Premios

Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria

Con data de 9 de novembro de 2009 remitiuse á Dirección Xeral de Educación a documentación relativa aos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria, na modalidade de rendemento académico, dos seguintes alumnos do MGB:

  • Carbajales Neira, Cristian
  • De la Calle Cuevas, Manuel
  • Mato Búa, Rocío
  • Rodríguez Castro, Marta
  • Vilar Rebolo, Helena

O equipo de Dormes? recolle o galardón dos Premios Buero

O Taller de expresión artística do MGB ao completo, ben arropado por moitos outros membros da comunidade educativa, recolleu onte na gala celebrada no Teatro Principal de Santiago os galardóns dos premios Buero de Teatro Xove como gañador da fase autonómica e mención especial á escenografía.

Podes ler as reseñas aparecidas no Correo Gallego, no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.

* Fotografía de María L. de la Calle

IMG_2169.JPG

Novo premio para Dormes?

O Taller de Expresión Artística do MGB coa súa obra Dormes? obtén un novo premio. Ademáis de gañar a Fase Autonómica dos premios de teatro Buero Vallejo, acaban de concederlle a Mención Especial á Mellor Escenografía. Parabéns a todos outra vez

Dormes? gaña a fase autonómica dos Premios Buero

Dormes?, a última creación do Taller de Expresión Artística do MGB, segue acaparando premios. Nesta ocasión vén de proclamarse vencedora da fase Galega dos Premios Buero, entre outras 16 obras finalistas.

O premio? Participar na fase final Estatal deste prestixioso certame e asisitir, profesores e alumnos, na primeira semana de xullo, ao 2º Campus de Teatro Buero que se celebrará en Madrid, impartido polos mellores profesionais do mundo da escena (actores, directores, etc.).

Pero antes diso aínda haberá unha nova respresentación da obra nun teatro e nunha data aínda por determinar, á que asistirá o xurado da Fase Estatal e da que se realizará unha gravación profesional.

Un aplauso para todo o equipo de Dormes? e toda a sorte na disputa deses 3 premios da Fase Estatal Seguro que o conseguen!

Premios Buero

Dormes? gaña o premio especial do público en Goián!

Miguel Carbajal subiu de novo ao escenario no día de onte, para recoller, de mans da alcaldesa de Goián, o premio especial do público na terceira edición da Mostra de teatro non profesional do Miño, promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura.

Un éxito máis para esta creación do Taller de Expresión artística do MGB, que agarda o veredicto do xurado dos premios nacionais de teatro Buero Vallejo para acudir á fase final estatal en Madrid.

Un campeón de España no MGB

Pablo Sanmartín Andújar, alumno de 1º C de ESO do MGB é o novo Campeón de España de bádminton na categotía sub13, nas modalidades de individual e dobres. A competición celebrouse o fin de semana do 28 e 29 marzo en Sevilla. Desde aquí queremos felicitalo e animalo a continuar a súa progresión, así como eloxiar o traballo e a humildade que amosa día a día: noraboa.  

Éxito do MGB na Olimpiada Nacional de Física

Os alumnos de 2º de Bacharelato A, Diego Oliveira Sánchez e Álvaro García Martínez, obtiveron, respectivamente, o PRIMEIRO (medalla de ouro) e TERCEIRO posto (Medalla de bronce) na XX Olimpiada Nacional de Física na súa fase Local. Ambos alumnos representarán á Universidade de Santiago de Compostela na Fase Nacional que se celebrará na Universidade de Pamplona entre o 24 e 27 de abril de 2009.

Consulta as notas de prensa aparecidas na Voz de Galicia, no Correo Galego e no Faro de Vigo.

fisica_olim_2009_bis.jpg

Novo premio para un profesor do MGB

O profesor e xefe do Departamento de Tecnoloxía do MGB, Gumersindo Monteagudo, gañou o 3º premio a recursos educativos para a sociedade da información 2008 (DOG 19 de decembro 2008), na modalidade C (galerías de imaxes e vídeos didácticos), cun traballo que leva por título "Obradoiro de Tecnoloxía", do que é coautor xunto con tres compañeiros profesores de Tecnoloxía: Carmelo Cacabelos (IES "Fermín Bouza Brey"), Obdulia García (CIFP "Politécnico de Santiago") e Francisco Lado (CIFP "Politécnico de Santiago"). O traballo pódese consultar neste enderezo web.
tecno_web.png

Novos éxitos dos deportistas do MGB

O pasado fin de semana Luis Manuel García (2º ESO) acadou o segundo posto no Campionato Galego de Baile de salón.

Por outra parte, os xogadores de bádminton Pablo Sanmartín (1º ESO) e Jose Manuel Padín (2º ESO) serán premiados na Gala do Deporte Galego polas medallas acadadas no campeonato de España 2008 na categoría sub-13. Nesta gala a Consellería de Cultura e Deporte otorga os Premios Nacionais do Deporte Galego.

Parabens aos tres deportistas. 

Premio de Excelencia Académica

María Eugenia Guerra Vilar, alumna de 2º Bacharelato o ano pasado neste centro, obtivo o Premio de Excelencia Académica para o alumnado que inicia estudos universitarios. O vindeiro 29 de outubro recibirá a credencial oficial deste premio da man da Conselleira de Educación  nun acto que terá lugar en Santiago.  Desde aquí dámoslle o noso parabén.

Un alumno do MGB vencedor nunha carreira ciclista

O alumno do MGB Óscar González ven de gañar a carreira ciclista do "Trofeo Vila de Padrón", demostrando así que a caída sufrida na primeira proba da temporada non foi más que un pequeno contratempo. Esperamos que non sexa esta a única vez que cruce a meta en primeiro lugar.
prensa_oscar_gonzalez_BIS.jpg

Novo éxito dun alumno do MGB: Baile deportivo e de competición

O alumno de 1º de ESO, Manuel García, foi subcampeón galego junior da I edición do Campeonato Galego de Baile Deportivo e de Competición, celebrado en Narón o pasado 20 de abril. Parabéns ao noso alumno e á súa parella de baile, a tamén estradense Alba Martínez. Pódese consultar a nova da prensa pinchando aquí.

PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

O pasado venres 25 de abril celebroúse en Santiago o acto de entrega dos premios á Innovación Educativa na Consellería de Presidencia. A dito acto acudiu  ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, onde   recibiu  o terceiro premio de máns da Conselleira de Educación  polo o seu traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".

PREMIO NAS OLIMPIADAS DE FISICA

O centro comprácese en anunciar que a alumna Mª Euguenia Guerra Vilar de 2º Bacharelato A quedou clasificada en 3º lugar na Fase Local da Olimpiada de Física convocada pola Universidade de Santiago de Compostela. A comunidade educativa do "IES Manuel García Barros" ten a ben felicitala así como ao Departamento de Física e Química do centro

premio_fisica_2008_faro_4.jpg
Distribuir contido