Lingua Galega e Literatura

A FESTA DAS PALABRAS

O xoves pasado presentouse no Concello perante os medios o libro A festa das palabras, que recolle os traballos galardoados no II Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos centros de ensino da Estrada, organizado polos seus equipos de normalización. Podedes acceder á noticia desde esta ligazón: FarodeVigo
A entrega de premios realizarase nun acto no Teatro Principal, o martes día 28, ás 20.30, ao que estades todos/as convidados/as. Participarán Fina Casalderrey e o cantautor Samuel Acuña.
Os/as alumnos/as premiados/as foron Nicolás Luna Puente, Uxía Prado Cerqueiro, Lucía Tilve García, María Rozados Balboa, Patricia Riveira Magán e Alba Mato Búa.

A festa das palabras.2.jpg

Correlingua 2015

O próximo venres, o alumnado de 1º da ESO e do grupo de PDC de 3º da ESO participará no Correlingua 2015 ("O galego, a nosa creación común"). A actividade consistirá nun pequeno percorrido reivindicativo en defensa do galego polas rúas do vila xunto co alumnado doutros centros da comarca e nun concerto na Praza da Feira, que será presentado por Isabel Risco. A participación do noso centro está organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura.

A nosa creación común.jpg

Actuación de Manoele de Felisa

O pasado venres, día 27 de marzo, MANOELE DE FELISA actuou para o alumnado de 2º de bacharelato musicando poemas propios así coma de autoras e autores galegos/-as. Moitas grazas, Manoele, por demostrares a valía da nosa literatura, da nosa lingua así coma da nosa música.

Manole de Felisa2.JPG

Saída Cultural: “A CELANOVA DE CURROS E DE CELSO EMILIO FERREIRO”

Organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura terá lugar o vindeiro xoves, 9 de abril, unha saída a Celanova, desenvolvéndose entre outras as seguintes actividades: visita ao Mosteiro de San Salvador co coñecemento arquitectónico do Mosteiro (retablos, claustro, pinturas, coro...), coñecemento do funcionamento do órgano da Igrexa realizando unha actividade musical,  visita á “Casa dos poetas”, casa natal de Curros Enríquez onde se percorrerá o museo de Curros e de Celso Emilio e visita ao Castro de Castromao.
A actividade vai dirixida ao alumnado de Bacharelato (1º e 2º ). Os alumnos/as estarán acompañados polos profesores, María Varela, Carlos Loureiro, Lourenzo Álvarez e Miguel Carbajal.

galego2.jpg

II edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

Fallados os premios da II edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas convocado polos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino da Estrada. Na presente edición, resultaron premiados/as os seguintes alumnos/as do noso centro: Patricia Riveira Magán (2º B ESO), Alba Mato Búa (3ºB ESO) e Uxía Prado Cerqueiro (1ºC BACH), na sección de microrrelatos e María Rozados Balboa (2º A ESO), Nicolás Luna Puente (3º C ESO) e Lucía Tilve García (2ºA BACH), na sección de micropoemas.
Os traballos gañadores, que serán publicados proximamente nun libro colectivo, xa se encontran no web de normalización do centro. Podedes acceder a eles picando nesta ligazón: blogue de creación literaria

DSC_1278_2.JPG

Actuación de Manoele de Felisa no MGB

O venres día 27 de marzo actuará o cantautor galego MANOELE DE FELISA no noso centro para o alumnado de 2º de Bacharelato, ofrecéndolles a interpretación de poesía galega contemporánea. O acto terá lugar ás dúas últimas horas (12'45-14'25) na sala de usos múltiples.

images galego.jpeg

Actividade con Xesús Fraga, autor da obra Reo

O vindeiro luns, día 9 de febreiro, ás 12:45 estará no noso centro o autor da obra REO co alumnado de 4º da ESO así coma co alumnado de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

xesus fraga.jpg

O vindeiro día 5 de Febreiro: charla de MARILAR ALEIXANDRE

O vindeiro xoves, día 5 de Febreiro, MARILAR ALEIXANDRE acudirá ao noso centro para participar nunha charla co alumnado de 3º da ESO, co alumnado do “Clube de Lectura” así coma co alumnado de 2º de Bacharelato de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. O alumnado está a ler a súa obra A banda sen futuro. A actividade terá lugar a partir das 12'45 e está organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

200px-Marilar_Aleixandre._Foto_da_AELG_2.jpg

PREMIOS LITERARIOS. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

Xa podedes ler os relatos das alumnas e do alumno que foron premiados no concurso literario de Adega no web de Normalización. Podedes acceder directamente desde esta ligazón: relatos Adega.

