrimonio científico e cultural.
Homenaxe a Rosalía de Castro
Enviado por XefeEstudos o 24 Febreiro, 2023 - 22:43Recomendacións lectoras de Nadal
Enviado por XefeEstudos o 22 Decembro, 2022 - 23:03As bibliotecas dos tres IES de A Estrada propoñen as seguintes recomendacións para o Nadal.
Disfruta da lectura nestes días!!!
Excursión Oseira/Ourense/Trasalba o luns día 24 de outubro
Enviado por XefeEstudos o 25 Outubro, 2022 - 16:20Sementando pensamentos
Enviado por Coordinación TIC o 25 Febreiro, 2022 - 09:58Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."
* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.
Haikus - 4º ESO
Enviado por admin o 26 Abril, 2021 - 13:12O 17 de marzo foi o día mundial da poesía. O noso alumnado de 4º de ESO quere compartir coa comunidade estas creacións poéticas a xeito de haikus.
Letras galegas 2019: Antonio Fraguas no MUPEGA e agradecemento ao noso centro
Enviado por admin o 17 Maio, 2019 - 13:28O Museo Pedagóxico de Galicia festexa o día das Letras Galegas homenaxeando a Antonio Fraguas cun roteiro polo museo a través dunha serie de pezas prodecentes dos centros educativos nos que estudiou ou traballou como profesor.
Dende o seu Facebook agradece ao Instituto Manuel García Barros da Estrada a cesión de varias pezas para esta ocasión.
Charla de David Otero
Enviado por Vicedirec. o 18 Maio, 2018 - 12:53O pasado luns 14 de maio visitou o noso centro o escritor David Otero para falar sobre Mª Victoria Moreno ao noso alumnado de 4º ESO e de Literatura Galega do século XX de 2º Bacharelato.
Charla de Iván Olmos
Enviado por Vicedirec. o 7 Marzo, 2018 - 11:29O pasado martes Iván Olmos Ferreiro falou co noso alumnado de 3º ESO sobre textos expositivos e debate. Iván é subcampión mundial de discursos 2017 e segundo mellor orador en @cmude2017.
Moitas grazas por visitarnos.
Pergamiño Vindel
Enviado por Vicedirec. o 28 Febreiro, 2018 - 10:01O alumnado de 1º Bach realizou onte unha visita cultural para ver o Pergamiño Vindel. Á entrada do Museo do Mar varios alumnos interpretaron unha cantiga de Martín Códax. Despois asistiron a unha breve lección sobre o mundo medieval, e en particular sobre a escritura, o seu soporte e os seus autores. Durante o resto da xornada visitouse o museo e fixéronse actividades relacionadas coas lecturas deste curso.