Premios
Unha alumna premiada Contos Aspamite
Enviado por Secret. o 19 Maio, 2011 - 09:52Eva Doporto Puente, alumna do noso centro, obtivo o 1º premio de secundaria no IX Concurso de Contos Aspamite (Asociación de pais de minusválidos de Teo).
Noraboa!
Premio
Enviado por Secret. o 10 Marzo, 2011 - 13:21A alumna Elisa Barcala Gosende, de 1º ESO A, resultou gañadora do primeiro premio, na súa categoría, do Concurso de Cartas de Amor do Concello de Vedra.
Noraboa, Elisa.
Premio a Innovación Educativa 2010
Enviado por Secret. o 9 Febreiro, 2011 - 12:21Información en La Voz de Galicia, onte, martes 8 de febreiro de 2011, sobre a entrega en Santiago dos premios a innovación educativa do ano 2010, con mención especial ao IES Manuel García Barros polo seu galardón ao traballo Dairas.
Premio a Innovación Educativa
Enviado por Secret. o 10 Xaneiro, 2011 - 11:03Orde pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa para o profesorado de centros de ensino non universitario.
Felicitación do Conselleiro polo premio Crearte
Enviado por webmaster o 26 Outubro, 2010 - 10:08"Dairas", gañadora dos premios Crearte 2010
Enviado por webmaster o 21 Outubro, 2010 - 15:53"Dairas", a curtametraxe de animación stop-motion do Taller de Creación Artística do MGB vén de recibir un novo galardón.
Neste caso trátase dos Premios Crearte 2010, convocados polo Ministerio de Cultura para o fomento da creatividade no ensino secundario (modalidade B, BOE luns 15 de marzo de 2010).
O premio consta dunha dotación económica de 23.000€ e dunha acreditación do Centro por parte do ministerio de educación como "Centro Educativo Creativo".
Na imaxe podemos ver aos profesores que forman parte do proxecto: Miguel Carbajal, Xoan Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño.
Unha vez máis, noraboa a todo o equipo!
Podedes ver as reseñas aparecidas na prensa:
Dairas, 3º premio no Festival de Cine de Ourense
Enviado por Vicedirec. o 5 Outubro, 2010 - 13:19Apertas a tod@s
Acto de recoñecemento aos "mellores expedientes"
Enviado por Vicedirec. o 7 Septembro, 2010 - 10:34O pasado 9 de xullo os alumnos de 2º de Bacharelato Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López asistiron en Santiago ao acto de recoñecemento aos mellores expedientes académicos de Bacharelato, acto organizado pola USC.
Os nosos parabéns.
Unha alumna do MGB recibe unha beca para EEUU
Enviado por webmaster o 12 Xuño, 2010 - 23:03A alumna do MGB, Paula Romero Bermúdez, conseguiu unha beca para pasar un ano académico en Estados Unidos. Esta beca pertence ao programa de becas High School da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega.
Esperamos que a súa estancia sexa agradable e proveitosa. NORABOA.
1º premio do concurso de contos de ASPAMITE para un alumno do noso centro
Enviado por Vicedirec. o 28 Maio, 2010 - 12:56Laura Carrillo, gañadora do XI premio de Relatos Curtos "Xaquina Trillo"
Enviado por webmaster o 15 Maio, 2010 - 09:10ÉXITO DE DOUS ESCRITOR@S DO MANUEL GARCÍA BARROS
Enviado por Secret. o 16 Abril, 2010 - 11:52Os alumn@s seguintes resultaron seleccionados no concurso "Ritmo - A - Poesía", organizado por JÓVENES ESCRITORES (Asociación de Málaga).
- Alejandro Regueira Suárez (1º BachB)
- Fátima Gómez Brey (1º Bach C)
O libro "Ritmo - A - Poesía - Galicia" será publicado no mes de xullo. Nel aparecerán as obras destes xoves autores.
Noraboa aos dous.
A alumna Rocío Mato Búa na prensa
Enviado por Vicedirec. o 4 Febreiro, 2010 - 10:10A prensa fíxose eco do éxito acadado pola alumna Rocío Mato Búa logo de conseguir estar entre os 20 mellores expedientes académicos galegos da ESO:
NORABOA POLO SEU ÉXITO E ESFORZO!!
Rocío Mato, Premio ao Rendemento Académico 2008/09
Enviado por webmaster o 27 Xaneiro, 2010 - 17:36Éxito dos estudantes do MGB nos Premios Extraordinarios da ESO
Enviado por Vicedirec. o 18 Decembro, 2009 - 14:20- Carbajales Neira, Cristian
- De la Calle Cuevas, Manuel
- Picallo Otero, Lara
- Rodríguez Castro, Marta
- Vilar Rebolo, Helena
- Mato Búa, Rocío
Unha vez publicadas as puntuacións provisionais obtidas por cada un, comprácenos informar que a alumna Rocío Mato Búa figura entre as 20 mellores puntuacións e que, de non haber modificacións, contaría cun Premio Extraordinario da ESO, correspondente ao curso 2008-2009.
Tamén informamos que a alumna Yasmina Vázquez Varela conseguíu, dentro da listaxe provisional, un Premio Extraordinario de ESO ao esforzo e superación persoal correspondente ao curso 2008-2009. Tamén a prensa se fixo eco desta boa nova.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »