Matrícula
Matrícula para o curso 2024-2025
Enviado por Secret. o 20 Xuño, 2024 - 12:43A matrícula para o curso 2024-2025 realizarase, con cita previa no 886 152 100, por cursos, segundo o seguinte calendario:
Curso | Data de matrícula | Impreso de matrícula |
1º ESO |
28 de Xuño | |
4º ESO | 1 de Xullo | Impreso 4º ESO - Impreso 4º PDC |
1º Bacharelato | 2 de Xullo | |
2º Bacharelato |
3 de Xullo |
2º Ciencias - 2º Humanidades - 2º Artes - 2º Xeral |
3º ESO | 4 de Xullo | |
2º ESO | 8 de Xullo |
As solicitudes deben presentarse na secretaría (oficina)
O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi", Foxo e Cabada Vázquez, ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.
O alumnado no momento da matricula presentará:
- 2 copias do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán, cubertas e asinadas, na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
- Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte dianteira e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:
- 1 Foto tamaño carné co nome completo do/a alumna/a escrito pola parte traseira.
- 1 copia do DNI ou NIE (se non se entregou anteriormente no centro)
- Autorización actividades.
- Autorización emprego da imaxe.
- Autorización recollida.
- Información e consentimento TIC. (só o alumnado novo no centro)
- Cláusula informativa protección de datos.
- Xustificante de pago do seguro escolar. Importe: 1,12.-€. (O seguro escolar so é para alumnado de 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato). O pago é obrigatorioe realizarase na conserxería do centro antes de entregar a documentación da matrícula na secretaría. Só se admitirá o importe exacto, non se devolverá cambio.
- Impreso ANPA (Este impreso só o entregaran as familias interesadas en facerse socios da ANPA)
Datas de matrícula de Setembro para o curso 2019-2020
Enviado por Secret. o 22 Xullo, 2019 - 09:33Premendo aquí terá acceso ao calendario de matrícula de setembro para o curso 2019-2020 para todo o alumnado que tiña algunha materia pendente.
Calendario de matrícula ordinaria curso 2019-2020
Enviado por Secret. o 1 Xullo, 2019 - 10:36Ábrese o prazo de matrícula ordinaria para o alumnado que aprobou todo no mes de xuño.
Pinche neste enlace para ver as datas e os horarios propostos polo centro.
Os alumnos que suspenderon algunha materia en xuño terán que examinarse en setembro no calendario que posteriormente se publicará e matricularse, unha vez teñan as notas, nas datas que se propoñan para o prazo de matrícula extraordinario.