Tamén podedes consultar os resultados das enquisas sobre usos lingüísticos da nosa comunidade educativa, recentemente realizadas: enquisa profesorado / enquisa alumnado



VIDEOCONFERENCIA CO EQUIPO D' A ESMORGA

O próximo mércores, 19 de novembro, organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración do Departamento de LGL e de Sindo Monteagudo, terá lugar na sala de usos múltiples do centro unha videoconferencia co director e os actores da película A esmorga. Acudirá todo o alumnado de 2º de Bacharelato. Participarán activamente na videoconferencia Paula Belén Aboy Campos, Xiao Aller Cristobo, Sara Carrasquel Iglesias, Martín Mato Búa e Lucía Tilve García.
A actividade desenvolverase en horario de 12:00 ata as 14:00.

a esmorga.jpg

Presentación do libro do I Concurso de microrrelatos e micropoemas

Esta semana foi presentado na casa do Concello o libro que reúne os traballos galardoados no I Concurso de microrrelatos e micropoemas, organizado polos equipos de normalización da comarca da Estrada.o curso pasado e dirixido ao alumnado de todos os centros de ensino do concello.
Os gañadores do noso centro foron Ana Carbón Castro e Lucía Tilve García (na sección de micropoemas) e Patricia Riveira Magán e Isaac Rivadulla Matalobos (na sección de microrrelatos)

[A noticia, no Faro de Vigo, picando aquí]

norma.3.jpg

CORRELINGUA 2014

Un ano máis, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, terá lugar o vindeiro luns, 12 de maio, na localidade da Estrada, o CORRELINGUA, con actividades lúdicas en defensa do noso idioma. O noso centro estará representado polo alumnado de 1º da ESO.

LETRAS GALEGAS 2014. PROXECCIÓN DA CURTA, "ELIA E O LIBRO"

Con motivo da celebración das Letras Galegas deste ano, os alumnos de 1º de ESO asistirán o vindeiro luns, 19 de maio, á 3ª sesión (10:45) a unha proxección da curtametraxe Elia e o libro, que presentará a profesora Marisa Otero. A curta fusiona varias lendas de tradición oral sobre o Pico Sacro, a xeito de conto de inspiración medieval. A actividade terá lugar na sala de usos múltiples do centro.

Cartace final-4.jpg

SAÍDA DIDÁCTICA A CELANOVA.

O vindeiro martes, 29 de abril, terá lugar unha saída cultural á vila e comarca de Celanova. Organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, vai dirixida ao alumnado desta materia correspondente aos cursos de 3º ESO e 1º e 2º de BAC. A actividade desenvolverase segundo o seguinte programa: concerto e posterior visita ao mosteiro de San Salvador de Celanova, percorrido literario pola vila con lectura de textos de Celso Emilio Ferreiro e de Curros Enríquez e visita ao xacemento  arqueolóxico de Castromao, nas proximidades de Vilanova dos Infantes.
 

celanova.jpeg

XXV Aniversario Premio García Barros

O sábado 16 de novembro tivo lugar en Santiago, na Cidade da Cultura, a conmemoración do XXV Aniversario da creación do Premio Literario "Manuel García Barros".

Un grupo de alumnos do noso centro pertencentes á materia de Literatura Galega do Século XX, acompañados polo profesor Carlos Loureiro, estiveron no acto.

Prema aquí para ver a galería de fotos do evento.

Prema aquí para ver o vídeo gravado coa colaboración dos alumnos do MGB.

Distribuir contido