Admisión de alumnado novo no centro para o curso 2024-2025
Comunícase ás familias que fixeron solicitudes de admisión de alumnado novo no centro para o curso 2024-25 dentro do prazo habilitado, que todos/as están admitidos/as e xa teñen adxudicada a praza.
O próximo paso será facer a matrícula no prazo que se indique no calendario que se publicará a finais de xuño nesta páxina web e entregar a documentación que se lle solicite.
Teñan en conta que as solicitudes de axudas para libros de texto na ESO terán que entregalas xa neste centro dentro do prazo que sinale a convocatoria que aínda non se publicou e que adoita acabar antes de facer a matrícula.
Así mesmo o alumnado que veña para bacharelato deberá ter en conta que a convocatoria de becas MEC para o curso que ven remata o 10 de maio. (Información na nósa páxina web máis abaixo).