Lingua Galega e Literatura

Charla de Carlos Mella

O alumnado de 4º de ESO asistiu o pasado martes 6 de febreiro a unha charla sobre Castelao impartida polo estradense Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao.

Carlos Mella.JPG

O alumnado de 3º ESO no teatro

O pasado venres 29 de setembro sesenta e cinco alumnos de 3º ESO, acompañados por catro profesoras, acudiron ao Teatro Principal da Estrada para asistir á representación teatral da obra "Na butaca (fantasía nº 3 en Dor Maior)"Trátase dunha obra benéfica organizada co motivo do Día Mundial do Alzheimer e realizada pola Asociación Galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA)Cartel II.jpg

Día de Rosalía

Celebrouse no MOME este 23 de febreiro a anual homenaxe á nosa poeta ROSALÍA DE CASTRO, na que, en conxunto cos demais centros de ensino da Estrada e o IES Chano Piñeiro de Forcarei, alumnado dos diferentes centros recitou poemas da nosa universal poeta.

Polo noso centro recitaron o poema "De soidás morríase" as alumnas SANAA CHEFAOUI e LAILA HAIBOURI.

Rosalía2.jpg

María Reimóndez no MGB

O pasado venres 17 a escritora María Reimóndez compartiu co noso alumnado a súa actividade literaria, social e tamén o mundo da tradución.

P21701925.JPG

Concurso de relatos de ADEGA

A nosa alumna María Rozados Balboa de 4º ESO C resultou gañadora do 1º Premio Xuvenil do Concurso de Relatos de ADEGA coa súa obra "Quen son eu".

Como finalistas temos a Ainhoa Pereiras Mosquera (1º ESO C) con "O noso tesouro" e a Sandra Ferreiro García (1º BAC. C) con "Tan belo...Tan fráxil...".

En hora boa ás tres!

Xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar

Alumnado de 1º e 3º de ESO do noso instituto a cargo do departamento de Lingua e Literatura Galega participaron onte na xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar. O Faro de Vigo faise eco da noticia.

Olimpio.jpg

"Produto do país". Galego nas aulas

No IES MGB buscamos potenciar o uso da lingua galega en todos os aspectos, e desde a titoría de 1 ESO C do curso pasado recórdannolo con este vídeo.

Correlingua 2016

Mañá martes 31 de maio o alumnado de 1° de ESO participará no Correlingua. A actividade consistirá nun pequeno percorrido reivindicativo en defensa do galego polas rúas da vila, xunto con alumnado doutros centros educativos da comarca. 

Premiados do concurso "Coida a túa lingua"

Os gañadores do concurso "Coida a túa lingua", organizado polo Equipo de Normalización do noso centro foron: Ángel Louzao Neira (3º A ESO) na categoría A, Nerea Agrelo Turnes (4º C ESO) e Raquel Fonseca Pontes (4º C ESO) na categoría B e Suso Iglesias Torres (Departamento de Matemáticas) na categoría C.
Parabéns a todos eles!

GAADOR~1.PNG

III edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

No certame, convocado polos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino da Estrada, resultaron premiados/as os/as seguintes alumnos/as do noso centro: David Barbeito Rebolo (1º C ESO), Ainhoa Vivel Couso (4º A ESO) e Laura López Rey (2º C BACH), na sección de microrrelatos e Hugo Barruso Arias (1º C ESO), Nicolás Luna Puente (4º C ESO) e Román Constenla Fontenla (1º C BACH), na sección de micropoemas.
Os traballos gañadores, que serán publicados proximamente nun libro colectivo, xa se encontran no web de normalización do centro. Podedes acceder a eles picando nesta ligazón: blogue de creación literaria.

Premiados 2016.jpg

Finalistas no Certame Nontedurmas

As nosas alumnas de 4º de ESO Ainhoa Vivel, Alba Mato e Sandra Ferreiro resultaron finalistas do IV Certame de Relato Curto da FANPA. O día 31 de maio saberemos se algunha delas é a gañadora. Moita sorte!

Máis información nesta ligazón.

Roteiro d'A Esmorga

Este xoves 31 o alumnado deste Centro fixo un percorrido polo roteiro dos protagonistas d'A Esmorga pola cidade de Ourense para máis tarde desprazarse ao Pazo Museo de Trasalba de Otero Pedrayo.

P3300076.JPG

Roteiro da Esmorga

O vindeiro xoves 31 de marzo alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e da materia de Literatura do Século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato realizarán o Roteiro da Esmorga no concello de Ourense e visitarán a Casa-museo Otero Pedrayo en Trasalba. Sairán do centro ás 9:00 e voltarán sobre as 20:00.

Charla de Ledicia Costas

O vindeiro venres 29 de xaneiro a escritora Ledicia Costas departirá no noso centro sobre a súa literatura e máis concretamente sobre "Escarlatina, a cociñeira defunta", obra recentemente recoñecida co Premio Nacional de Literatura Infantil.

Ledicia.jpg

Premio no concurso Anomar de poesía

A profesora do noso centro Marisa Otero resultou gañadora do concurso Anomar de poesía, convocado pola Asociación Cultural Os Tilos, na categoría de adultos.

Moitas felicidades!

Distribuir contido