EDUsaúde. Formación do profesorado en técnicas de respiración e relaxación.
Enviado por admin o 13 Novembro, 2023 - 13:59
No marco do contrato programa de EDUsaúde, no que está implicado a maioría do profesorado do noso centro, o mércores 8 de novembro tivo lugar a primeira xornada de formación sobre técnicas de respiración e relaxación.
Durante o curso 2023-2024 pretendemos ampliar o ámbito e intervención do proxecto EDUsaúde dos pasados anos, que estivo centrado na promoción da actividade física, a alimentación saudable, o risco do consumo de bebidas enerxéticas..., incorporando o descanso e tamén os hábitos saudables que axudan á nosa saúde mental.
A experiencia resultou moi positiva e esperamos darlle continuidade, aplicándoa co alumnado nas aulas e con outras actividades formativas no futuro.