Premios
Premios Aspamite
Enviado por Vicedirec. o 20 Xuño, 2017 - 13:01O pasado sábado 17 de xuño foron entregados os premios do XIV Concurso de Contos Aspamite. Dous alumn@s do noso centro estaban entre @s premiad@s na categoría de Educación Secundaria: Ainhoa Pereiras Mosquera de 1º ESO C obtivo o terceiro premio e Marcos Couceiro Aller de 3º ESO A o segundo premio.
Parabéns aos premiad@s!
Máis información nesta ligazón.
Gañadores nos concursos de relatos e carteis
Enviado por Vicedirec. o 8 Xuño, 2017 - 13:23Vari@s alumn@s do MGB foron premiad@s nos concursos de relatos curtos e carteis convocados polo Centro de Información á Muller do concello e pola asociación Acrofam no marco das charlas de prevención de violencia de xénero realizadas en distintos centros educativos da Estrada. Os premiados son os seguintes:
- Relato curto (categoría feminina):
1º premio: Marta Troitiño Cora de 2º ESO C.
2º premio: Carla Rey Brey de 2º ESO B.
- Relato curto (categoría masculina):
2º premio: Eloy Mosteiro de 2º ESO C.
3º premio: Jonathan Ameijeiras de 2º PMAR.
- Concurso de carteis (categoría de grupo):
1º premio: Sara Brea, David Barbeito, Jorge Barbeito e Elías Brea de 2º ESO A.
Parabéns para tod@s!
Teresa Iglesias gañadora do María Mariño de poesía
Enviado por Vicedirec. o 9 Maio, 2017 - 12:04A profesora Teresa Iglesias Yugat acaba de gañar o primeiro premio de poesía María Mariño convocado pola asociación Teenses pola Igualdade. A obra premiada é "Nos arrabales do tempo".
Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Sandra Ferreiro recibe o 2º premio de narrativa Minerva
Enviado por Vicedirec. o 31 Marzo, 2017 - 12:33O pasado xoves día 30 de marzo a nosa alumna de 1º de Bacharelato Sandra Ferreiro García recibiu o 2º premio de narrativa Minerva outorgado polo Colexio Manuel Peleteiro de Santiago.
Parabéns!
Mási información na seguinte ligazón.
Premios Minerva
Enviado por Vicedirec. o 8 Marzo, 2017 - 11:59A nosa alumna Sandra Ferreiro García de 1º Bac. C acaba de gañar o segundo premio de narración na XLV Edición dos Premios Minerva convocados polo Colexio Manuel Peleteiro. Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Medallas de ouro e bronce no Campionato Galego Cadete de pista cuberta
Enviado por Vicedirec. o 1 Febreiro, 2017 - 12:34Os nosos alumnos de 1º de ESO Mehdi Nabaoui e Amine Bensoultana acaban de gañar as medallas de ouro e bronce nos 3.000 metros do Campionato Autonómico de Pista Cuberta. Máis información nesta ligazón.
Moitas felicidades!
Un novo éxito para El Mehdi El Nabaoui
Enviado por Vicedirec. o 10 Xaneiro, 2017 - 16:22Unha vez máis o noso alumno El Mahdi El Nabaoui de 1º de ESO vén de acadar un éxito deportivo: batir o récord autonómico nos 3.000 metros cadete de pista cuberta. Foi o pasado fin de semana no Torneo Norte de Portugal na cidade de Braga.
Máis información nesta ligazón.
Parabéns!
Concurso de relatos de ADEGA
Enviado por Vicedirec. o 26 Decembro, 2016 - 11:54A nosa alumna María Rozados Balboa de 4º ESO C resultou gañadora do 1º Premio Xuvenil do Concurso de Relatos de ADEGA coa súa obra "Quen son eu".
Como finalistas temos a Ainhoa Pereiras Mosquera (1º ESO C) con "O noso tesouro" e a Sandra Ferreiro García (1º BAC. C) con "Tan belo...Tan fráxil...".
En hora boa ás tres!
Premio de poesía
Enviado por Vicedirec. o 26 Decembro, 2016 - 11:41O pasado 20 de decembro a profesora Teresa Iglesias recibíu unha Mención de Honra no Premio de Poesía do XXI Certame Manuel Oreste Rodríguez López no concello de Paradela (Lugo).
Parabéns!
Finalistas no concurso de poesía ANOMAR
Enviado por Vicedirec. o 19 Decembro, 2016 - 20:05A nosa alumna Ainhoa Pereiras Mosquera de 1º ESO C e a profesora Teresa Iglesias foron finalistas no concurso de poesía ANOMAR.
Parabéns ás dúas!
A profesora Teresa Iglesias no certame "Cores con palabras"
Enviado por Vicedirec. o 2 Decembro, 2016 - 12:02A profesora Teresa Iglesias Yugat resultou gañadora do certame "Cores con palabras" na categoría de poesía polo seu traballo "Rapsodia dun fado". Trátase dun premio convocado pola Asociación Galega das Artes, coa colaboración do concello da Estrada e da Consellería de Cultura. Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Campionato de pimpón
Enviado por Vicedirec. o 8 Xullo, 2016 - 12:25Na final do Campionato de Pimpón disputada o mércores 22 de xuño resultou gañador Carlos Delgado Tejedor e en 2º lugar Pablo Diéguez Rebolo, alumnos de 2º de ESO. Parabéns!
Probas dos Premios Extraordinarios de Bacharelato
Enviado por Vicedirec. o 5 Xullo, 2016 - 10:31O vindeiro martes 12 de xullo no IES Sánchez Cantón de Pontevedra terán lugar as probas para a obtención dos Premios Extraordinarios de Bacharelato. As alumnas do IES MGB que acudirán son Paula Durán Ferrero, Andrea Durán Liñares e Cristina González Barreira.
Moita sorte ás tres!
Acto de recoñecemento aos mellores estudantes
Enviado por Vicedirec. o 5 Xullo, 2016 - 10:18O pasado xoves 30 de xuño tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago un Acto de Recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia. Foi organizado dende o programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" para aqueles que acadaron unha media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso á Universidade.
Do noso centro foi recoñecida a alumna Laura López Rey.
Parabéns Laura!
I Concurso ce Cartel Creativo "Moito AMOR pode chegar a ser..."
Enviado por Vicedirec. o 14 Xuño, 2016 - 13:03O pasado luns 13 de xuño, nas instalacións de Vithas Salud Fisium da Estrada, foron entregados os premios do I Concurso de Cartel Creativo "Moito AMOR pode chegar a ser...". Este concurso foi organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do concello, no marco do Obradoiro "Previndo a Violencia de Xénero e Compartindo a Vida en Igualdade" no que participou o alumnado de 2º de ESO.
Varias alumnas do noso centro resultaron gañadoras nas dúas categorías:
- Categoría individual:
1º Premio: Ana Gestoso Froján (2º ESO C).
2º Premio: Ángela Cabalar Prieto (2º ESO C).
- Categoría grupal:
2º Premio: Nerea Iglesias Cascallar, Marta López Gago e Cristina Ochoa Sánchez (2º ESO C).
Parabéns ás premiadas!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »