Premios

A compañeira Teresa Iglesias Yugat gaña o Premio relato Curto convocado pola FANPA

Co relato "Horizante con neboeiro", unha reflexión sobre o rural vaciado, Teresa Iglesias vén de gañar o 1º Premio Relato Curto categoría adultos convocado pola FANPA. Parabéns.

Campionato de pimpón

O pasado xoves 21 de xuño xogouse a final do Campionato de Pimpón. Resultou gañador o alumno de 4º ESO Carlos Delgado e 2º clasificado Pablo Diéguez do mesmo curso.

Pimpon2.JPG

XXXIX Certame Terra Cha

Varios alumnos de 1º de ESO resultaron premiados en distintas modalidades no XXXIX Certame Terra Cha. Os premios entregaránse o día 5 de agosto, ás 6 da tarde, durante o Festival de Pardiñas. Os premios, que outorga a Asociación Xermolos, foron para:

- Poesía: Carlota Torrado, Paula Rodríguez e Pablo Sanmartín.

Premios Aspamite

O pasado sábado a asociación Aspamite entregou os seus premios do XV Concurso de Contos "Somos capaces", resultando gañadoras do 1º e 3º premio de Educación Secundaria as nosas alumnas de 2º ESO Julia García Madriñán (1ª premio) e Lorena Cabezas Barreiro (3º premio).

Moitas felicidades ás dúas!

IMG-20180616-WA0006.jpg

Premio para Ainhoa Pereiras

A nosa alumna de 2º ESO B Ainhoa Pereiras Mosquera vén de gañar o primeiro accésit do IV Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro convocado polo Corte Inglés coa súa obra "Quen sabe?".

Parabéns!

Ainhoa111_0.jpg

Premio para Carlota Torrado

O pasado 17 de maio a nosa alumna Carlota Torrado, de 1 B ESO resultou premiada cun accesit no XII Certame de Poesía Francisco Añón. O certame é un dos máis prestixiosos premios de poesía galega e é a primeira vez que o noso Centro acada un premio neste concurso. Parabéns, Carlota. 

ganadores_certame_poesia_2018.jpg

"Fe ou Ciencia"

A curtametraxe "Fe ou Ciencia" vén de proclamarse finalista no Certame Internacional de Cinema de Valencia, na sección Cinema Jove.

O traballo foi realizado por catro alumn@s do bacharelato artístico (Andrea González, Jacqueline Reimúndez, Marcos Puente e Míriam Núñez) coordinados polo profesor Miguel Carbajal.

Viaxarán a Valencia do 26 ao 28 de xuño para participar na final.

fotografia.jpeg

Novos triunfos deportivos das nosas alumnas

As nosas alumnas de 3º e 4º da ESO veñen de participar co Club Acuático Umia no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo disputado en Torrevieja. Marta Troitiño Cora gañou o bronce en 100 metros de remolque de maniquí con aletas e Ainoa Carracedo Flores a mesma clasificación en relevo de corda. Máis información nesta ligazón.

DSC_0006.JPG

Ainhoa Pereiras gañadora do concurso Can Valentín

A nosa alumna Ainhoa Pereiras Mosquera de 2º ESO B vén de gañar o primeiro premio da categoría C (alumnado de ESO) do II Concurso de cartas de amor convocado por Radio Estrada.

En hora boa!

Novo triunfo de Mehdi Nabaoui

O pasado domingo o noso alumno de 2º ESO B Mehdi Nabaoui clasificouse no primeiro posto da categoría sub-18 do Campionato de España de Campo a Través por Clubes disputado en Xixón.

Parabéns!

Máis información nesta ligazón.

Mehdi.jpg

Grupos gañadores de Odisea 2018 MGB

Na Odisea do MGB de este ano 2018, os grupos gañadores, e que hoxe recibiron os seus premios na MeGaBiblioteca, foron:
  1. ΣΕΛΗΝΗ (María Rozados, Adela Sánchez, Carlota Campos) 1ºBAC B
  2. STVLTVS QUI ID LEGIT, (Adrían Rodríguez, Pablo Fernánez, Nicolás Puente), 2ºBAC C 
  3. RVRSVS RVRSVS, (Ángela Vinseiro, Aldara Baliño), 2ºBAC C 
odiseamgb_2018-500bis.jpg

Premios MGB Odisea 2018 no 2º Recreo

Mañá venres no 2º recreo, na Biblioteca do centro,  faremos entrega dos premios MGB aos 3 primeiros clasificados na Odisea 2018 .

Ven e dálles un merecido aplauso!

odisea_2018_blogs.png

Premio para Teresa Iglesias

A profesora Teresa Iglesias Yugat acaba de gañar o primeiro premio de poesía  na categoría de adultos no "XI Certame Literario TERRAS DE CHAMOSO" pola obra "Pensarte".

Parabéns de parte de toda a comunidade educativa do IES Manuel García Barros!

Premio Teresa.jpg

XIV Concurso de poesía ANOMAR

Ainhoa Pereiras, de 2º ESO e a profesora Marisa Otero veñen de facerse co premio de poesía ANOMAR deste ano nas categorías 13-17 anos, e + de 18. Neste certame participan alumnos de todos os institutos de Galicia, e membros do noso centro teñen recibido este galardón en diversas ocasións. 

Anomar.jpg

Campionato de Bádminton

Esta mañá foron disputadas as distintas finais do Campionato de Bádminton cos seguintes resultados:

1ª premio: Pablo Loureiro Reboredo (2º ESO B).

2º premio: Lois Rodríguez Moimenta (2º ESO B).

3º premio: Anxo Paz Carracedo (2º ESO C).

4º premio: José Comerón Lado (2º ESO A).

En hora boa!

Badm 2.jpg
Distribuir contido