Novas Deportes
Novos éxitos de Arabia Al Bachere
Enviado por Vicedirec. o 1 Marzo, 2024 - 16:24Parabéns de novo á nosa alumna Arabia de 2º Bacharelato polas dúas medallas acadadas no Campionato Galego sub-20 en Pista Cuberta: subcampioa galega en 400 metros e bronce nos 200 metros lisos.
Máis detalles no Faro de Vigo e en La Voz de Galicia.
Campionato Galego de Salvamento
Enviado por Vicedirec. o 1 Marzo, 2024 - 16:14O Club de Natación e Salvamento da Estrada ao que pertencen varios dos nosos alumn@s da ESO vén de lograr un grande éxito na súa participación no Campionato Galego de Salvamento celebrado a pasada fin de semana en As Pontes. Parabéns a tod@s!
Pódese consultar a nova en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo.
Representación do IES Manuel García Barros no Campionato Galego de Campo a Través, XOGADE 2023
Enviado por XefeEstudos o 7 Marzo, 2023 - 20:44O departamento de educación física quere agradecer a Marcos Otero, adestrador do Clube Atletismo A Estrada, o seu ofrecemento para actuar como responsable das dúas alumnas, a pesar de que unha delas non pertence ao seu clube, acompañándoas en todo momento no día da proba.
Mehdi Nabaoui obtivo o 3º posto no Cross de Atapuerca
Enviado por admin o 14 Novembro, 2019 - 14:11Parabéns polo seu novo éxito.
Triunfo de Mehdi El Nabaoui
Enviado por admin o 29 Outubro, 2019 - 22:06Mehdi El Nabaoui vén de gañar por cuarto ano consecutivo a Carreira Pedestre de Santiago na categoría sub 18.
Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Os ex-alumnos Ana Carbón e Miguel Sanluis acadan sendas medallas de prata no España Sub-19 de Bádminton
Enviado por admin o 3 Maio, 2019 - 15:23Parabéns no nome de toda a comunidade educativa.
Triunfo de Mehdi El Nabaoui
Enviado por Vicedirec. o 29 Outubro, 2018 - 10:43O noso alumno de 3º PMAR Mehdi El Nabaoui vén de gañar por terceiro ano consecutivo a Carreira Pedestre de Santiago na categoría sub 18.
Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Novos éxitos das deportistas do MGB
Enviado por Anónimo o 13 Xuño, 2013 - 07:57As aslumnas do MGB Ana Carbón e Marta Sanamartín veñen de acadar o pasado fin de semana o terceiro posto no Campeonata de España de Bádminton na categoría sub-13 e na modalidade de dobres.
Por outra banda, Rosa Rivadulla e Laura De La Fuente, alumnas tamen do noso centro, acadaron o primeiro e terceiro posto respectivamente no Camponato Galego de ximnasia artística, nas modalidades de minitramp e cama elástica.
Desde o MGB queremos felicitar as catro deportistas e animalas a continuar adestrando e demostrando que estudios e deporte son sempre compatibles. Noraboa.
Medalla de Prata de Bádmiton para Pablo Sanmartín
Enviado por Secret. o 3 Xuño, 2013 - 11:01O alumno de 1º de Bacharelato A do noso centro, Pablo Sanmartín obtivo unha medalla de prata no Campionato de España Sub 17 de Bádminton. Ver nova.
Campeona de España de marcha atlética no MGB
Enviado por Anónimo o 30 Maio, 2013 - 11:03A alumna do MGB Carmen Escariz Mella (3º ESO) ven de proclamarse Campeona de España de Marcha Atlética na proba celebrada en Málaga o pasado fin de semana. Desde o noso centro queremos darlle os parabens e animala a seguir adestrando e competindo. Noraboa.
Alumno de 2º ESO A Campión de España de Bádminton
Enviado por Secret. o 22 Maio, 2013 - 12:22Miguel Barbado Fernández de 2º ESO A do centro proclamouse Campión de España de Bádminton en dobles mixtos na Categoría Sub-15. Noraboa ao gañador.
Alumna do centro Medalla de Ouro de Marcha Atlética
Enviado por Secret. o 11 Decembro, 2012 - 11:47A alumna de 3º ESO do noso centro Carmen Escariz Mella proclamouse campiona de España de Marcha cadete na localidade granadina de Guadix. O Faro de Vigo do martes 11 de decembro recolle a nova.
Alumnas do centro na competición de Badmintón
Enviado por Secret. o 22 Novembro, 2012 - 12:58O Faro de Vigo do 21 de novembro recollece "o altísimo nivel" das alumnas do noso centro Nerea Gestoso e Andrea Gutiérrez que foi determinante para a victoria do Clube Reale A Estrada A na segunda xornada da Liga Galega de Clubes disputada en As Neves. Ver noticia.
Noraboa a Fabián Penas
Enviado por Anónimo o 6 Xuño, 2012 - 13:07O alumno de 2º de ESO do MGB Fabian Penas ven de acadar o campeonato de España de bádminton sub-15 na modalidade de dobres. Fabian únese a longa lista de grandes xogadores e xogadoras do club Reale-Thebes de A Estrada que cursaron ou cursan estudios no MGB (Pablo Sanmartín, Ana Reino, Nerea Gestoso...). Toda a comunidade do MGB queremos felicitalo a el e aos seus compañeiros polos magníficos resultados que están conseguindo en competicións de ámbito nacional e internacional. Moito ánimo e seguir buscando novas metas.
Partido homenaxe a Antonio Chao
Enviado por admin o 21 Xuño, 2011 - 10:19Mañá mércores, as 12:00 horas, terá lugar un partido homenaxe a Antonio Chao entre os profesores e os alumnos de 1º de Bacharelato.
Así o ve Marcos Regueiro, de 1º de BAC.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »