Visita a Santiago
O 5 de marzo de 2024 o Departamento de Xeografía e Historia realizou unha saída cultural a Santiago para os alumnos de 2º de bacharelato que cursan Xeografía, Historia da Arte e Patrimonio de Galicia.
Os alumnos/as de Xeografía, acompañados pola profesora Esther Sánchez Recio, participaron na XV Olimpíada de Xeografía, na facultade de Xeografía e Historia, convocada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos de Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.
Os alumnos de Arte e Patrimonio de Galicia, acompañados pola profesora Beatriz Mera Pérez, foron visitar, mentres tanto, o casco histórico de Santiago, o Pazo de Xelmirez, a Catedral, as cubertas e o museo da mesma.
Pola tarde todo o grupo visitou o Pórtico da Gloria, a Casa do Cabido e o Museo das Peregrinacións.
Pódense consultar as fotos da actividade na nosa galería Flickr.