Deportes, Novas Deportes, Deporte no MGB
Novos éxitos deportivos do noso alumnado
Enviado por Vicedirec. o 30 Abril, 2024 - 08:22Parabéns @s nos@s alumn@s que a pasada fin de semana acadaron diversos éxitos deportivos:
- Xían Diéguez proclamouse Campión da Fase Prata do Campionato de España coa selección Galega sub16 de fútbol.
- Lía Vázquez (1º BAC A) e Arauia Al Bachere (2º BAC B), acadan a prata co Ourense Atletismo no Galego de Clubes de Atletismo.
La Voz de Galicia. Faro de Vigo.
Novos éxitos de Arabia Al Bachere
Enviado por Vicedirec. o 1 Marzo, 2024 - 16:24Parabéns de novo á nosa alumna Arabia de 2º Bacharelato polas dúas medallas acadadas no Campionato Galego sub-20 en Pista Cuberta: subcampioa galega en 400 metros e bronce nos 200 metros lisos.
Máis detalles no Faro de Vigo e en La Voz de Galicia.
Campionato Galego de Salvamento
Enviado por Vicedirec. o 1 Marzo, 2024 - 16:14O Club de Natación e Salvamento da Estrada ao que pertencen varios dos nosos alumn@s da ESO vén de lograr un grande éxito na súa participación no Campionato Galego de Salvamento celebrado a pasada fin de semana en As Pontes. Parabéns a tod@s!
Pódese consultar a nova en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo.
Pablo López, campión galego en dobres masculino
Enviado por Vicedirec. o 23 Febreiro, 2024 - 21:00Parabéns ao noso alumno Pablo López Sánchez de 1º Bacharelato A que, xunto co santiagués Miguel del Castillo, se proclamou campión galego de tenis en dobres masculino.
Máis información en La Voz de Galicia.
Andrés Carballeda, tres medallas de natación
Enviado por Vicedirec. o 23 Febreiro, 2024 - 11:05Parabéns ao noso alumno de 3º ESO B Andrés Carballeda Abeijón que vén de acadar tres medallas no campionato autonómico de natación.
Máis información en El Correo Gallego.
Sergio Cao e Manuel Verde, 4º posto en Vilagarcía
Enviado por Vicedirec. o 22 Febreiro, 2024 - 12:13Os nosos alumnos de 3º ESO Sergio Cao Iglesias e Manuel Verde Andújar acadaron o 4º posto nas 3H Resistencia de BTT na modalidade de relevos disputada a pasada fin de sermana en Vilagarcía.
Parabéns!!!
Nico Lorenzo subcampión galego de trail
Enviado por Vicedirec. o 21 Febreiro, 2024 - 16:46Parabéns ao noso alumno Nico Lorenzo Castro de 2º ESO B que acadou o 2º posto no Campionato Galego de Trail disputado en Muros o pasado domingo.
Carla Pintor, bronce no 300 autonómico
Enviado por Vicedirec. o 16 Febreiro, 2024 - 11:01Parabéns á nosa alumna de 2º ESO Carla Pintor Vinseiro, medalla de bronce na final de 300 metros lisos no campionato galego de pista cuberta.
Natalia Rivas, subcampioa galega de marcha
Enviado por Vicedirec. o 6 Febreiro, 2024 - 09:27Parabéns á nosa alumna Natalia Rivas que a pasada fin de semana se proclamou subcampioa galega Sub-20 de marcha en ruta e bronce no Galego Absoluto.
Arauia Al Bachere proclámase subcampioa de Galicia dos 400 en pista cuberta
Enviado por admin o 1 Febreiro, 2024 - 21:05Parabéns á alumna do noso centro Arauia Al Bachere por proclamarse subcampioa de Galicia dos 400 en pista cuberta.
EDUsaúde. Formación do profesorado en técnicas de respiración e relaxación.
Enviado por admin o 13 Novembro, 2023 - 13:59Fase zonal do Campo a través XOGADE 2023
Enviado por admin o 20 Outubro, 2023 - 22:15Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.
Enviado por XefeEstudos o 5 Xuño, 2023 - 10:16Unha medallista entre o noso alumnado de 1º de bacharelato
Enviado por XefeEstudos o 1 Xuño, 2023 - 10:19O noso centro congratúlase de ter unha alumna medallista no Campeonato de Galicia Sub-18. Noraboa a todas pola notable participación e felicitacións á nosa alumna medallista.