Primeiro premio de poesía do concurso da Fundación Rosalía Castro para a nosa alumna Ainhoa Pereiras
Enviado por admin o 14 Xuño, 2019 - 15:29
A alumna de 3º da ESO Ainhoa Pereiras recibiu o sábado, no auditorio da Casa-Museo de Padrón, o primeiro premio de poesía do concurso que cada ano convoca a Fundación Rosalía Castro. Parabéns polo galardón.