Taller de Creación Artística

"Dairas", gañadora dos premios Crearte 2010

"Dairas", a curtametraxe de animación stop-motion do Taller de Creación Artística do MGB vén de recibir un novo galardón.

Neste caso trátase dos Premios Crearte 2010, convocados polo Ministerio de Cultura para o fomento da creatividade no ensino secundario (modalidade B, BOE luns 15 de marzo de 2010).

O premio consta dunha dotación económica de 23.000€ e dunha acreditación do Centro por parte do ministerio de educación como "Centro Educativo Creativo".

Na imaxe podemos ver aos profesores que forman parte do proxecto: Miguel Carbajal, Xoan Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño.

Unha vez máis, noraboa a todo o equipo!

Podedes ver as reseñas aparecidas na prensa:

premios_crearte.jpg

Animais artificiais

Este é o novo traballo do Taller de Creación Artística do MGB. Trátase dunha curtametraxe, inspirada na obra teatral de Ana Vallés "Animales Artificiales".
Podedes seguir paso a paso este proxecto dende o seu blog http://animaisartificiaismgb.blogspot.com/
animais_artificiais_bis.png

DAIRAS en CORTOMIERES-10ª edición

DAIRAS será proxectada no Festival Cortomieres"Festival de cortometraxes de Mieres" na súa 10ª edición, que terá lugar nesta localidade asturiana dende o 21 ata o 28 de xaneiro de 2011. De momento non está confirmada a data exacta.

Dairas, 3º premio no Festival de Cine de Ourense

A Curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do M.G.B. resultou gañadora do 3º premio, na XV edición do festival Internacional de Cine de Ourense, sección Ouff escola. Podedes ler aquí unha crónica do acto.
 
O primeiro premio correspondeu ao IES Europa de Ponferrada, coa súa obra "Xemelgos", e o segundo ao IES de Porto do Son, polo seu traballo "Mar", que podedes ver aquí.
 
Parabéns á gran familia que formamos DAIRAS

Apertas a tod@s

DSC_0301_bis.jpg

Dairas en Curtopía 2010

Dairas foi seleccionada na Mostra do I festival Internacional de curtametraxes de Vigo, Curtopía 2010. Este feito podería supoñer tamén a participación dos membros do noso equipo nunha mesa-coloquio xunto a profesionais da animación. Aínda non hai datas definitivas, pero será no mes de novembro. Podes seguir as últimas novas deste certame a través do seu blog.
Captura+de+pantalla+2010-09-28+a+las+11.06.47.png

Invitación á entrega de premios do XV Festival de cine de Ourense

Os compoñentes do Taller de Creación Artística acudirán o vindeiro 5 de outubro á invitación da entrega de premios do XV Festival de cine internacional de Ourense (sección Ouff Escola) pola súa participación neste certame coa aportación dunha curta de animación en plastilina: "DAIRAS" coordinada polo profesor Miguel Carbajal conxuntamente con outros docentes.

ouff_ourense.png

Estrea de "Dairas"

Onte tivo lugar, nun Teatro Principal abarrotado, a estrea de "Dairas". Podedes ver neste álbum as imaxes do acto (fotografías de Miguel Bugallo).

Na imaxe, o profesor Miguel Carbajal, director da curtametraxe, pronunciando unhas palabras antes da emisión da película.

4728990128_0535212588.jpg

Dairas en Estrada-Televisión

Rolda de prensa celebrada o pasado 16 de xuño no Concello da Estrada.

 

Segundo pase de Dairas o vindeiro 28 de xuño

Anunciamos dende aquí un segundo pase de Dairas no Teatro Principal da Estrada, unha vez esgotadas as entradas do primeiro.

Será o vindeiro luns 28 de xuño, ás 21:00 horas.

Esgotadas as entradas para a estrea de Dairas o 23 de xuño

No transcurso da mañá de onte as entradas para a estrea de Dairas o vindeiro mércores 23 de xuño no Teatro Principal da Estrada, "voáronnos" literalmente das mans. Haberá pois un cheo absoluto para presenciar a primeira curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do MGB. Estamos intentando conseguir un segundo pase para toda aquela xente que quedou sen entrada.

 

 

Estrea de Dairas o 23 de xuño no Teatro Principal

Hoxe presentamos aquí un avance da curtametraxe de animación creada polo Taller de Creación artística do MGB, dirixido polo profesor Miguel Carbajal. A súa estrea terá lugar o vindeiro mércores 23 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal da Estrada. Se queres saber máis sobre o proxecto visita o blog de "Dairas".
 

Gravación da B.S.O. de Dairas nos estudios Phonos da Estrada

Onte, unha parte do numeroso equipo que fai posible "Dairas", estivo gravando, baixo a dirección da profesora María Varela, nos estudios Phonos da Estrada, o que será parte da banda sonora orixinal de Dairas, o tema "Hope There´s someone", de Anthony & The Johnsons. Isto é unha mostra do que vivimos alí:

B.S.O. de Dairas

Dentro da banda sonora orixinal de "Dairas", a curtametraxe de animación do MGB, haberá sitio para a música clásica. Deixamos aquí unha mostra dos ensaios de gravación que tiveron lugar a semana pasada no Auditorio de Cruces, por parte do tenor Cesáreo Torres e a alumna do MGB Fátima Blanco. Así nolo contaba o director da curta, o profesor Miguel Carbajal:

"Hai momentos nas nosas vidas que quedarán para sempre na pequena materia gris....este sen dúbida é un deles. Foi tan fermoso poder ensaiar o lied de Shubert, con Fátima e Cesáreo, que só por iso xa pagou o esforzo. O son do vídeo, é o propio da cámara. Imaxinade o resultado final con unha toma profesional...espero que o vexamos pronto... "

 

E aquí tedes o resultado da gravación. Escoitade:
  

Ensaio das "Voces do MGB" para Dairas.

Un grupo de alumnos e alumnas do MGB ensaia, baixo a batuta de María Varela, profesora de música no Centro, o tema de Anthony & The Johnsons "Hope There´s someone", co obxectivo de incluílo na BSO orixinal de Dairas. Aquí tedes unha mostra dos ensaios.

Dairas na "escola" do Faro de Vigo

Hoxe saiu publicado no suplemento do Faro de Vigo "A escola do faro" unha reportaxe sobre "Dairas". Aquí tes o arquivo en *.pdf

captura_farodevigo_9_3_2010.png
Distribuir contido